Encélado (lúa)
| Descubrimento | |
|---|---|
| Descuberto por | William Herschel |
| Data | 17 de setembro de 1789 |
| Características orbitais | |
| Semieixo maior | 237.948 km |
| Excentricidade | 0,0045 |
| Período orbital | 32 h 53 m |
| Inclinación orbital | 0,019 ° |
| Satélite natural de | Saturno |
| Características físicas | |
| Diámetro principal | 498,8 km |
| Masa | 1,08×1020 kg |
| Densidade media | 1,61 g/cm³ |
| Gravidade superficial | 0,113 m/s² |
| Período de rotación | síncrono coa súa órbita |
| Inclinación axial | 0,0 ° |
| Albedo | 0,99 |
| Atmosfera | Variable, Aprox. 65% vapor de auga |
Encélado é un satélite de Saturno, descuberto en 1789 por William Herschel. A pesar do seu pequeno tamaño, ten unha gran variedade de características superficiais como, por exemplo, superficies vellas e craterizadas, como tamén superficies xoves e moi lisas. Dada a súa posición no anel E, a xove aparencia de parte da súa superficie e o descubrimento recente dunha tenue atmosfera, é moi probable que estea xeoloxicamente activo. Encélado encóntrase nunha resonancia orbital 2:1 con Dione, situación semellante ao caso de Ío e Europa, o cal puidera prover a enerxía necesaria para quentar levemente este satélite, aínda que a causa (ou causas) do quecemento de Encélado é actualmente un tema de investigación.
Encélado debe o seu nome a un titán da mitoloxía grega, derrotado nunha batalla e sepultado baixo o volcán Etna pola deusa Atenea.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa astronomía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
|
||||||||||||||||||||||||||||||||