Clemente XIV, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clemente XIV, papa
Nome completoGiovanni Vincenzo Antonio Ganganelli
Nacemento31 de outubro de 1705
Lugar de nacementoSantarcangelo di Romagna
Falecemento22 de setembro de 1774
Lugar de falecementoRoma
SoterradoBasílica dos Doze Santos Apóstolos
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico, relixioso cristián, bispo católico romano e Papa
Períodoentre 1769 e 1774
Coñecido porser o papa n° 249 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Ganganelli-1 Find a Grave: 93608187 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Clemente XIV, papa

Giovanni Vincenzo Antonio (en relixión Lorenzo) Ganganelli (Santarcangelo dei Romagna, preto de Rimini, 31 de outubro 1705 - Roma, 22 de setembro 1774), elixido papa o 19 de maio de 1769 baixo o nome de Clemente XIV (en latín Clemens XIV, en italiano Clemente XIV).

O conclave que se abriu á morte de Clemente XIII en 1769 encontrou a Igrexa nunha situación difícil, atacada do interior polo galicanismo e o xansenismo, e do exterior polo febronianismo e o racionalismo. Portugal falaba dun patriarcado; Francia ocupaba Avignon; Nápoles ocupaba Pontecorvo e Bénévent; España estaba en revolta; Parma era hostil e Venecia agresiva; Polonia consideraba restrinxir os dereitos do nuncio. Pero a cuestión ardente era a dos xesuítas: en Francia e na Península Ibérica a súa orde fora suprimida e desexábase que o novo papa a abolise oficialmente.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.