Christiane Nüsslein-Volhard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Christiane Nüsslein-Volhard
Christiane Nüsslein-Volhard mg 4372.jpg
Datos persoais
Nacemento 20 de outubro de 1942
Lugar Magdeburg, Alemaña
Falecemento {{{morte}}}
Lugar {{{lugar_morte}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Etnia {{{etnia}}}
Cóncuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina o 1995

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Christiane Nüsslein-Volhard, nada en Magdeburg o 20 de outubro de 1942, é unha bióloga alemá, xunto con Eric Wieschaus, conduciu un espectacular e exitoso proxecto de mutaxénese a grande escala que iluminou o programa de desenvolvemento embriónico da mosca da froita (Drosophila melanogaster).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A bioloxía molecular é tradicionalmente feudo de pequenos laboratorios e experimentos que amosan principios ou exemplos de posible significación xeral. A norma son experimentos que mostran a actividade dun xene ou a acción dunha proteína. Por outra parte, a vixilancia de complexos biolóxicos son relativamente raros. Pero xenetistas como Nüsslein-Volhard foron máis ambiciosos, desenvolvendo coleccións de organismos mutantes que serven para fundamentar a investigación de procesos completos e ás veces, o traballo de moitos investigadores.

As moscas da froita foron longo tempo o cabalo de batalla da xenética polo seu pequeno tamaño, pequeno tempo de crecemento e complexidade vital. O rico conxunto de ferramentas e coñecemento preexistente continúa a fertilizar traballos posteriores. O que Nüsslein-Volhard e Wieschaus fixeron foi xerar mutacións aleatorias en xenes individuais e coller os representativos con descendentes amosando efectos letais durante o desenvolvemento embriónico (por exemplo, defectos de nacemento en moscas).

Desenvolveron unha vasta colección mutantes malformados, moitos con nomes descritivos como ourizo, aleixado e cogombro. O estudo deses mutantes e as súas interaccións levou a importantes novas percepcións do desenvolvemento temperá da Drosophila, de xeito especial os mecanismos que subxacen ós segmentos corporais, o que influenciou directamente estudos sobre segmentación en mamíferos, o que (de xeito menos obvio) é central no noso desenvolvemento e é aínda evidente na nosa columna vertebral.

En 1995 recibiuo o Nobel de Fisioloxía ou Medicina xunto a Edward B. Lewis e Eric Wieschaus.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]