Trobo, Begonte
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Trobo | |
|---|---|
| Cruceiro e igrexa de Santa María. | |
| Concello | Begonte |
| Área | - km² |
| Poboación | 171 hab. (2004) |
| Entidades de poboación | 12 |
Santa María de Trobo é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte na comarca da Terra Chá. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 171 habitantes (90 homes e 81 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 182 habitantes.
Índice |
Historia [editar]
Noutrora, o seu nome oíuse mais lonxe de Galicia debido a que a raíña Sabela II creou o Vizcondado de Trobo, por petición de Mariscal Rodil, nado alí.
Patrimonio [editar]
Nela destaca o pazo de Trobo, que pertenceu a José Ramón Rodil y Campillo, a súa filla Rita e mailos demais Vizcondes de Trobo
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Trobo [editar]
| Lugares da parroquia de Trobo no concello de Begonte (Lugo) | |
|---|---|
|
Altide | A Estrada | Martín de Abaixo | Martín de Arriba | Montillón | Novás | O Pedrón | A Torre | As Travesas | Veiga Ancha | A Vila | Vilar |