Provenza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo que se lle atribúe á rexión histórica da Provenza.
Para a rexión francesa actual véxase: Provenza-Alpes-Costa Azul

A Provenza[1][2] (Provença segundo a norma clásica do provenzal, variante da lingua occitana, Prouvènço seguindo a grafía moderna de Frédéric Mistral e Proença na grafía da Idade Media) é unha antiga provincia do sueste de Francia, que se estende desde o leste do Ródano até a cidade de Niza.

Pé do macizo de Sainte Baume, na Provenza

Xeografía[editar | editar a fonte]

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

Os departamentos herdeiros da antiga Provenza foron incluídos na rexión administrativa de Provenza-Alpes-Costa Azul que está composta polos departamentos de Alpes da Alta Provenza (04), Altos Alpes (05), Alpes marítimos (06), Bocas do Ródano (13), Var (83) e Vaucluse (84). Culturalmente e historicamente tamén se pode considerar que os departamentos de Ardèche (07), do Drôme (26) e do Gard (30) son provenzais.

Clima e topografía[editar | editar a fonte]

Provenza é unha rexión de clima privilexiado, beneficiado da influencia do mar Mediterráneo, cos veráns cálidos e secos e os invernos suaves e húmidos. A vexetación é do tipo garriga, a sequidade do verán vólvea particularmente vulnerable aos incendios.

O relevo está caracterizado polos vales, a erosión debida ás tormentas violentas de verán poden provocar a aparición de torrentes bastante escarpados.

Historia[editar | editar a fonte]

Antigüidade[editar | editar a fonte]

O seu nome procede da época romana, de cando era coñecida como Provintia (unha das numerosas provincias romanas). Provenza formou parte da Galia Transalpina (isto é de alén dos Alpes, para os romanos), rebautizada Galia Narbonense (do nome da capital da provincia romana, Narbona) no século I.

  • A Provenza independente

O litoral provenzal foi colonizado polos gregos: arredor do 600 aC, los fenicios instaláronse en Marsella (en grego, Massalia; en latín Massilia). Asentáronse tamén en Niza, Agde e Cannes.

  • A conquista romana no século II.
    • Cronoloxía básica
      • -181: Marsella apela a Roma para se protexer dos piratas ligures.
      • -154: Niza e Antibes colonizadas polos ligures dos Alpes marítimos, expedición de Opimius.
      • -125/-124: Coalición de tribos celto-ligures (os salios) apoiados polos voconces, allobroges e Arvernos: o cónsul Fulvius Flaccus atravesa os Alpes e vénceos. En -123, nova campaña que remata coa destrución do oppidum de Entremont.
      • En -123/-122: Fundación de Aix-en-Provence para controlar os salios.
      • -122: O procónsul Cn. Domitius Ahenobarbus derrota os allobroges.
      • -120: Ahenobarbus en campaña; atribúeselle a fundación e organización da Provincia.
      • -117: Comezo da construción da Via Domitia (na honra de Cn. Domitius Ahenobarbus) en dirección aos Pireneos. Foi construída sobre a antiga Via Heráclea grega. A súa organización é o símbolo da romanización e aporta un desenvolvemento dos trocos comerciais.
      • -109/-105: Incursións dos pobos xermánicos (cimbrios, teutóns, tigures e ambróns): Marius derrota os teutóns en Aix-en-Provence (-102) e os cimbrios en Verceil (-101).

Idade Media[editar | editar a fonte]

Na Idade Media, foi un marquesado e un condado.

No 843, o tratado de Verdún doou a Provenza a Lotario I. O seu fillo, Carlos de Provenza fundou o reino de Provenza-Viennois ou de Borgoña cisxurásica no 855. Bosón V de Provenza, cuñado de Carlos o calvo, fíxose proclamar reino do segundo reino de Provenza no 879. Bosón entrou en loita cos carolinxios. O fillo de Bosón, Luís o cego, emperador, confiou o goberno de Provenza a Hugo de Arlés, quen o doará, á súa vez no 934 a Rodolfo II, rei da Borgoña transxurásica. O novo conxunto será o segundo reino de Borgoña-Provenza tamén coñecido como Reino de Arlés. Subsistirá até 1032.

No 947, o bosónida Bosón de Arlés, conde de Arlés foi investido en Provenza. Á morte dos seus dous fillos, Guilhem, chamado o libertador, e Roubaud repartíronse as divisións do condado, divisións que manterán os seus descendentes. O brazo herdeiro de Guilhem dará lugar aos condes de Provenza e o de Roubaud dará lugar aos condes de Forcalquier, que se dividirá en 1054 (estes últimos son tamén coñecidos como marqueses de Provenza).

En 1037, Emma, marquesa de Provenza, casa con Guillerme III Taillefer, conde de Toulouse, transmitíndolle os dereitos da liña de Roubaud á casa de Toulouse. En 1112, Douce de Provenza, herdeira dos dereitos da liña de Guilhem, casa con Ramón Berenguer III, conde de Barcelona, que se converte en Ramón Berenguer I de Provenza. As casas de Toulouse e de Barcelona entran agora en conflito polo marquesado. Para chegar a un tratado en 1125 entre Ramón Berenguer e Afonso Xordán de Toulouse, que repartía o condado entre un marquesado ao norte do Durance, doado a Toulouse, e o condado ao sur, doado a Barcelona. En 1193 Afonso II de Provenza casa con Gersande de Forcalquier, o que dá lugar ao nacemento do condado de Provenza-Forcalquier.

Durante este período, o condado de Orange, vasalo de Provenza, erixiuse en principado en 1181.

En 1245, morre Ramón Berenguer V de Provenza, cuxos catro fillos estaban casados: Margarida con Luís IX de Francia (San Luís), Sancha con Ricardo de Cornualles, Leonor con Henrique III de Inglaterra e Beatriz con Carlos I de Anjou, conde de Anjou e do Maine, irmán de San Luís. É este último quen recibe en herdanza os dous condados de Provenza e Forcalquier, transmitíndoos á primeira casa capeta de Anjour.

Acumulando os títulos reais (Nápoles-Sicilia, Xerusalén, Chipre, Acre, Salónica, etc.), os condes fanse chamar rei, dos cales o máis coñecido foi René de Anjou, da segunda casa capeta de Anjou.

Pero no entanto, o condado de Provenza-Forcalquier fora desmembrado. Conforme ao tratado de Meaux-París (1229) que implicou a fin da cruzada albixense, á morte de Afonso de Poitiers, en 1271, o marquesado pasa ao rei de Francia Filipe III de Francia que o cede desde 1274 ao papa Gregorio X para que se convertese no condado Vennesino.

En 1388, a cidade de Niza e a súa vigairía -a división administrativa correspondente- a cidade de Puget-Théniers e os vales do Tinée e do Vésubie constitúense nas terras novas de Provenza e póñense baixo a protección da casa de Savoia, é a desdición de Niza a Savoia. Estas terras tomarán o nome de condado de Niza en 1526.

En 1382, á morte da raíña Xoana, acábase a primeira casa capeta de Anjou, polo que esta adopta o irmán do rei Luís I de Anjou, conde e despois duque de Anjou, fundando a segunda casa capeta de Anjou. Esta dinastía acábase con Carlos III de Anjou, 1491, e o rei de Francia Luís XI toma posesión do condado.

Xa na idade contemporánea, o 15 de agosto de 1944: Desembarco en Provenza (Operación Dragoon).

Soberanos de Provenza[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para provenzal.
  2. Ver entrada de «Occitania». Diciopedia do século 21. 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1498. ISBN 9788482893600.