Charles Louis Alphonse Laveran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Charles Louis Alphonse Laveran
AlphonseLaveran.jpg
Datos persoais
Nacemento 18 de xuño de 1845
Lugar París (Francia)
Falecemento 18 de maio de 1922, 76 anos
Lugar París (Francia)
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Francia
Nacionalidade Francesa
Etnia {{{etnia}}}
Cóncuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por Estudio da influencia dos protozoos nas enfermedades.
Influído por
Influíu en
Premios Premio Nobel de Medicina (1907)

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Charles Louis Alphonse Laveran, nado en París o 18 de xuño de 1845 e finado en París o 18 de maio de 1922, foi un médico francés, premio Nobel de Medicina en 1907.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola Militar de Medicina de Estrasburgo e serviu como cirurxián do exército na Guerra Franco-Prusiana. En 1878 foi enviado a Alxeria como membro da Escola Militar de Medicina de Val-de-Grâce, onde se dedicou a estudar o paludismo. Froito destes estudos foi o descubrimento do plasmodio, parasito produtor da enfermidade, aínda que non conseguiu determinar o mecanismo de transmisión da malaria, que sería descuberto por Ronald Ross uns anos máis tarde.

O 6 de novembro de 1880 observou por primeira vez no microscopio -nun preparado de sangue dun enfermo de paludismo-, corpúsculos móbiles, que debuxou e describiu de maneira detallada. "Trátase de células pigmentadas, redondas ou curvadas en forma de media lúa, que se moven como amebas".

En 1894 pasou a prestar servizos no Instituto Pasteur de París, que chegou a dirixir máis tarde. En 1907 fundou o Laboratorio de Enfermidades Tropicais do mesmo Instituto.

Recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1907 «en recoñecemento do seu traballo relativo ó papel desempeñado polos protozoos na orixe das enfermidades».

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles Louis Alphonse Laveran Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]