Saltar ao contido

Santa Baia de Castro, Coristanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santa Baia de Castro
Igrexa de Santa Baia de Castro
ConcelloCoristanco[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°11′00″N 8°48′04″O / 43.18327778, -8.801
Poboación256 hab. (2018)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Baia de Castro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 256 habitantes, sendo 126 homes e 130 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 347 habitantes: 183 mulleres e 164 homes distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 354 habitantes.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Séguense as propostas de Fernando Cabeza Quiles e Xosé Pumar Gándara.[2] Para este último o nome da parroquia procede dunha santa traída de Mérida polos mozárabes, Baia de Mérida. Outros topónimos poderían ser: Castro que claramente fai alusión a un recinto fortificado propio da época prerromana; O Batán pode proceder do latín co significado de bater, golpear e esa parece ser a finalidade destas construcións destinadas a mazar a roupa tecida nos teares artesanais caseiros. A Carambola, co significado de pedra ou rocha, aludiría a un territorio con abundancia das mesmas. O Cercedo parece ser un fitónimo e aludiría á abundacia de cereixas. A Igrexa fai referencia ao punto no que se asenta o templo parroquial. Lumián tería un significado relacionado co lume e Pedralta cun asentamento próximo a unha pedra. Lume da Cova estaríanos a falar dun lume ou fogar situado nunha cova; en tanto que Lume de Suso viría a ter o mesmo significado pero a segunda parte viría a referirse a que está arriba ou no alto en referencia a algunha antiga vivenda alí emprazada que ben puideran ser as do veciño castro do seu nome.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa de Santa Baia de Castro, que foi constituída en 1736 segundo se aprecia na fachada, está considerada como un bo exemplo do estilo barroco. A parroquia de Castro é, con diferenza, a de maior densidade castrexa de todas as do concello, dado que no seu espazo hai nada menos que tres castros: O de Lume de Suso, o da Insua e o da propia aldea de Castro.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Santa Baia de Castro

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Santa Baia de Castro no concello de Coristanco (A Coruña)

O Batán | A Carambola | Castro | O Cercedo | Gatiande | Lume da Cova | Lume de Suso | Lumián | Pedralta | Santa Baia | O Seixal

Parroquias de Coristanco

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Coristanco

A Agualada (San Lourenzo) | Cereo (Santa María) | Coristanco (San Paio) | Couso (San Miguel) | Cuns (San Vicenzo) | Erbecedo (San Salvador) | Ferreira (Santa María) | Oca (San Martiño) | San Xusto (San Xián) | Santa Baia de Castro (Santa Baia) | Seavia (San Mamede) | Traba (Santa María) | Valenza (San Pedro) | Verdes (Santo Adrán) | Xaviña (San Tomé)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.