ESA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 48°50′53.52″N 2°18′15.12″E / 48.8482000°N 2.3042000°E / 48.8482000; 2.3042000

Axencia Espacial Europea
ESA logo.png
logo da ESA
Propietario 20 estados
Establecido 1975
Sede París
Cosmódromo Centro Espacial de Kourou
Administrador Jean-Jacques Dordain
Orzamento 2.975€ millóns (2011)
Lingua oficial inglés, francés e alemán.
Web www.esa.int

A ESA, acrónimo en inglés da Axencia Espacial Europea (European Space Agency), formouse en 1975 como unha organización intergobernamental dedicada á exploración do espazo. En 2012 contaba con 20 estados membros. As súas oficinas centrais están en París.

Membros da ESA[editar | editar a fonte]

Os 20 estados membros da ESA son: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Suíza.

Acordos de Cooperación[editar | editar a fonte]

     ESA e UE Estados membros     ESA-solo membros     UE-solo membros
Recreación da Mars Express.

Canadá teñen un status especial, participando nalgúns proxectos en virtude dun convenio de colaboración. Os estados europeos colaboradores son Estonia, Eslovenia, Hungría e Letonia.[1]

Relacións coa Unión Europea[editar | editar a fonte]

Do visto anteriormente, dedúcese que non tódolos membros da UE son membros da ESA, nin tódolos membros da ESA, o son da UE. Con todo, a Axencia Espacial Europea mantén lazos coa Unión Europea, por medio do "Tratado Marco ESA/UE".

En virtude do Tratado Marco, ambas organizacións comparten unha estratexia europea para o espazo, e están a desenvolver unha política espacial conxunta.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: ESA

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]