Teofilacto (patricio)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Teofilacto I»)
Infotaula de personaTeofilacto
Nome orixinal(la) Theophylactus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento860 Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
Morte920 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
FamiliaTeofilactos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeTeodora (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosMarozia, Theodora II of Tusculum (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Tusculum-1

Teofilacto I de Tusculum (nado antes de 864 e morto entre 920 e 927) foi un aristócrata romano que foi senador e exerceu varios cargos importantes, entre os cales o de magister militum e o de cónsul de Roma. Tamén foi vestiarius no Patriarchio, residencia pontificia anexa á Basílica de San Xoán de Latrán.

Historia[editar | editar a fonte]

Mencionado por vez primeira nun documento de 901, como xuíz palatino do emperador Lois III, aparece á volta do papa Serxio III (probabelmente un dos seus curmáns) - no curso dos anos 903/904. Como vestiarius (ministro de finanzas) do papa e magister militum (comandante en xefe dos exércitos), é desde aquela o xefe da nobreza urbana de Roma cunha grande influencia sobre a política do papa, sobre todo grazas á súa muller Teodora I de Tusculum e da súa filla Marozia, a quen o testemuño de Liutprando de Cremona atribúe unha relación co papa Serxio III de onde nacería o futuro papa Xoán XI. Desde 905, Teofilacto leva tamén os títulos de duque e de senador dos romandos.

A súa obra[editar | editar a fonte]

Tras a morte do papa Serxio III, empuxa ao papa Xoán X a se aliar cos seus veciños do sur contra os sarracenos que ameazan sen cesar a costa italiana. En agosto de 915, un exército ao seu mando e do seu xenro Alberico I de Spoleto vence os árabes en Garigliano. O mérito de Teofilacto é o de ter estabilizado as relacións en Italia central e tamén, como o subliñan outros testemuños, os seus esforzos e os da súa familia por unha renovación relixiosa. Os Tusculani tiran a súa orixe de Teofilacto.

Xenealoxía[editar | editar a fonte]

Teofilacto
 casou con Teodora a Antiga
 │
 └─Marozia I (?-?).
   1) Alberico I duque de Spoleto.
   2) Serxio III, papa.
   3) Hugo de Arlés.
   4) Guido de Toscana.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]