Scipione Rebiba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Scipione Rebiba
Card REBIBA.jpg
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento 3 de febreiro de 1504 en San Marco d'Alunzio, Reino de Nápoles
Pasamento 23 de xullo de 1577 en Roma, Estados Pontificios
Ordes
Consagración episcopal 14 de maio de 1541
Creado cardeal 20 de decembro de 1555, por Paulo IV
Cardeal-Bispo de Sabina
1574 - 1577
Predecesor Giovanni Ricci
Sucesor Giacomo Savelli
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Scipione Rebiba, nado o 3 de febreiro de 1504 en San Marco d'Alunzio, Reino de Nápoles, e finado en Roma o 23 de xullo de 1577, foi un cardeal da Igrexa Católica.

E de particular significación porque a maioría dos bispos católicos vivos,[1] máis dun 90%,[2] poden trazar a súa liñaxe episcopal até el.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Scipione Rebiba naceu en San Marco d'Alunzio, na diocese de Patti da illa de Sicilia. Foi o segundo dos tres fillos que tivo o matrimonio de Francesco Rebiba e Antonia Filingeri, e estudou dereito e teoloxía en Palermo, onde vivía o seu tío Girolamo Filingeri, conde de S. Marco.[3]

Foi ordenado entre 1524 e 1528, cando Giovanni Carandolet era arcebispo de Palermo e recibiu o encargo de atender a igrexa de Santa Maria dei Miracoli en Palermo.

Trasladouse a Roma entre 1536 e 1537, onde entrou en contacto coa Orde dos Cregos Regulares (teatinos) que fundara Gian Pietro Carafa, arcebispo de Chieti.

O 16 de marzo de 1541 foi nomeado Bispo auxiliar da arquidiocese de Chieti, rexida polo propio Carafa, e Bispo titular de Amyclae. O propio Carafa, xa papa Paulo IV, elevaríano a cardeal no consistorio do 20 de decembro de 1555.[3] Cando Carafa foi transferido á arquidiocese de Nápoles elixiu a Scipione como vigario. Logo de novembro de 1949 volveu a Roma e traballou na Curia.

O 12 de outubro de 1551 foi nomeado Bispo de Motula e en 1553 foi nomeado membro do Santo Oficio (presidido polo seu mentor Gian Pietro Carafa) e delegado da inquisición en Nápoles. O 13 de abril de 1556 foi nomeado arcebispo de Pisa. Pouco antes disto, fora nomeado legado ante o Rei Filipe II de España para felicitarlle polo tratado que puxo fin á guerra italiana de 1551 - 1559. Volveu a Roma logo de que Filipe II declarara a guerra ao papa Paulo IV e comezou a quitarlle terreos aos Estados Pontificios. A guerra non rematou até que o Cardeal Carlo Carafa, sobriño do papa, aceptou todas as condicións de rendición de Fernando Álvarez de Toledo, Duque de Alba.

Por un breve tempo ocupou o cargo de Arcebispo na diocese de Troia, en 1560, mais renunciou en favor do seu sobriño Prospero Rebiba. Até a súa morte ocupou diversos cargos en Roma, e foi Patriarca Titular de Constantinopla (1565-1573), Cardeal-Presbítero de Sant'Anastasia, Sant'Angelo in Pescheria e Santa Maria in Trastevere, e finalmente Cardeal-Bispo de Albano e Sabina. Finou o 23 de xullo de 1577.

O Cardeal Rebiba e a sucesión apostólica[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Sucesión apostólica.

Hoxe a maioría dos bispos católicos vivos poden trazar a súa liñaxe episcopal até Rebiba.[2]. Isto pódese explicar en grande parte porque, a comezos do século XVIII o papa Bieito XIII, descendente de Rebiba, consagrou persoalmente canto menos 139 bispos para varias sedes episcopais europeas e americanas de grande importancia.[4] Estes bispos, pola súa parte, consagraron á maioría dos bispos dos seus respectivos países, provocando que outras liñaxes episcopais se extinguiran. Outros papas procedentes desta liñaxe, como Clemente XIII ou Bieito XIV tamén ordenaron a un grande número de bispos, multiplicando esta liña.

Porén, aínda que se coñece a data da consagración episcopal de Rebiba, o 16 de maio de 1541, descoñécese quen foi quen o consagrou como bispo. Asúmese polo xeral que sería o propio Gian Pietro Carafa, de quen foi bispo auxiliar e quen lle nomeou cardeal, e ao que permaneceu unido durante a súa carreira eclesiástica. Aínda así non hai evidencia disto.


Dignidades da Igrexa Católica
Predecesor:
Ranuccio Farnese
Patriarca Titular de Constantinopla
1565 - 1573
Sucesor:
Prospero Rebiba
Predecesor:
Giovanni Ricci
Cardeal-Bispo de Albano
1573 - 1574
Sucesor:
Fulvio Giulio della Corgna
Predecesor:
Giovanni Ricci
Cardeal-Bispo de Sabina
1574 - 1577
Sucesor:
Giacomo Savelli

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Robert David Redmile (2006) (en inglés). The Apostolic Succession and the Catholic Episcopate in the Christian Episcopal Church of Canada. Xulon Press. p. 265.
  2. 2,0 2,1 Charles N. Bransom (1990) (en inglés). Ordinations of U.S. Catholic bishops, 1790-1989. Conferencia dos Bispos Católicos dos Estados Unidos. p. 7.
  3. 3,0 3,1 Salvador Miranda, Rebiba, Scipione - The Cardinals of the Holy Roman Church, Florida International University, (en inglés).
  4. Pope Benedict XIII, en Catholic Hierarchy, (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • RINAUDO, Basilio (2007) (en italiano). Il cardinale Scipione Rebiba (1504-1577). Vita e azione pastorale di un vescovo riformatore. L'Ascesa. ISBN 9788890303906.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]