Criovolcán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Criovulcanismo»)
Ganesa Macula, esta mancha escura na lúa de Saturno, Titán, podería se-lo domo dun criovolcán

Un criovolcán (coloquialmente coñecidos coma un volcán de xeo) é, literalmente, un volcán de xeo. Os criovolcáns fórmanse nas lúas de xeo e moi posiblemente noutros obxectos celestes de baixas temperaturas coma planetas ananos trans-neptunianos ou os obxectos do cinto de Kuiper. Máis que rocha fundida, estes volcáns erupcionan en base a compostos volátiles coma a auga, amoníaco ou o metano.[1] Normalmente o magma constituído por xeos fundidos baseados nos compostos antes mencionados é chamado 'criomagma' [1], o criomagma está xeralmente en estado líquido e forma columnas de materia cando erupciona, pero tamén poden presentarse en estado gasoso (ou mesturas dos tres estados da materia). Despois dunha erupción , o criomagma condensase en forma sólida ó exporse as temperaturas moi baixas.

A enerxía necesaria para fundi-los xeos e produci-lo criovulcanismo, provén usualmente da forza das mareas gravitatorias. Tamén tense suxerido que os materiais xeados translucidos poderían crear por debaixo da superficie un efecto invernadoiro que acumularía a calor necesaria.

Algunhas hipóteses estiman có obxecto do cinto de Kuiper Quaoar amosou criovulcanismo no pasado. A radioactividade tamén podería ser outra das fontes de enerxía do criovulcanismo.

Observacións[editar | editar a fonte]

Os primeiros criovolcáns foron observados na lúa de Neptuno, Tritón, durante a misión do Voyager 2 cando sobrevoou o sistema neptuniano no 1989.[1]

Columnas de materia que destacan sobre o limbo de Encelado, as cales alimentan ós aneis de Saturno.

O 27 de novembro do 2005 a sonda Cassini fotografou uns geysers no polo sur de Encelado.

Evidencias indirectas de actividade criovolcánica foron máis tarde observadas en varias lúas de xeo dentro do noso Sistema Solar, incluíndo Europa, Titán, Ganímedes, e Miranda. A Cassini observou moitas evidencias do que poderían ser criovolcáns en Titán. Así mesmo pensase que o criovulcanismo é unha das fontes primarias do metano atopado na atmosfera de Titán.

No 2007, observacións do Observatorio Gemini amosaron manchas de compostos baseados no amoníaco e cristais de auga na superficie de Caronte, a lúa máis grande de Plutón, o cal suxire a presenza activa de criovolcáns ou criogéyseres.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Darling, David. The Internet Encyclopedia of Science, ed. "Cryovolcanism". 
  2. Gemini Observatory, ed. (2007). "Charon: An ice machine in the ultimate deep freeze". Arquivado dende o orixinal o 07-06-2011. Consultado o 18-07-2007. 
  3. Cook; et al. (2007). "Near-Infrared Spectroscopy of Charon: Possible Evidence for Cryovolcanism on Kuiper Belt Objects". The Astrophysical Journal 663 (2): 1406–1419. doi:10.1086/518222. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]