Félix de Azara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Félix de Azara, retrato por Francisco de Goya

Félix Manuel de Azara y Perea, nado o 18 de maio de 1742 e finado o 20 de outubro de 1821[1], foi un militar, naturalista e enxeñeiro español.

Índice

[editar] Biografía

Azara naceu en Barbuñales, daquela no Reino de Aragón. Ingresou na carreira militar no corpo de artilleiros, primeiro, e logo no de enxeñeiros. Distinguiuse en varias expedición, e alcanzou o grao de xeneral de brigada.

Foi enviado a América do Sur en 1781, nunha expedición encargada de solventar o conflito dos límites entre as colonias de España e Portugal. Permaneceu alí até 1801. Antes de deixar Sudamérica, enviou a seu irmán, José Nicolás de Azara (entón embaixador de España en París), anotacións e observacións sobre zooloxía, que Moreau de Saint-Méry publicou en París no ano 1801, baixo o título de "Ensaio sobre a historia natural dos cuadrúpedos do Paraguai"; en 1802 apareceron en Madrid co título en castelán de "Apuntamientos para la Historia natural de los cuadrúpedos del Paraguay y Río de la Plata". Á volta de América redactou "Viaxe na América meridional desde 1781 até 1801", publicado en 1809.

En 1805, retirouse para a súa localidade natal, Barbuñales, dende onde escribiu numerosos informes, e onde faleceu en 1821.

[editar] Homenaxes

Certo número de animais levan na súa honra o seu apelido: Aotus azarae (mico nocturno de Azara), Dasyprocta azarae (agutía de Azara),Akodon azarae (rato das herbas de Azara) ou o Synallaxis azarae. O Dorsum Azara da Lúa débelle tamén o seu nome.

Charles Darwin tiña en grande estima a obra de Azara (a pesar de que el non fose un naturalista profesional) e en varias das súas obras cítao como autoridade.

[editar] Notas

  1. Dictionary of Scientific Biography, vol. 1. New York, Charles Scribner's Sons, 1970, páxs. 351-352, iSBN 0684101149}}

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas