S/2004 S 4
| Descubrimento | |
|---|---|
| Descuberta por | Cassini Imaging Science Team.[1] |
| Descuberta no | 21 de xuño do 2004 |
| Características orbitais | |
| Eixo semi-maior | ~140.100 km.[2] |
| Excentricidade | descoñecida pero pequena |
| Período orbital | ~0,618 d [2] |
| Inclinación | descoñecida pero pequena |
| Satélite de | Saturno |
| Características físicas | |
| Diámetro medio | 3-5 km |
| Período de rotación | probablemente é síncrono |
| Albedo | ? |
| Cor | ? |
| Tipo espectral | ? |
S/2004 S 4 é a designación provisional dun obxecto aínda sen confirmar que foi visto orbitando Saturno dentro da parte máis interior do anel F o 21 de xuño do 2004. Foi detectado cando J. N. Spitale estaba tratando de confirmar outro obxecto provisional, S/2004 S 3 que fóra detectado 5 horas antes, xusto na parte exterior do anel F.[1] O anuncio foi feito o 9 de setembro do 2004.[3]
A pesar das tentativas por 'recuperalo', non se puido volvelo ver. E máis, unha secuencia de 'recuperación' dun período orbital completo feita o 15 de novembro do 2004 cunha resolución de 4 kms, non foi capaz de 'recuperar' este obxecto. Isto suxire que puido ser unha compactación temporal de material que xa se disipara cando se fixo a secuencia de recuperación.[4]
Un interpretación suxire a posibilidade de que S3 e S4 son ou foron un único obxecto que cruzaría o anel F.[3] Este obxecto tamén podería estar orbitando cunha inclinación lixeiramente diferente respecto do anel F, co cal non atravesaría o anel de material, a pesar de que foi visto tanto no interior coma no exterior deste anel.
Despois de todo, se S/2004 S 4 é un obxecto sólido, podería ter un diámetro (baseándose no seu brillo) de 3−5 kms.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 Martinez, C.; Ormrod, G.; and Finn, H.; Cassini-Huygens Press Releases: Cassini Discovers Ring and One, Possibly Two, Objects at Saturn September 9, 2004
- ↑ 2,0 2,1 PGJ Astronomie webpage (Gilbert Javaux) subliñar co anel F está centrado a ~140.180 km
- ↑ 3,0 3,1 IAUC 8401: S/2004 S 3, S/2004 S 4, and R/2004 S 1 September 9, 2004 (descubrimento)
- ↑ Spitale, J. N.; e o seu equipo. (2006). "The orbits of Saturn's small satellites derived from combined historic and Cassini imaging observations". The Astronomical Journal 132 (2): 692–710. DOI:10.1086/505206. http://www.iop.org/EJ/article/1538-3881/132/2/692/205235.html.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
||||||||||||||||||||||||||||||||