El Regionalista (Santiago de Compostela)
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
El Regionalista foi unha revista editada en Santiago de Compostela en 1893.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Revista regionalista ilustrada de periodicidade semanal,[1] apareceu en xullo de 1893.[2] No número 3, aparecido a principios de agosto, figuran como colaboradores Jesús Fuentes Noya, Lisardo R. Barreiro, S. Cabeza, Eladio Rodríguez González, Jesús Barreiro Costoya, Ramiro Vieira Durán e Manuel García de Castro.[3] Deixou de publicarse en agosto anunciando que volvería en outubro dese ano,[4] pero desapareceu definitivamente.[5]