Reims

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Reims é unha cidade do nordés de Francia, situada a 129 km de París. É a maior cidade da rexión de Champaña-Ardenas, aínda que non é capital do seu departamento, Marne.

Está situada nunha chaira na ribeira dereita do Vesla, afluente do Aisne, e sobre a canle que conduce o Aisne ao Marne. Ao sur e ao oeste elévase a Montaña de Reims, e nesa mesma dirección atópanse os viñedos de Champaña. Os principais lugares de Reims son a Place Drouet d'Erlon, a Place Royale, no centro, onde se atopa unha estatua de Luís XV, e a place du Parvis, onde hai unha estatua de Xoana de Arco. A Rue de Vesle, a arteria máis importante, atravesa a cidade de suroeste a nordés.

A superficie da cidade é de 47,02 km² e a súa poboación en 2008 era de 188.078 habitantes.