Conversa:Ares

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Esta páxina non debería estar ocupada polo concello Galego? Lansbricae (Ti dirás) 17:33, 30 setembro 2007 (UTC)

  • Listo, fixen Ares (homónimos) e cambiei tódalas ligazóns. Marquei Ares e Ares, A Coruña para fusionar. --Banjo tell me 19:09, 30 setembro 2007 (UTC)
  • Eu penso que hai demasiados artigos "Ares", todos moi importantes: o deus, a localidade, o programa P2P (creo que o artigo aínda non existe, pero non tardará), etc. Por iso mesmo penso que debería redirixirse este artigo ao de homónimos, e logo desde alí que a xente escolla. --Gallaecio 19:21, 30 setembro 2007 (UTC)
  • É norma na Galipedia que o nome dun concello galego sexa o principal e os outros significados vaian nunha páxina de homónimos de aí que non se discutise cal poñer, senón que detectado que neste caso non se cumpría Banjo fixo o traballo para poñelo como no resto de concellos. Lansbricae (Ti dirás) 19:55, 30 setembro 2007 (UTC)
  • Non o sabía, grazas por avisar. --Gallaecio 20:07, 30 setembro 2007 (UTC)

Sonia Castelo[editar a fonte]

A actriz Sonia Castelo, naceu en Ferrol. Os seus pais pasan longas temporadas en Ares, máis ela naceu en Ferrol.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Pedovi (conversacontribucións)

Info retirada. Ademais, o de personaxes de sona é unha sección que nalgún momento será suprimida, deste e de todos os demais artigos. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:24, 15 de xaneiro de 2011 (UTC)

Confusión habitual patrimonio/turismo[editar a fonte]

Cómpre non caer no erro habitual de incluír o patrimonio (natural, cultural etc) dentro dun apartado "turismo". O patrimonio (xeográfico, arquitectónico...) ten entidade, valor e interese enciclopédico de seu, con independencia do fenómeno turístico, e non debe ir supeditado nun apartado "Turismo". --. HombreDHojalata.conversa 24 de marzo de 2017 ás 08:17 (UTC)[responder]