Castelo de Doiras
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2020.) |
Castelo de Doiras | |
---|---|
Concello | Cervantes |
Provincia | Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Coordenadas | 42°46′58″N 6°59′06″O / 42.78277778, -6.985Coordenadas: 42°46′58″N 6°59′06″O / 42.78277778, -6.985 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | ? (s. XV) |
Estilo actual | ? (s.XV) |
Estado actual | Bo estado de conservación das estruturas visibles, pero moi mal restauradas e en estado de lamentable abandono |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O castelo de Doiras, tamén coñecido como Castelo da Ferrería, é unha fortificación medieval. Sitúase no alto dun risco á beira do río Cancelada, no lugar de Doiras, na parroquia de Vilarello, do concello lugués de Cervantes, preto da Ferrería de Fonquente.
Historia[editar | editar a fonte]
O castelo construíuse no século XV co obxectivo de defender a entrada en Galiza do Camiño de Santiago e foi fundado por Paio Guindós. Foi propiedade do conde Grajal de Campos, señor de Cervantes, título que posuíu até 1909 o Duque de Sexto.
Descrición[editar | editar a fonte]
Está situado a 700 metros de altitude dominando o río Cervantes, na desembocadura do Doiras, e é posiblemente o monumento máis coñecido e característico da serra dos Ancares. Estrutúrase nun polígono rectangular de 25 por 21 metros de ancho elaborado con muros de metro e medio de espesor e oito metros de altura. O altor é desigual, debido ós desniveis do terreo. A torre da homenaxe acada os 14 metros de altura, e ten planta rectangular (10 metros por 8) con muros de 2 metros de espesor. Segundo Ángel del Castillo semella obra da segunda metade do século XV. Está construído en cachotaría de lousa. Buracos e xanelas distribuídas polas paredes. Interior con salóns e apousentos con pinturas ao fresco moi deterioradas. Todo forma conxunto coa igrexa, denantes capela familiar, e o grupo de casas do núcleo urbano.
A porta da entrada é de madeira e ten uns catro metros de altura, dende a cal se accede ao patio de armas. Unha porta cun arco de medio punto permite o acceso ao patio de honra. A torre da homenaxe levántase cunha altura de 16 metros.
Estado de conservación[editar | editar a fonte]
A pesar de que a primeira vista poida parecer nun óptimo estado de conservación, polo impresionante das estruturas visibles, foi sometido en tempos recentes a diversas restauracións de dubidoso criterio científico e o seu interior atópase nun estado lamentable, ata o punto de que aparece lixo acumulado nalgunhas zonas.[1]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Varela, Suso (27/1/2017). "Los historiadores alertan de los daños y el abandono del castillo de Doiras". La Voz de Galicia (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo de Doiras ![]() |