José Tarrío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Tarrío García»)
José Tarrío
Falecemento24 de marzo de 1894
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e político
editar datos en Wikidata ]

José Tarrío García, finado en Santiago de Compostela o 24 de marzo de 1894[1], foi un xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procedente do tradicionalismo, en novembro de 1890 integrouse no Comité Central Regionalista presidido por Manuel Murguía e ao ano seguinte formou parte da Asociación Regionalista Gallega. Foi elixido concelleiro en Santiago de Compostela nas eleccións municipais de 1891. Fundou e dirixiu a revista La Pequeña Patria con Enrique Labarta Pose e colaborou en La Patria Gallega.

Casou con Dolores Martínez Martínez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Eco de Galicia, 28-3-1894, p. 2.