Saltar ao contido

Sorbeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sorbeira
 Nome taxon
    Sorbus domestica
Carl von Linné 1753 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    S. domestica (mul) Editar o valor en Wikidata
Esquematismo
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
Características
 Tipo de follaxe
 Fonte de
 Sinonimia
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeRosales
 FamiliaRosaceae
 XéneroSorbus
 EspecieSorbus domestica Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Sorbus domestica Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Localización
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/04hv4m Editar o valor en Wikidata
UNII38010FNG4Y Editar o valor en Wikidata
ITIS505296 Editar o valor en Wikidata
OTT761194 Editar o valor en Wikidata
UICN79921100 Editar o valor en Wikidata
CoL4YBC2 Editar o valor en Wikidata
EOL636879 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0001019042 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A sorbeira[1] (Sorbus domestica), é unha árbore froiteira da familia das rosáceas, nativa do oeste de Europa, noroeste de África (Montes Atlas) e o suroeste de Asia (no leste até o Cáucaso). Posúe follas compostas caedizas e un froito comestíbel denominado sorba.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo galego sorbeira (en portugués: sorveira), ao igual que nas linguas achegadas: catalán: servera, castelán: serbal, inglés: service ou sorb; derivaría do latín: sŏrba. Pertence, ao igual que o capudre, ao xénero Sorbus.

Medra en altitudes medias e altas. O solo preferibelmente calcario cunha orientación asollada ou en semisombra. Necesita de humidade moderada. A temperatura óptima de crecemento está arredor dos 6 e 10 °C.

Nos solos silíceos, caso de Galicia, necesita da relación con outras especies vexetais para poder asentarse, así na nosa zona asóciase a bosques maduros de cerquiños, pola capacidade creadora e melloradora de solos que ten esta especie[2].

Na Península ibérica atópase, sobre todo no leste: Aragón, Cataluña e levante e leste de Andalucía[2]. En Galicia, atopámolo nas serras orientais, facendo parte dun hábitat que se estende polo oeste de León e Asturias e o norte de Tras os Montes, en Portugal.

Descrición botánica

[editar | editar a fonte]

Arboriña rexa e resistente que pode acadar os 20 metros de altura, aínda que adoita chegar só até os 12. Bastante lonxevo, hai censado individuos de máis de 400 anos. A copa é follosa, cunha ramificación regular e forma alongada, arredondada. O toro é de casca fendida e de cor cinsenta, mentres que as pólas novas son verdosas ou alaranxadas e con lanuxe (tomentosas).

As follas son alternas, caedizas, imparipinnadas, con 11-21 folíolos oblongo-lanceolados, aveludados pola face superior e un chisco amarelentos polo anverso. As flores son de cor branca ou do leite, con cinco pétalos e cinco sépalos, reunidas en corimbo duns 1,5 centímetros de diámetro.

O froito, chamado sorba, é unha drupa carnosa, piriforme arrondeada de 2,5 cm, semellante á pera. Rosea na primavera e os froitos apáñanse a finais do verán. A súa cor ao primeiro é verde pero ao madurecer adquiren unha cor acastañada; esta maduración prodúcese ao comezo do outono. Na natureza, a dispersión natural dos froitos e das súas sementes é levada a cabo fundamentalmente polos mamíferos, especialmente teixugos, garduñas, raposos e xabarís, que os comen maduros do chan, e máis raramente pola inxestión das aves.

Sorbas verdes

Os froitos apañados cómpre sobremaduralos en palla para seren comestíbeis. Empréganse para facer marmeladas e algunhas bebidas alcohólicas fermentadas. Nalgunhas partes de Centroeuropa déixanas secar, a xeito de uvas pasas. Tamén se elabora con eles unha fariña que se mestura coa dos cereais para darlle sabor.

A madeira, densa e dura, é de gran calidade, das máis prezadas de Europa, aínda que, debido á forma e tamaño do seu tronco, só se poden obter pezas de tamaño medio e pequeno. A súa cor natural é o branco, que se volve avermellado cun proceso de vaporización[2]. É resistente, en comparación con outras froiteiras, a pestes e doenzas.

Os seus principais usos son: tornería, talla e escultura, instrumentos musicais (violíns, guitarras, teclados), instrumentos de medida, útiles de debuxo, ebanistería, mangos de paraugas, artigos de regalo e de fantasía, cuncas. Tamén se emprega para imitar a madeira de ébano[3].

A sorbeira na cultura

[editar | editar a fonte]

José Antonio Labordeta, poeta, cantante, e político aragonés, compuxo unha canción chamada No cojas las acerollas, o nome en aragonés da sorba[4]. A canción, publicada no seu LP de 1975 Tiempo de espera, é unha invitación á utopía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]