Perdita (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Perdita
Descubrimento
Descuberta por Erich Karkoschka / Voyager 2
Descuberta en 18 de maio de 1999 (a partir de imaxes tomadas o 18 de xaneiro de 1986)
Características orbitais
Radio orbital medio 76.417 ± 1 km[1]
Excentricidade 0,0012 ± 0,0005[1]
Período orbital 0,638021 ± 0,000013 d[1]
Inclinación 0,0 ± 0,3° (respecto do ecuador de Urano)[1]
é satélite de Urano
Características físicas
Dimensións 30 × 30 × 30 km<[1]
Radio medio 15 ± 3 km[1]
Área superficial ~2.800 km²[2]
Volume ~14.000 km³[2]
Masa ~0,18 x 1017 kg[2]
Densidade media 1,3 g/cm3 (estimada)
Gravidade superficial ~0,0047 m/s2[2]
Velocidade de escape ~0,011 km/s[2]
Período de rotación sincrónica[1]
Oblicuidade da eclíptica cero[1]
Albedo 0,08 ± 0,01[3]
Temperatura superficial ~64 K[2]

Perdita é un satélite interior de Urano. O descubrimento de Perdita foi complicado. As primeiras fotografías foron tomadas polas sonda espacial Voyager 2 no ano 1986, pero tardaron máis dunha década en ser recoñecidas coma unha nova lúa. En 1999, a lúa foi anunciada por Erich Karkoschka e notificada.[1][4] Pero coma non se puideron tomar máis fotografías para confirma-la súa existencia, foi oficialmente descartada no 2001.[5] Chegados ó 2003, imaxes tomadas polo Telescopio Espacial Hubble dirixidas a atopar algún tipo de obxecto onde se supuña que debería estar Perdita, deron finalmente coa confirmación da existencia da lúa.[6][7]

Despois do seu descubrimento no 1999, Perdita recibiu a designación temporal de S/1986 U 10.[4] Recibiría máis tarde o nome da filla de Leontes e Hermione na obra de William Shakespeare, The Winter's Tale. A lúa foi tamén designada coma Urano XXV.[8]

A lúa orbita entre Belinda e Puck. As medicións arriba mencionadas do Hubble proban que Perdita non segue un movemento directo Kepleriano ó redor de Urano. Pola contra, está claramente nunha resonancia orbital de 43:44 coa veciña lúa Belinda. É tamén está moi próxima a ter unha resonancia orbital de 8:7 con Rosalinda.[1][6]

Perdita pertence ó grupo de satélites Portia, o cal inclúe a Belinda, Bianca, Desdémona, Portia, Xulieta, Cupido, Rosalinda e Crésida.[3] Estes satélites teñen características orbitais e propiedades fotométricas semellantes.[3] Por desgracia, a parte da súa órbita,[1][6] o seu radio de 15 km[1] e ó seu albedo xeométrico de 0,08[3], pouco máis se sabe deste astro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 Erich Karkoschka (2001). "Voyager's Eleventh Discovery of a Satellite of Uranus and Photometry and the First Size Measurements of Nine Satellites". Icarus 151: 69–77. DOI:10.1006/icar.2001.6597. http://adsabs.harvard.edu/abs/2001Icar..151...69K. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Calculado en base a outros parámetros
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Erich Karkoschka (2001). "Comprehensive Photometry of the Rings and 16 Satellites of Uranus with the Hubble Space Telescope". Icarus 151: 51–68. DOI:10.1006/icar.2001.6596. http://adsabs.harvard.edu/abs/2001Icar..151...51K. 
  4. 4,0 4,1 Karkoschka, Erich (18-05-1999). "IAU Circular No. 7171". http://cfa-www.harvard.edu/iauc/07100/07171.html. Consultado o 05-08-2006. 
  5. Foust, Jeff (31-12-2001). "Moon of Uranus is demoted". Spaceflight Now. http://spaceflightnow.com/news/n0112/31uranusmoon/. Consultado o 05-08-2006. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark R. Showalter; Lissauer, Jack J. (22-12-2005). "The Second Ring-Moon System of Uranus: Discovery and Dynamics". Science Express 311: 973. DOI:10.1126/science.1122882. PMID 16373533. http://www.sciencemag.org/cgi/content/abstract/1122882v1. 
  7. Showalter, M. R.; Lissauer, J. J. (03-09-2003). "IAU Circular No. 8194". http://cfa-www.harvard.edu/iauc/08100/08194.html. Consultado o 05-08-2006. 
  8. "Planet and Satellite Names and Discoverers". Gazetteer of Planetary Nomenclature. USGS Astrogeology. 21-07-2006. http://planetarynames.wr.usgs.gov/append7.html. Consultado o 06-08-2006. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]