Afonso Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O infante Afonso Sánchez, nado en 1289 e finado en 1329, era fillo natural de Don Denís.

Traxectoria [editar]

Grazas a que raíña Isabel chamou a todos os fillos do rei para a corte, tivo unha educación de calidade e o aprecio do rei, que o nomeou mordomo da coroa, unha especie de primeiro ministro, provocando os celos do herdeiro da coroa, Afonso. Isto levou á guerra civil (1319-1324) e á tentativa de Afonso Sanchez de invadir Portugal dende Castela, onde estaba exiliado e tiña o título de señor de Albuquerque, construíndo un castelo no que Inés de Castro viviu varios anos. Distinguiuse como trobador e consérvanse 15 cantigas súas, a maioría de amor, nun estilo moi culto.

Ligazóns externas [editar]

Galifontes
A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de: