Bieito IV, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século X
Antipapas

Pope Benedict IV.jpg

Bieito IV, nado en Roma e falecido en xullo de 903, foi o 117ª Papa da Igrexa católica, de 900 a 903.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun nobre romano chamado Mammalus, foi ordenado presbítero polo Papa Formoso e elixido Papa cando o trono do Sacro Imperio Romano Xermánico se atopaba vacante desde que no ano anterior, 899, Lamberto II de Spoleto falecera nun accidente ecuestre.

Aínda que Berenguer I, rei de Italia, reclamou o título imperial para si, o elixido foi Luís III o Cego ao que Bieito IV, no acto máis significativo do seu pontificado, coroou como emperador coa esperanza de conseguir apoio contra a invasión húngara no norte de Italia e a sarracena no sur. Dita esperanza foi va xa que Luís, derrotado por Berenguer, foi cegado e desterrado a Provenza.

Bieito IV, falto de apoios, quedou en mans de persoeiros como Teofilacto I, a súa esposa Teodora e a filla de ambos os dous, Marozia, que dominaron aos Papas durante os seguintes anos.

Durante o seu pontificado excomungou a Balduíno II de Flandres, acusándoo de instigar o asasinato de Fulquerio de Reims, o arcebispo de Reims.

Frodoardo, un historiador contemporáneo de Bieito IV, deulle o título de "Grande", gabando a súa xenerosidade e celo.

Faleceu en xullo de 903 e foi soterrado fronte a San Pedro, cerca da porta de Guido.

Predecesor:
Xoán IX
Emblem of the Papacy SE.svg
Papa
900903
Sucesor:
León V