Vermudo II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monarcas de Galicia
Reis de Galiza2.jpg

Reis suevos

Reis visigodos

Señores territoriais

Reis desde Oviedo

Reis desde León

Reis de Galicia e León

Reino de Galicia

Vermudo II de León e de Galiza, nado cara ao 956 e finado no Bierzo no 999, foi rei da Galiza a partir de 982 e de León desde 985 e até a súa morte. Xúlgase que teña sido fillo bastardo de Ordoño III. Foi cognominado o Gotoso, por sufrir de gota.

Coroación en Galicia[editar | editar a fonte]

Vermudo II no Libro das Estampas.

Ramiro III apoiábase en casas nobiliarias alleas a Galicia, como os Beni Gómez. Incorría nisto no mesmo erro que o seu pai Sancho I que fora envelenado polo dux galaico-portugués Gonzalo Muñoz. A ameaza normanda e musulmá (ocupación de Simancas por Almanzor) incrementaban o descontento.

O 15 de outubro do ano 982, a máis alta nobreza galega proclama rei a un fillo de Ordoño III, Vermudo, e coróano en Santiago de Compostela. Axiña o novo rei faise coa soberanía de todas as terras galegas (que nese momento chegaba ata Coimbra). Ramiro III, entrou entra en territorio galego coas tropas reais sendo derrotadas en Portela de Areas (preto de Monterroso). Vermudo II empezaba o seu reinado en terras galegas. Na primavera do ano 984, invadiu as terras do seu rival e as tropas galegas expulsaron a Ramiro III de León. Este fíxose forte en Astorga e non renunciou á coroa leonesa ata a morte no ano 986.

No ano 985, Vermudo II aparece asinando documentos en Celanova dando testemuño de que xa non ten resistencias e estando ao seu lado como coasinante o líder da nobreza galega Mendo Gundisalviz. Así mesmo, procura o apoio das dioceses, quer pacificamente mediante doazóns (caso de Iria-Santiago e Lugo) ou ben metendo na cadea ao bispo (caso de Gustedeo de Oviedo).

No ano 986 outorga privilexios ás comunidades relixiosas que inzaban as abas do monte Ilicino (máis coñecido como Pico Sacro) eximíndoas de todo tributo. Nese mesmo ano expulsou de Galicia a determinados nobres sublevados que se refuxiaron á sombra de Almanzor.

Insurrección leonesa[editar | editar a fonte]

Toda Galicia recoñecía a Vermudo, pero os Beni Gómez, condes de Saldaña, descoñecían a súa autoridade en terras leonesas. Gómez García e García Gómez eran avós e tío do fillo de Ramiro III, Ordoño Ramírez, e mantiveron en pé os seus dereitos. Nas estadías de Vermudo II en Galicia encontrouse cos señores rebeldes propagando a falsa noticia da súa morte e enseñorándose de León nos anos 989 e 990. O nobre Conancio gobernou a teórica capital do reino en franco desafío ao rei galaico-leonés. Vermudo II volveu dende Galicia e conseguiu expulsar a Conancio, confiscándolle os seus bens.

No ano 991, volveron os nobres leoneses a facerse coa cidade, apoderándose do tesouro real e, coa axuda dos musulmáns, obrigaron a Vermudo a refuxiarse en Galicia, onde mantiña o seu poder intacto.

O novo monarca galaico-leonés conseguira o apoio do bispo de León. Motivo polo cal este viu as súas terras asoladas polos condes leoneses. Almanzor tería entre os rebeldes a Vermudo II uns valiosísimos aliados.

Almanzor[editar | editar a fonte]

Almanzor arrasou León, Zamora, Tui e no ano 997 a cidade de Santiago de Compostela, onde non deixa pedra sobre pedra da catedral xacobea. As portas e as campás da catedral compostelá son levadas a ombreiros de galegos ata Córdoba nun acto de humillación para o reino cristián. A superioridade militar do caudillo musulmán, aconsella a Vermudo II non presentar batalla aberta e deambular por Galicia sostendo un reino a piques de derrubarse. Tras esta terrible vaga, Vermudo II acudiu a Santiago onde auxiliou ao seu bispo San Pedro de Mezonzo a erguer das súas ruínas a basílica do Apóstolo. No ano 999 confiaba o monarca o goberno do mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro ao presbítero Anscario e ao monxe Trasuario.

Pervivencia da súa liñaxe[editar | editar a fonte]

Sosténdose na nobreza galega, busca apoios tamén na castelá. Casa coa filla do conde de Castela, Elvira García, e confía a educación do seu fillo ao conde galego Mendo Gundisalviz. Este será o dono da situación á morte de Vermudo no ano 999, e defenderá con éxito os dereitos do seu protexido Afonso V o devandito fillo de Vermudo II.

A morte lévao no ano 999 estando no Bierzo. Os seus restos consérvanse na catedral de León.

Familia[editar | editar a fonte]

Fillos ilexítimos: Elvira e Pelaio.

Vermudo II
Ramírez
Nacemento: 956 Falecemento: 999


Títulos Reais
Precedido por
Ramiro III


Rei de Galicia
982–984

(reinando só as terras galaico-portuguesas
en guerra civil contra Ramiro III)

Sucedido  por
Afonso V o Nobre
Precedido por
Ramiro III


Rei de Galicia
984–999

(reinando en toda a Galicia altomedieval
tras derrotar a Ramiro III)

Sucedido  por
Afonso V o Nobre