Praia de Chanteiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia de Chanteiro
Panorámica da praia de Chanteiro, agosto 2008.
Coordenadas: 43°26′45″N 8°18′10″O / 43.445833, -8.302778
Características xerais
LocalizaciónAres
Lonxitude350 m
Largo medio40 m
Características específicas
Zona de fondeoAdmítese

A praia de Chanteiro é un pequeno areal en forma de cuncha, de area dourada e fina, situada na enseada de Ares, entre Punta do Segaño e Punta Coitelada, nunha contorna semiurbana. Ten unha distancia de 350 metros por 40 de ancho.

Con ondada moderada, ideal para a vela e os deportes náuticos, como o mergullo. Propicia a navegación, con zona de fondeo de embarcacións. Boa para nadar e gozar da auga (máis ben fresquiña) e do Sol, nun contorno moi tranquilo, rodeada de piñeirais e toxeiras.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha praia de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.