Pedro Martín Cermeño
Pedro Martín Cermeño | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 26 de marzo de 1722 |
Lugar de nacemento | Melilla |
Falecemento | 15 de decembro de 1790 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | arquitecto e militar |
Pai | Juan Martín Cermeño |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pedro Martín Cermeño y García de Paredes, nado en Melilla o 2 de marzo de 1722 e finado na Coruña o 15 de decembro de 1790,[1] foi un arquitecto e enxeñeiro militar español, Gobernador Militar de Orán e Capitán Xeneral de Galicia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo do tamén enxeñeiro militar Juan Martín Cermeño e da melillesa Antonia de Paredes, casou con María del Carmen Cisneros de Castro e Ulloa, filla do I Conde de Ximonde, Juan Antonio Cisneros de Castro e irmá do II Conde, Pedro Cisneros de Castro e Ulloa.
Realizou os seus estudos na Real Academia Militar de Matemáticas e Fortificación de Barcelona, onde estaba destinado seu pai, chegando na súa carreira militar ó grao de Tenente Xeneral. Foi nomeado Cabaleiro da Orde de Alcántara en 1755.

No ano 1768 foi nomeado individuo de honra e mérito en arquitectura pola Real Academia de Belas Artes de San Fernando e en 1770 consiliario da devandita Institución. En 1774 foi nomeado Gobernador de Orán e ocupou o cargo ata 1778, cargo que tamén ocupara anos atrás seu pai. Entre 1782[2] e 1783[3] como Teniente General e nomeado Comandante Xeneral de Galicia estando vacante o posto de Capitán Xeneral.
Entre 1784[4] e 1791[5] foi Capitán Xeneral do Reino de Galicia e Presidente da súa Real Audiencia. Finou na Coruña en 1790 a consecuencia da caída dun cabalo.[6]
Obra arquitectónica en Cataluña[editar | editar a fonte]
Trala conversión da catedral medieval de Lleida en cuartel en 1707, a Seu trasladouse a distintas igrexas ata que se decidiu a construción dunha Catedral Nova, baixo a advocación da Asunción da Nai de Deus (Mare de Déu), que Cermeño proxectou. A primeira pedra colocouse o 15 de abril de 1761 en presenza do bispo Manuel Macías Pedrejón. As obras foron levadas a termo por Francisco Sabatini.
Tamén construíu a Igrexa de San Miguel do Porto, na Barceloneta, barrio que proxectara seu pai.[7]
Traballou xunto ó seu pai nas obras do Castelo de Sant Ferran de Figueres, seguindo el só cando morreu aquel.[8]
Obra arquitectónica en Galicia[editar | editar a fonte]

Durante a súa estadía en Galicia interveu en diversas obras, entre as que se contan o proxecto de ordenación da Praza de Santa Susana en Santiago de Compostela, que non se chegou a realizar e o proxecto da fachada atlántica de Marineda, na Coruña, que se chamaron as Casas de Paredes, que non chegou a rematarse pero cuxa realización parcial deixou unha pegada relevante na cidade. A súa ambiciosa idea era crear unha fronte uniforme na Mariña, dende o Cantón Grande ata a Porta Real, deixando como lugar central a Casa da Aduana. A fonte de inspiración de Cermeño deberon ser os quais que no século XVIII engalanaron as fachadas marítimas e fluviais das cidades francesas como Bordeos ou Nantes.
Do seu matrimonio con María do Carme Cisneros tivo un fillo, Xacobe Cermeño Cisneros, que faleceu sen descendencia, deixando como herdeira a súa prima Xacoba Cisneros de Castro e Puga, III condesa de Ximonde.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ «Un error histórico falseó la muerte de Martín Cermeño» La Voz de Galicia 13/11/2009.
- ↑ "Estado militar de España (Ed. en 16º)1782".
- ↑ [Estado militar de España (Ed. en 16º)1782 "Estado militar de España (Ed. en 16º)1783"]
|url=
incorrecto (Axuda). - ↑ "Estado militar de España (Ed. en 16º)1784".
- ↑ "Estado militar de España (Ed. en 16º)1791".
- ↑ ORTEGA ROMERO, M. do Socorro Dolores: Reformas urbanísticas en la Compostela neoclásica: El proyecto de Cermeño para la plaza de Santa Susana (en castelán).
- ↑ "Páxina sobre o castelo de Montjuich". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2012. Consultado o 20 de agosto de 2012.
- ↑ Fuente de Pablo, Pablo de la: «El proyecto de la fortaleza de San Fernando de Figueras. Una aportación al conocimiento de la dirección interina de Juan Martín Cermeño al frente de los ingenieros reales.» Espacio Tiempo y Forma. Serie VII, Historia del Arte [Madrid], 7, 1994, p. 201-211.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Vigo Trasancos, Alfredo (1998) «El capitán general Pedro Martín Cermeño (1779-1790) y el Reino de Galicia. Poder, arquitectura y ciudad» Arquivado 25 de novembro de 2015 en Wayback Machine. pp. 171–202 en Semata vol. 10, USC.