Saltar ao contido

Tursiops

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tursiops
Arroaces

Tursiops truncatus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Infraorde: Delphinida
Superfamilia: Delphinoidea
Familia: Delphinidae
Subfamilia: Delphininae
Xénero: Tursiops
Gervais, 1855 [1]
Especies
Véxase o texto
Tursiops aduncus
Tursiops australis

Tursiops é un xénero de cetáceos odontocetos da familia dos delfínidos que reúne tres especies coñecidas como arroaces, que se encontran amplamente difundidas en todos os mares do mundo.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome latino Tursiops deriva do grego antigo θύρσος týrsos, "tirso", o báculo enramado que levaba o deus Baco e as bacantes que participaban no seu culto, e o elemento do latín científico -ops, que deriva do grego ώψ óps, "vista", "aparencia", e que quizais fose o nome dunha especie de golfiño,[2] ou talvez do feito que os arroaces se denominen en inglés bottlenose dolphins, é dicir, "golfiños con fociño de botella".

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Durante moito tempo os científicos pensaron que o xénero Tursiops era monoespecífico, coa única especie Tursiops truncatus, aínda que moitos pensaban en que podería haber máis dunha.

Desde que en 1998 Rice recoñeceu como válida a especie Tursiops aduncus (que fora descrita por Ehrenberg en 1833) houbo un crecente consenso de que o xénero estaba formado por estas dúas especies.[1]

Pero recentes estudos de xenética molecular permitiron un mellor coñecemento deste problema, anteriormente insuperábel, e unha terceira especie, Tursiops australis foi descrita en 2011.[3]

Polo tanto, na actualidade están recoñecidas tres especies dentro do xénero:

Características

[editar | editar a fonte]

As principais características das especies do xénero Tursiops son as seguintes:[4]

  • Corpo fusiforme, robusto, de 1,9 a 3,9 m de lonxitude nos adultos.
  • Coloración variábel, en xeral gis azulada polo dorso e máis clara no ventre.
  • Cabeza grande, coa fronte máis ou menos arredondada, debido ao melón
  • Fociño rematado nun bico relativamente curto (en ralación co doutros golfiños), de lonxitude e grosor variábeis.
  • Pedúnculo caudal groso.
  1. 1,0 1,1 Tursiops Grevais, 1855 en ITIS.
  2. Merriam-Webster's Unabridged Dictionary.
  3. Kate Charlton-Robb, Lisa-Ann Gershwin, Ross Thompson, Jeremy Austin, Kylie Owen e Stephen McKechnie (2011): "A New Dolphin Species, the Burrunan Dolphin Tursiops australis sp. nov., Endemic to Southern Australian Coastal Waters" Ver en liña PLoS ONE 6 (9): e24047.
  4. Carwardine, M. (1995), pp. 192-193.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]