S/2004 S 6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
S/2004 S 6

Obxecto visto o 21 de xuño do 2005 pola Cassini, pénsase que é S/2004 S 6.
Descubrimento
Descuberta por Cassini Imaging Science Team.
Descuberta no 28 de outubro do 2004
Características orbitais[1]
Época 13 de abril do 2005 ( 2453474,1 XD)
Eixo semi-maior 140.134 ± 2 km
Excentricidade 0,00200 ± 0,00004
Período orbital 0,6180116 ± 0,0000004 d
Inclinación 0,002 ± 0,001° (respecto do ecuador de Saturno)
Satélite de Saturno
Características físicas
Diámetro medio < 5 kms [1]
Período de rotación probablemente é síncrono
Albedo ?
Cor ?
Tipo espectral ?

S/2004 S 6 é a designación provisional dun obxecto de po que foi visto orbitando Saturno, moi pechado ó anel F. Non está moi claro se é unha sinxela compactación transitoria de po, ou se é unha lúa pastor cun núcleo sólido.

Foi visto por primeira vez a través das imaxes da sonda Cassini o 28 de outubro do 2004 e o seu descubrimento foi anunciado o 8 de novembro dese mesmo ano.[2] Semella se-lo obxecto mellor perseguido nesta rexión con 5 posibles 'avistamentos' dende finais do 2005. En comparación , dous obxectos na veciñanza do anel F (S/2004 S 3 e S/2004 S 4) que foron vistos varios meses antes non puideron ser 'recuperados'. Segue sen estar claro se este obxecto ten un núcleo sólido ou é unha simple acumulación de temporal de material que de disipara nunha escala de anos ou meses. E máis, unha secuencia de 'recuperación' dun período orbital completo feita o 15 de novembro do 2004 (só un pouco máis tarde do descubrimento de S/2004 S 6) cunha resolución de 4 kms, non foi capaz de 'recuperar' este obxecto, pero o obxecto volvería a ser observado máis tarde. As condicións lumínicas en parte da órbita de S/2004 S 6 foron diferentes durante estas observacións, xa que foron feitas cando esta rexión estaba baixo unha forte iluminación. Suxírese que o obxecto non foi atopado en novembro debido que este obxecto é moito máis brillante baixo unha luz difusa (as condicións do seu descubrimento), e ó pequeno do seu núcleo (se é que o ten).[1]

S/2004 S 6 foi visto tanto no interior coma no exterior do anel principal F, e a súa orbita debe cruzalo. Coidadosos cálculos amosan que este obxecto periodicamente surca o material do anel, internándose ata 1,5 km na parte máis densa (ex. o 9 de abril do 2005). Suxeriuse que a estrutura en espiral que aparece no material difuso que rodea o anel F, é consecuencia deste fenómeno.[3] O halo de po visto nas imaxes é medible, e anda polo 2000 kms de longo. O obxecto sólido (se o é), non tería máis de 3−5 kms de diámetro (baseado no brillo). No 2008 atopouse outra evidencia, precisase un obxecto coma S/2004 S 6 ou semellante para explica-las dinámicas do anel F.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Spitale, J. N.; e o seu equipo. (2006). "The orbits of Saturn's small satellites derived from combined historic and Cassini imaging observations". The Astronomical Journal 132 (2): 692–710. doi:10.1086/505206. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 22 de maio de 2010. 
  2. IAUC 8432: Satellites and Rings of Saturn Arquivado 29 de maio de 2012 en Archive.is 8 de novembro do 2004 (reclamación da recuperación de S/2004 S 3 o 17 de outubro do 2004, en conflito máis tarde (2006) con Spitale e o seu equipo.)
  3. Charnoz, S.; e o seu equipo. (2005). "Cassini Discovers a Kinematic Spiral Ring Around Saturn". Science 310: 1300. PMID 16311328. doi:10.1126/science.1119387. 
  4. "The determination of the structure of Saturn's F ring by nearby moonlets" Carl D. Murray, Kevin Beurle, Nicholas J. Cooper, Michael W. Evans, Gareth A. Williams & Sébastien Charnoz. Nature, 5 de xuño do 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]