Victoriano Marcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVictoriano Marcos
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1903 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xuño de 1958 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
México Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Accidente de tráfico Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , militar , administrador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Victoriano Marcos Alonso, nado en Ourense o 20 de outubro de 1903 e finado en México o 1 de xuño de 1958, foi un político e militar galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Marcos. Empregado de Banca na sucursal do Banco de España de Ourense, onde colaborou en La Zarpa.[1] Membro do Sindicato de Banca da UGT dende 1931. Despois trasladouse ao Banco de España en Santiago de Compostela, onde foi presidente do Centro Republicano Federal de Izquierda Gallega e redactor do seu órgano Galicia Federal. A finais de 1932 foi trasladado a Madrid.[2]. Estivo exiliado na Unión Soviética pola súa participación na folga xeral revolucionaria de 1934. Regresou a Madrid en 1936 e ingresou no PSOE.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ás Milicias, tomou o mando do batallón Largo Caballero, constituído o 2 de agosto, e participou na guerra co grao de maior. Durante a guerra pertenceu ao PCE. Ao rematar foi detido e condenado en Consello de Guerra celebrado en Alcalá de Henares en setembro de 1939, a 30 anos de prisión. Pasou polas cadeas de Alcalá de Henares (1939), Fuerte San Cristóbal de Pamplona (1940), Figueirido-Pontevedra (agosto de 1940 a xuño de 1943), Ourense (xuño a setembro de 1943) e Burgos, ata que en marzo de 1944 saíu en liberdade vixiada. Foi detido novamente en febreiro de 1945, pasando polas cadeas de Ourense e A Coruña. Saíu en liberdade provisional en xullo de 1946 marchando a Madrid, onde contactou coa organización socialista clandestina. En novembro de 1947 exiliouse en México. Pertenceu á Agrupación Socialista Española do PSOE. Morreu en 1958 en accidente de coche cando viaxaba a Puebla.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Zarpa, 21-11-1925, p. 6.
  2. El Pueblo Gallego, 26-10-1932, p. 8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]