Billy Howerdel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Billy Howerdel
Billy Howerdel.jpg
Nome completo
Alias
Naceu 18 de maio de 1970 (43 anos)
Orixe Nova Jersey Flag of the United States.svg
Morreu
Ocupación (s)
Xénero
Instrumento(s) voz, guitarra, baixo, teclados
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con A Perfect Circle, Ashes Divide
Tempo en activo 1988 - actualidade
Web

Billy Howerdel, nado o 18 de maio de 1970 en New Jersey, é o fundador, guitarrista, compositor e produtor das bandas A Perfect Circle e Ashes Divide.

Traxectoria[editar]

Antes de formar A Perfect Circle, Howerdel traballara como técnico de guitarras para Faith No More, Fishbone, David Bowie, The Smashing Pumpkins, Nine Inch Nails e Guns N' Roses entre outras bandas.

Howerdel traballou coma "roadie" e técnico de Pro Tools para Tool durante a gravación e xira de Ænima, traballando con Maynard James Keenan, ao cal coñecera en 1992. Durante este tempo, Howerdel tocoulle a Keenan algunhas das súas cancións e Keenan ofreceuse a cantalas se Howerdel decidía formar unha banda. A pesares de que el prefería unha voz feminina, Howerdel aceptou o ofrecimento de Keenan. En 1999 Howerdel fundou A Perfect Circle e invitou a Keenan a unirse como cantante.

Howerdel ocasionalmente tocou en directo coa banda Abandoned Pools. No 2005 compuxo e gravou música para o videoxogo Jak X: Combat Racing, coas colaboracións de Danny Lohner e Josh Freese, Joey Castillo e Troy Van Leeuwen de Queens of the Stone Age, Atom Willard de The Offspring, a ex-baixista de A Perfect Circle Paz Lenchantin, e Wes Borland de Limp Bizkit.

No ano 2005, durante un parón de A Perfect Circle, Howerdel creou a banda Ashes Divide. Howerdel encargouse de todos os instrumentos nas sesións de gravación, agás da batería, da que se encargou Josh Freese. No ano 2008 a banda editou o seu álbum de estrea, Keep Telling Myself It's Alright.

Véxase tamén[editar]

Ligazóns externas[editar]