Oca, Coristanco
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Oca.
| Oca | |
|---|---|
Ponte Lubiáns. | |
| Concello | Coristanco[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 43°12′00″N 8°43′43″O / 43.20006, -8.72851 |
| Área | 5,56 km² |
| Poboación | 482 hab. (2018) |
| Densidade | 86,69 hab./km² |
| Entidades de poboación | 10[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Martiño de Oca é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 482 habitantes (243 mulleres e 239 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 627 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Separada de Carballo polos ríos Grande e Rosende e de Sísamo polo Anllóns, a hidrografía cobra unha especial importancia nesta zona.
A parroquia está ben comunicada co resto das parroquias e cos centros comerciais e administrativos.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Ponte Lubiáns, sobre o río Rosende, construída durante a Romanización de Galicia e reformada na idade media. Nela hai un altar dedicado ao deus Cosus, protector das colleitas do agro.
- Castro de Oca.
- Igrexa parroquial de San Martiño de Oca. Venérase o Santísimo Sacramento, San Brais, a Virxe da Candelaria, a Virxe do Corpiño, Santa Lucía e o propio San Martiño.
Festas
[editar | editar a fonte]Na parroquia de Oca celébranse ao longo do ano numerosas festas, entre as que destacan:
- Virxe da Candelaria (2 de febreiro)
- San Brais (3 de febreiro)
- Santo Antonio (13 de xuño)
- Virxe do Corpiño (1ª fin de semana de xullo)
- Santísimo Sacramento (2ª fin de semana de setembro)
- San Martiño, patrón de Oca (11 de novembro)
- Santa Lucía (13 de decembro)
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Oca
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Oca no concello de Coristanco (A Coruña) | |
|---|---|
|
O Canal | O Capelán | Carantos | Codesido | A Miñata | Montecelo | Oca | Podrizo | O Porto | Portugal |