Compañía de Xesús
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Compañía de Xesús (en latín Societatis Jesu, S.J.) é unha orde relixiosa católica fundada por Ignacio de Loyola, que despois foi canonizado como San Ignacio de Loyola.
[editar] Traxectoria
Fundada en 1534 e aprobada pola igrexa en 1540 por medio da bula Regimini Militantis Ecclesiae do papa Paulo III, é unha orde apostólica que concreta a súa misión polo servizo da fe e a promoción da xustiza.
Os membros desta orde coñécense popularmente como os xesuítas. Con 20.000 membros, é a orde máis grande da Igrexa Católica Romana da actualidade. A súa estrita formación de máis de dez anos (estudan filosofía e teoloxía, ademais de realizar "prácticas" de diversa natureza e estudar diferentes linguas) fixo que se converteran durante máis de catro séculos nos líderes intelectuais do catolicismo. Os xesuítas realizan os tres votos habituais da vida relixiosa (obediencia, pobreza e castidade), pero ademais, suman outro voto de obediencia ao Papa. A Compañía de Xesús foi unha organización relixiosa que sempre viviu entre a loanza e a crítica, mais sempre na polémica.