A Veiga de Espiñareda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaA Veiga de Espiñareda
Imaxe

Localización
Mapa
 42°43′33″N 6°39′18″O / 42.725833333333, -6.655Coordenadas: 42°43′33″N 6°39′18″O / 42.725833333333, -6.655
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León Editar o valor em Wikidata
CapitalVega de Espinareda Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.016 (2023) Editar o valor em Wikidata (15,27 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie132,01 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude604 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde da Veiga Editar o valor em WikidataSantiago Rodríguez García (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24430 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE24196 Editar o valor em Wikidata

Sitio webvegadeespinareda.org Editar o valor em Wikidata
Twitter: vegadespinareda Editar o valor em Wikidata

A Veiga de Espiñareda (en castelán e oficialmente: Vega de Espinareda) é un concello da comarca do Bierzo (provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León que cobre unha superficie de 132,01 km², na que vivían 2 419 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 18,32 h/km². Este concello é bilingüe, as aldeas que fican á dereita (oeste) do río Cúa son galegofalantes, mentres as demais falan unha fala de transición entre o leonés e o galego, pero con maior influencia leonesa[1].

Historia[editar | editar a fonte]

O actual concello é o herdeiro do señorío da abadía de Santo André de Espiñareda; este mosteiro, moi reformado, aínda se conserva. Os habitantes do lugar da Veiga da Espiñareda van xurdindo segundo evoluciona a vida monástica, fornecendo vasalos e criados para a súa manutención. O 3 de setembro de 1336, o Abade Fernando dá carta de poboación a 25 veciños, e aos que veñan morar á vila da Veiga, concedéndolles as súas propiedades dende Finolledo ata Sésamo, os montes de Oceiru e outros termos, a cambio de obrigas, pagamentos e impostos. O Abade comprométese a avogar ante o rei de todos os privilexios concedidos[2].

A vila de Veiga de Espiñareda está situada no norte da bisbarra do Bierzo (León - España), a 25 quilómetros de Ponferrada, capital e centro administrativo, xudicial e económico da bisbarra antes citada.

Trala agregación dos concellos de Burbia (no século XIX) e máis recentemente (en 1974), do Val de Finolledo, A Veiga de Espiñareda converteuse no concello máis extenso da zona, pois o seu termo se estende por 132,6 km² con 2 538 habitantes.

A capital e cabeceira do concello é A Veiga de Espiñareda que ten 1 577 habitantes. E tras ela: Sésamo, con 328; Val de Finolledo con 217; San Pedro de Oleiros, con 128; El Espín, con 89; Burbia, con 68; San Martín de Moreda, con 53; Moreda, con 43; Espinareda de Veiga, con 19; Vilar de Outeiro, con 7; Penoselo, con 5; A Bustarga, con 4; e As Salgueiras, (despoboado). Todos eles conforman este amplo concello e a gran maioría destes lugares son ideais para o descanso, a práctica de deportes e a contemplación da beleza das súas paraxes.

Parroquias[editar | editar a fonte]

  • Burbia
  • A Bustarga
  • El Espín
  • Espinareda de Veiga
  • Moreda
  • Penoselo
  • As Salgueiras
  • San Pedro de Oleiros
  • San Martín de Moreda
  • Sésamo
  • Val de Finolledo
  • A Veiga de Espiñareda
  • Vilar de Outeiro

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de xullo de 2013. 
  2. Fuente: Alvarez Garnelo, Serafín (2002)Genealogía de EspinaredaPonferrada, Serafín Alvarez Garnelo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]