Río Ser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Río Ser
Reserva de la Biosfera de Os Ancares Valle del rio Ser.JPG
Val do río Ser nos Ancares.
PaísGaliza Galiza
Lonxitude19 km
DesembocaduraRío Navia

O Ser, é un pequeno río galego na provincia de Lugo, afluente do río Navia pola súa marxe dereita.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Ser nace da confluencia de varios regos e ríos de montaña, formados varios deles a máis de 1.400 msnm, nas vertentes occidentais da serra dos Ancares, que veñen unirse non lonxe de Donís, no concello de Cervantes. Atravesa a parte setentrional dese concello, para entrar logo no municipio de Navia de Suarna, e desaugar nunha paraxe onde veñen confluír os lindes dos concellos de Cervantes, Navia de Suarne e Becerreá, logo de percorrer case 19 km.

A súa conca abrangue unha área de 114 km².

Rutas de sendeirismo[editar | editar a fonte]

No percorrido do río hai diversas rutas de sendeirismo, tanto lonxitudinares ao longo do río como circulares. [1][2][3]

Réxime hídrico[editar | editar a fonte]

O Ser é un río de réxime pluvio-nival.[4]

Afluentes[editar | editar a fonte]

A maioría dos seus afluentes son pequenos regos de montaña, destacando entre os de maior desenvolvemento o río de Vilaver, pola súa marxe esquerda.

Protección[editar | editar a fonte]

O curso do Ser atópase incluído dentro da zona especial de conservación de Cruzul - Agüeira.

Étimo[editar | editar a fonte]

O nome do Ser está unido á raíz indoeuropea *sreu- "fluír".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. enlace, Obtener; Facebook; Twitter; Pinterest; electrónico, Correo; aplicaciones, Otras. "Que ver en... NAVIA DE SUARNA" (en castelán). Consultado o 2022-03-26. 
  2. "GR Ser, Río Ser - Vilaquinte (carreiros.es)". Wikiloc; Rutas del Mundo (en castelán). Consultado o 2022-03-26. 
  3. "Ruta Rio Ser - Circular". Wikiloc; Rutas del Mundo (en castelán). Consultado o 2022-03-26. 
  4. "Ríos de régimen fluvial nival". globedia.com (en castelán). Consultado o 2022-03-26. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]