Fafián, Rodeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fafián
Igrexa de Santiago de Fafián, Rodeiro.jpg
Igrexa de Santiago de Fafián, Rodeiro.jpg
Concello Rodeiro
Área - km²
Poboación 98 hab. (2004)
Entidades de poboación 6

Santiago de Fafián é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 98 habitantes (52 homes e 46 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 132 habitantes.

Índice

Patrimonio [editar]

Entre os monumentos da parroquia salienta o Pazo de Trasulfe, edificado no século XVII polo conde de Montaos. A igrexa parroquial coñécese como Igrexa de Santiago e é de orixe románica pero no século XIX derrubouse a cabeceira para construír a casa reitoral, e tan só conserva uns poucos elementos románicos.

O sitio arqueolóxico coñecido como “Porta de Arcos” que foi excavado en 1972 polo Museo de Pontevedra, descubrindo restos dunha vila romana.

Lugares e parroquias [editar]

Lugares de Fafián [editar]

Lugares da parroquia de Fafián no concello de Rodeiro (Pontevedra)

Aciveiro | Covelos | Fafián | Outeiro | Trasulfe | Vilachá

Parroquias de Rodeiro [editar]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Rodeiro

Álceme (Santa María) | Arnego (Santiago) | Camba (San Xoán) | Carboentes (Santo Estevo) | Fafián (Santiago) | Guillar (Santa María) | Negrelos (San Cibrao) | Pedroso (San Xiao) | A Portela (San Cristovo) | Río (Santa María) | Riobó (San Miguel) | Rodeiro (San Vicente) | O Salto (Santo Estevo) | San Cristovo do Az (San Cristovo) | San Martiño de Asperelo (San Martiño) | San Paio de Senra (San Paio) | San Salvador de Camba (San Salvador) | Santa Baia de Camba (Santa Baia) | Santa Mariña de Pescoso (Santa Mariña) | Vilela (Santa María)

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]