Saltar ao contido

Indie rock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Indie rock
Orixe musicalrock alternativo, post-punk, New Wave
Orixe culturalprincipios dos 80 no Reino Unido, os Estados Unidos e o Canadá
Instrumentos típicosguitarra, baixo, batería, teclados, voces
Subxéneros
garage punk, riot grrrl, twee pop, emo, grindie, post-punk revival, noise pop, dance-punk, New Weird América, baroque pop, garage rock revival, lo-fi, sadcore, C86, math rock

O indie rock é un subxénero do rock alternativo aparecido no Reino Unido e nos Estados Unidos nos anos 80. O significado do termo "indie rock" é discutido aínda hoxe en día por moitos músicos, seareiros e xornalistas. Principalmente o termo úsase para describir calquera tipo de rock producido por artistas que traballan con selos discográficos independentes e salas underground, que apareceron nos Estados Unidos e noutros lugares nos anos 80 e 90. Outros ven ao indie rock como un xénero propio dentro do rock cunha estética específica, e danlle menos importancia ao contexto no que apareceu. Moitos adoptan os dous significados do termo, crendo que a estética do xénero e a súa filosofía de produción están profundamente entrelazados.

Os artistas do indie rock son coñecidos por procurar manter o control completo da súa música e as súas carreiras, editando álbums en discográficas independentes e confiando nas xiras, no boca a boca, na emisións dos seus temas en radios universitarias ou independentes e, en anos máis recentes, na promoción a través de Internet.

Porén, nos anos 2000 moitos artistas cun estilo musical definido como "indie" asinaron con grandes discográficas ou as súas subsidiarias, e comezaron a promocionarse a través de medios de comunicación máis tradicionais. Isto deu lugar a unha nova confusión no significado do termo. O éxito comercial desa escena estivo liderada por catro bandas: The Strokes, The White Stripes, The Hives e The Vines. O emo tamén chegou ao mainstream a principios dos anos 2000.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

O termo indie rock, que vén de "independente", describe aos selos pequenos e de presuposto relativamente baixo nos que é editada este tipo de música e á actitude DIY das bandas e artistas involucrados. Aínda que os contratos de distribución normalmente se realizan con grandes compañías corporativas, estes selos e os grupos que albergan intentaron manter a súa autonomía, deixándoos libres para explorar sons, emocións e temas cun atractivo limitado para as grandes audiencias do mainstream.[2] As influencias e estilos dos artistas do xénero son extremadamente diversas, e inclúen o punk, a psicodelia, o post-punk e o country.[3] Os termos "rock alternativo" e "indie rock" foron termos intercambiables nos anos 80, pero despois de que moitas bandas alternativas seguisen a Nirvana no seu éxito cara ao mainstream a principios dos 90, o termo "indie rock" comezou a ser usado para describir a esas banda, que traballando en distintos estilos, non perseguían ou non acadaron o éxito comercial.[2] En termos de estética, o indie rock caracterízase por un coidadoso equilibrio de accesibilidade pop con noise, experimentación con fórmulas da música pop, letras sensibles enmascaradas por posturas irónicas, unha preocupación sobre a "autenticidade" e a representación dun rapaz ou rapaza sinxelo.[4]

Allmusic identifica o indie rock como unha serie de diferentes enfoques musicais non compatibles cos gustos mainstream.[2] Unido por unha ética máis que por un enfoque musical, o movemento indie rock abarcou unha ampla gama de estilos, dende as bandas máis duras influenciadas polo grunge, pasando por grupos DIY experimentais como Pavement, ata cantantes punk-folk como Ani DiFranco.[5] De feito, hai unha lista eterna de xéneros e subxéneros do indie rock.[6] Moitos países desenvolveron unha extensa escena indie local, florecendo con bandas coa suficiente popularidade como para sobrevivir dentro dos seus respectivos países, pero sendo virtualmente descoñecidas fóra deles. Porén, aínda hai bandas indie que comezan localmente e conseguen chegar a un público internacional.[7][8]

O indie rock destaca por ter unha proporción relativamente alta de artistas femininas en comparación con anteriores xéneros do rock, unha tendencia exemplificada no desenvolvemento da música feminista riot grrrl de artistas como Bikini Kill, Bratmobile, 7 Year Bitch, Team Dresch e Huggy Bear.[9] Porén, Cortney Harding sinalou que este sentido de igualidade non se ve reflectido no número de mulleres que dirixen selos independentes.[10]

Os selos discográficos independentes[11] xogaron un importante papel no auxe do indie rock. Aínda que existían dende antes de finais da década dos 70, con músicos de jazz nos 40 e 50 que foron pioneiros en publicar música en selos operados por artistas, máis tarde foron seguidos por selos fundados polos produtores británicos centrados no rock Joe Meek (Triumph Records), Andrew Loog Oldham (Immediate Records), Chris Wright con Terry Ellis (Chrysalis Records) e Larry Page (Page One Records).[12]

As etiquetas independentes gañaron máis protagonismo na escena underground estadounidense dos 60 con artistas de culto fichando por selos locais como ESP-Disk e International Artists.[13] Outros selos independentes foron os da escena krautrock alemá, como a propia discográfica de Kraftwerk, Kling Klang Records, e tamén Ohr, Brain, e Sky Records.[14] Artistas xa establecidos tamén crearon as súas propias discográficas, como os Beatles con Apple Records, Frank Zappa con Straight e Bizarre Records, The Rolling Stones con Rolling Stones Records e Grateful Dead con Grateful Dead Records, aínda que estas fracasaron a miúdo comercialmente ou foron absorbidos polas grandes discográficas.

No documental da BBC Do it Yourself: The Story of Rough Trade dise que "[...] cando comezou Rough Trade en 1976 había preto dunha ducia de selos independentes en Gran Bretaña, a finais da década había máis de 800".[15] Entre os primeiros selos indie destacados inclúense Mute, Rough Trade, 4AD e Creation Records.[16]

Precursores

[editar | editar a fonte]
The Velvet Underground, unha das primeiras influencias do xénero

The Velvet Underground e The Kinks teñen sido citados como unhas das primeiras influencias do indie rock, co The New York Times afirmando que "[...] the Kinks foron como a primeira banda de indie rock, dun xeito raro".[17] Ademais, Pitchfork citou a The Beach Boys,[18] así como a The Byrds, como influencias fundamentais, destacando que "sen os Byrds, a totalidade do rock universitario e, a partir del, o indie rock, non existiría".[19] Outras influencias son Syd Barrett de Pink Floyd e Alex Chilton de Big Star, destacando The Guardian que a "influencia de Barrett integrouse na música que agora coñecemos como indie rock",[20] e describiu a Big Star como a "ur-band" (a banda orixinal) do "indie-rock emocionalmente agudo".[21]

Posteriormente, artistas proto-punk como Patti Smith,[22][23] The Stooges e The Modern Lovers[24][25] lanzaron álbums de debut fundamentais que foron todos producidos polo ex-membro de Velvet Underground John Cale. Estes álbums serían influencias despois de bandas de indie rock como Sonic Youth,[26][27] Nirvana[28] e Dinosaur Jr.[29] Ademais, os álbums en solitario do ex-teclista de Roxy Music, Brian Eno, Here Come the Warm Jets e Taking Tiger Mountain (By Strategy) foron descritos como traballos que estableceron "o modelo para as bandas de art rock, post-punk, new wave, indie-rock e ata góticas" que chegaron posteriormente.[30]

A banda de Nova York Television, cuxa guitarra melódica en Marquee Moon demostrou ser influínte na primeira escena indie, tamén foi acreditada como presaxio do indie rock. Television foi a primeira banda punk en autoeditar un sinxelo, "Little Johnny Jewel" (1975), que foi seguido polo sinxelo de estrea de Pere Ubu en decembro dese mesmo ano.[31][32] Así mesmo, bandas de punk inglesas como Soft Boys e Wire, cunha mestura de punk e cancións pop pegadizas e concisas no seu álbum de estrea Pink Flag e en 154, influenciaron despois a grupos como Guided by Voices e Hüsker Dü.[33] Ademais, o grupo de Kansas The Embarrassment foi citada como un "principais proxenitores da escena indie rock estadounidense" que influíu en R.E.M.[34] e Pavement.[35] Despois da disolución do grupo, Bill Goffrier pasou a formar a banda de indie rock Big Dipper.

Durante a chegada do punk rock a finais dos anos 70, as bandas comezaron a adoptar e popularizar a ética DIY que animaba a calquera, independentemente das súas habilidades ou formación musical,[16] a formar un grupo. En xuño de 1976 os Sex Pistols actuaron no Lesser Free Trade Hall de Manchester, inspirando a formación de influentes bandas como The Smiths, Buzzcocks, The Fall e Joy Division.[36] Tras o éxito comercial do punk rock en 1977 xurdiu a escena post-punk no Reino Unido, encapsulando bandas que, aínda que conservaban a enerxía crúa e a ética DIY do punk, comezaron a superar os seus límites a través dunha evolución experimental e artística. Artistas como The Cure, The Monochrome Set,[37] Felt, The Raincoats e Young Marble Giants que ficharon na súa maioría con selos independentes como Rough Trade, Factory Records e Cherry Red, serviron como unha influencia fundamental no indie rock e despois na música alternativa. Grupos estadounidenses como The Feelies e Talking Heads,[38] así como bandas escocesas de post-punk como Orange Juice, The Vaselines e Josef K tamén demostrarían ser influentes.[39]

O documental da BBC Music for Misfits: The Story of Indie sinala a cuñación do termo "indie" na autopublicación do Spiral Scratch EP de 1977 da banda de punk rock de Manchester Buzzcocks a través do seu propio selo independente New Hormones.[11] Isto inspirou un movemento punk DIY onde bandas como Swell Maps, 'O' Level, Television Personalities e Desperate Bicycles seguiron o exemplo o exemplo ao prensar, empaquetar e distribuír os seus propios discos, ao almacenar copias na casa e ao deseñar portadas a man.[11][40] A distribución mellorou aínda máis coa creación de 'The Cartel', unha asociación de compañías como Red Rhino e Rough Trade Records que tomarían os lanzamentos destes pequenos selos para metelos nas tendas de discos de todo o país.[41]

Os selos discográficos independentes tamén serían parte integrante dos primeiros anos da distribución musical punk rock, como se viu con Beserkley Records nos Estados Unidos, que sacou o álbum debut dos Modern Lovers, e Stiff Records que lanzou o primeiro sinxelo punk do Reino Unido, "New Rose" dos Damned. Pouco despois o selo australiano lanzou Able Label, o primeiro sinxelo de The Go-Betweens,[42] e tamén en Australia The Saints editaran o primeiro sinxelo punk fóra dos Estados Unidos, "(I'm) Stranded", co seu propio selo Fatal Records. Do mesmo xeito, bandas DIY como Deep Freeze Mice[43] e Half Japanese formaron os seus propios selos que influirían na escena indie rock en xeral. "50 Skidillion Watts" deste último publicou música que sería citada por Kurt Cobain como unha influencia fundamental, así como a do selo K Records de Beat Happening.[44]

A cidade neozelandesa de Dunedin creouse o selo discográfico independente Flying Nun Records, cuxos artistas definiron o Dunedin Sound, que sería particularmente influente no desenvolvemento do son do indie rock.[45][46] Segundo Audioculture, unha das primeiras bandas de Dunedin Sound foi a banda de Chris Knox The Enemy, que xurdiu como un grupo post-punk, cuxos membros tamén incluían a Alec Bathgate. Aínda que o grupo estivo activo pouco tempo os seus concertos impresionaron aos músicos adolescentes que acudían a velos, entre eles a un novo Shayne Carter, que formaría Bored Games, The DoubleHappys e Straitjacket Fits. Máis tarde Knox formou outra banda de punk de curta duración chamada Toy Love, e despois de que esta se separara, pasou a formar a influente banda Tall Dwarfs, que foi unha influencia integral na aparición do indie lo-fi gravado na casa.[47] Os aspectos da escena inspirados no punk foron moitas veces inspirados pola oposición a Robert Muldoon e o seu goberno, o que provocou sátiras ou críticas directas.[48] As bandas da escena tomaron influencias do punk rock, pero rebaixaron a súa agresividade para crear un son con moita reverb e influenciado polo pop. Marcada polo sinxelo de estrea de The Clean de 1981 "Tally-Ho!" e o EP Dunedin Double de 1982 con The Chills, Sneaky Feelings, The Verlaines e The Stones, as guitarras da escena eran moitas veces estridentes e monótonas, e as súas voces eran indistinguibles.[49] Nos anos seguintes o son de Dunedin espallouse a outras cidades de Nova Zelandia como Christchurch ou Auckland.[50][46][51][45]

A década viu entón como medraba a popularidade das emisoras de radio universitarias, principalmente nos Estados Unidos, que pincharían a artistas independentes de distintos xéneros, como rock alternativo, new wave, post-hardcore e post-punk. As bandas que aparecían nesas emisoras foron etiquetadas como de "college rock" (rock universitario) polos fans, outro termo que carecía de ningunha implicación estilística. As bandas de rock universitario máis destacadas foron os grupos de jangle pop R.E.M., dos Estados Unidos, e The Smiths, do Reino Unido, que Matthew Bannister afirma que foron os primeiros grupos de indie rock.[52] A influencia desas bandas mostrouse rapidamente na formación de Let's Active, The Housemartins e The La's.[53] Nese momento, o termo "indie rock" comezara a usarse para describir ás bandas que producían música en selos discográficos independentes, en lugar de simplemente os propios selos discográficos. Isto convertíao no único xénero da época que estaba definido polos métodos polos que se distribuía a música en lugar do son da devandita música.[3]

O xornalista Steve Taylor tamén citou a bandas implicadas na escena Paisley Underground como primeiros grupos indie.[54] Porén, este estilo jangly fíxose cada vez máis mainstream a medida que avanzaba a década levando ás bandas de indie rock posteriores a abandonar este xénero. En cambio, nos anos seguintes as bandas The Jesus and Mary Chain e grupos de Flying Nun Records como Jean-Paul Sartre Experience transformaron o xénero nun estilo máis lento, escuro e hipnótico.[52] O número de emisoras de radio universitarias nos Estados Unidos diminuíu significativamente despois da agresiva presión da NPR contra as emisoras non comerciais durante a década de 1980. Pola súa banda, o nome de "rock universitario" caeu en desgraza, sendo pronto substituído por "indie".[55]

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

No Reino Unido a revista NME publicou o casete recompilatorio C86, formado por temas de grupos como Primal Scream, The Pastels e The Wedding Present. Destinado a mostrar a escena musical independente actual do Reino Unido, o álbum estaba composto por grupos que combinaban elementos de jangle pop, post-punk e do Wall of Sound de Phil Spector. En 2006, Bob Stanley chamouno "o comezo da música indie".[56] O C86 converteuse nun descritor por dereito propio, describindo non só as bandas da cinta senón tamén as bandas nas que influíu, moitas veces usado xunto a termos como "anorak pop" e "shambling".[57] Algunhas bandas C86 conseguiron un significativo éxito comercial: The Soup Dragons encherían o Madison Square Garden; Primal Scream foron aclamados pola crítica, recibindo o primeiro Mercury Prize en 1992; e The Wedding Present entrou 18 veces no top 40 das listas. Porén, moitas bandas dos 22 temas da cinta tamén pasarían desapercibidas.[58]

Nos Estados Unidos a popularidade de R.E.M. permitiu que aqueles aos que non lles gustaban as convencións militantes do hardcore punk se converteran en parte da escena musical underground. Isto potenciou a unha variedade de músicos, en particular a aqueles da que se convertería na escena post-hardcore liderada polos Minutemen.[59] Aínda que fuxiron das convencións hardcore e incorporaron influencias do jazz e do post-punk, os Minutemen mantiveron a agresividade e a natureza política do punk. Porén, na escena hardcore adoitaban atoparse con hostilidade, con Pitchfork citando "a primeira vez que abriron para Black Flag, os Minutemen foron duchados con saliva da multitude", afirmando ademais que "non eran tan hardcore".[60] A pesar diso, atribuíronlles "o sangue vital do indie rock durante décadas", como se demostra en cancións como "The Anchor".[61][62][63] Do mesmo xeito, Wipers, que cos seus riffs melódicos e o énfase nos solos de guitarra, tamén destacaron na escena hardcore, influíndo en artistas indie emerxentes como J Mascis de Dinosaur Jr.[64][65]

Ademais, os grandes selos comezaron a buscar bandas underground, con Hüsker Dü e The Replacements lanzando álbums en garndes compañías a mediados da década. Aínda que estes álbums non tiveron o mesmo éxito que R.E.M. e as grandes discográficas perderon rápido o interese pola escena, tiveron un gran impacto nas bandas máis novas. Algúns grupos como Camper Van Beethoven,[66] The Dead Milkmen[67] e Violent Femmes[68] infundiron a escena con humor sardónico e ironía. Nos anos seguintes, Sonic Youth, Dinosaur Jr. e Unrest comezaron a publicar música en selos independentes en débeda con estas bandas, e pronto tamén recolleron a categorización do indie rock. Ao pechar a década de 1980, tanto Sonic Youth como Pixies asinaron con grandes selos.[69]

Kevin Shield, líder de My Bloody Valentine

A finais dos anos 80 xurdiu o subxénero do shoegaze como unha continuación da produción Wall of Sound usada por grupos como The Jesus and Mary Chain. O xénero fusionaba isto con influencias de Dinosaur Jr. e Cocteau Twins para crear un estilo escuro e zoante tan cacofónico que os instrumentos eran a miúdo indistinguibles. O xénero foi iniciado por My Bloody Valentine nos seus primeiros EPs e o seu álbum de estrea Isn't Anything.[70] O estilo da banda influíu a unha serie de grupos en Londres e na zona do Thames Valley, incluíndo Chapterhouse, Moose e Lush. Esta escena foi denominada colectivamente "the Scene That Celebrates Itself" (a escena que se celebra) por Steve Sutherland de Melody Maker en 1990.[71]

O Madchester foi outro estilo e escena que se orixinou a finais dos 80. Definido pola súa fusión de indie rock C86, música dance e cultura rave hedonista, especialmente polo seu énfase no uso de drogas psicodélicas, a escena centrouse en Manchester.[72][73] A escena baseouse ao redor do club nocturno The Haçienda, inaugyurado en maio de 1982 como unha iniciativa de Factory Records. Durante os seus primeiros anos de vida, o local orientouse principalmente á música pop orientada aos clubs e acolleu concertos de artistas como New Order, Cabaret Voltaire, Culture Club, Thompson Twins e The Smiths.[74] O movemento Madchester floreceu en 1989 co éxito so segundo álbum de The Happy Mondays, Bummed, e a estrea autotitulada de The Stone Roses, que se converteu no traballo máis influente da escena. Nos anos seguintes, artistas de alto perfil do xénero incluíron a The Charlatans, 808 State e The Inspiral Carpets.[75]

A distintiva combinación de indie rock e música dance da escena Madchester foi denominada indie dance polos críticos, ou máis concretamente como o subxénero baggy.[76] O momento máis famoso do Madchester e o baggy foi o concerto Spike Island do 27 de maio de 1990 con The Stone Roses como cabeza de cartel. Cunha asistencia dunhas 28 000 persoas e unha duración de doce horas, foi o primeiro evento da súa envergadura e tipo que foi organizado por un artista independente.[77]

En Stourbridge xurdiu unha escena de bandas indie que tomaron influencia da música electrónica, punk, folk e hip-hop, e foi bautizada pola crítica como grebo. Encabezada por Pop Will Eat Itself, The Wonder Stuff e Ned's Atomic Dustbin, "grebo" foi unha definición ampla, e utilizouse máis como un nome para a escena de Stourbridge que como unha etiqueta de xénero. Porén, as súas bandas gañaron rapidamente atención: os sinxelos de 1989 de Pop Will Eat Itself "Wise Up! Sucker" e "Can U Dig It?" entraron no top 40 do Reino Unido e Stourbridge converteuse brevemente nunha atracción turística para os mozos fans do indie rock. Os álbums fundamentais da escena foron publicados entre 1989 e 1993: Hup e Never Loved Elvis de The Wonder Stuff, God Fodder e Are You Normal? de Ned's Atomic Dustbin, e This Is the Day...This Is the Hour...This Is This! e The Looks or the Lifestyle? de Pop Will Eat Itself. Neste período as bandas da escena convertéronse en protagonistas, ás veces como cabezas de cartel, do Reading Festival, venderon millóns de álbums e apareceron habitualmente nas portadas de revistas como NME e Melody Maker.[78] Os grupos de grebo eran distintos dos anteriores grupos de indie rock non só polas súas amplas influencias, senón tamén pola súa subversión do humor pomposo ou os estados de ánimo infelices da maioría das outras bandas do xénero, e pola súa procura dun son e unha estética máis pesados. A escena chegou a incluír ás bandas estilisticamente similares de Leicester The Bomb Party, Gaye Bykers on Acid, Crazyhead, Hunters Club e Scum Pups.[79]

División entre mainstream e underground

[editar | editar a fonte]
Low, un dos principais expoñentes do slowcore

A comezos dos anos 90 a escena grunge de Seattle e os seus artistas máis visibles, Nirvana, Pearl Jam, Soundgarden e Alice in Chains, chegaron ao mainstream.[80] O monumental éxito desas bandas, especialmente Nirvana, fixo que aumentase o interese pola escena indie rock, o este termo comezou a ser substituído polo de rock alternativo.[69] Como resultado, o termo "alternativo" perdeu o seu sentido contracultural orixinal e comezou a referirse á nova forma de música comercialmente máis lixeira que agora estaba a acadar o éxito mainstream.

No seu libro Popular Music: The Key Concepts, o académico dos medios Roy Shuker afirma que "o grunge representou o mainstreaming da ética e estilo indie rock norteamericano dos anos 80", explicando que o status dunha banda como independente converteuse nun "dispositivo de mercadotecnia".[81] Na estela deste aumento de atención, o indie rock experimentou unha división: bandas accesibles que atendían á xa popular radio de rock alternativo; e bandas que seguiron experimentando, avanzando no underground.[53] Segundo AllMusic, foi durante esta división cando o "indie rock" solidificouse a si mesmo como un termo para o estilo de música tocado por estes artistas underground, mentres que os grupos mainstream influenciados polo indie rock forn categorizados como rock alternativo.[82]

O slowcore desenvolveuse nos Estados Unidos como un contrapunto directo ao rápido crecemento do grunge.[83] Aínda que está pouco definido, o slowcore inclúe xeralmente tempos lentos, instrumentación minimalista e letras tristes. Galaxie 500, e particularmente o seu segundo álbum On Fire (1989), tivo fortes influencias no xénero,[84][85] co escritor do Bandcamp Daily Robert Rubsam chamándoos a "fonte de todo o que viría". A primeira onda de bandas do xénero incluíu a Red House Painters, Codeine, Bedhead, Ida e Low. O xénero orixinouse en todo Estados Unidos, sen ningún foco xeográfico e con moi pouca interacción entre os seus artistas.[86]

Un subconxunto máis novo de bandas de grebo xurdiu ao redor de 1991, que á súa vez foron etiquetados como bandas "fraggle".[87] Durante este movemento, o son dominante era un estilo de indie rock fortemente influenciado polo punk é o Bleach de Nirvana, facendo tamén uso ocasionalmente de caixas de ritmos.[88] O escritor de Gigwise Steven Kline describiu o estilo como "guitarras sucias, cabelos máis sucias e camisetas que só lavaría unha nai". Entre os grupos de fraggle máis destacados estaban Senseless Things, Mega City Four e Carter the Unstoppable Sex Machine.[88]

O xornalista de Spin Charles Aaron describiu a Pavement e Guided by Voices como "as dúas bandas que que chegaron a exemplificar o indie rock neste período, e aínda definen o termo na mente de moitas persoas". Os dous grupos fixeron uso dun estilo de produción lo-fi que romantizou a súa ética DIY.[69] O álbum de 1992 de Pavement Slanted and Enchanted foi un dos discos que definiu o subxénero do slacker rock.[89] Rolling Stone referíuse ao traballo como "o álbum indie rock por excelencia", elixíndoo para a súa lista dos 500 mellores álbums de todos os tempos.[90]

No Research Triangle de Carolina do Norte, unha escena de indie rock estaba sendo encabezada por grupos que se uniran a Merge Records como Superchunk, Archers of Loaf e Polvo, describindo unha crecente escena de bandas de indie influenciadas polo hardcore punk e o post-punk. Nesa época, publicacións como Entertainment Weekly comezaron a chamar á cidade universitaria de Chapel Hill a "seguinte Seattle".[91][92] O sinxelo de Superchunk "Slack Motherfucker" tamén foi reconecido pola revista Columbia como o que popularizou o estereotipo "slacker" e como un himno definitorio do indie rock dos 90.[93]

Co ascenso do britpop moitas das primeiras bandas británicas de indie rock caeron no esquecemento.[94] Liderados por Blur, Oasis, Pulp e Suede,[95] os grupos do movemento foron publicitados como artistas underground, como un medio para competir comercialmente coa escena grunge dos Estados Unidos.[96] Aínda que o Britpop estaba estilisticamente en débeda co indie rock e comezou como unha rama deste, as bandas de britpop abandonaron a política anti-establishment anterior do xénero e, en cambio, levárono ao mainstream, con bandas como Blur e Pulp incluso asinando con grandes selos.

No seu ensaio Labouring the Point? The Politics of Britain in "New Britain", o polñitico e académico Rupa Hug di que o britpop "comezou como unha ramificación da escena musical independente británica pero podería dicirse que acabou matándoa, xa que tivo lugar unha converxencia entre o indie e o mainstream, eliminando o elemento distintivo de "protesta" da música independente de base británica".[97] O xornalista musical John Harris suxeriu que o britpop comezou cando o cuarto sinxelo de Blur, "Popscene", e o primeiro de Suede, "The Drowners", foron publicados na mesma época na primavera de 1992. Harris dixo, "se o britpop comezou en calquera lugar, foi o aluvión de aclamacións que saudou os primeiros discos de Suede: todos eles audaces, exitosos e moi, moi británicos".[98] Suede foi a primeira da nova colleita de bandas guitarreiras en ser aceptada polos medios musicais británicos como a resposta británica ao son grunge de Seattle. O seu álbum de estrea Suede é o álbum debut máis vendido no Reino Unido.[99]

Diversificación

[editar | editar a fonte]

O álbum de estrea de Sunny Day Real Estate, Diary (1994), iniciou unha nova onda do xénero emo, coa incorporación de elementos deste ao seu son indie rock.[100] Sunny Day Real Estate e outras bandas desta segunda onda do emo, como Piebald, The Promise Ring e Cap'n Jazz afastaron o emo das súas raíces hardcore e permitiron que o xénero desenvolvera unha escena moito máis emocional que a súa primeira onda.[101]

Este estilo de emo chegou ao mainstream a principios dos anos 2000 co éxito do álbum de Jimmy Eat World Bleed American (2001) e do de Dashboard Confessional The Places You Have Come to Fear the Most (2001).[102] Unha escena que destacou particularmente durante esta segunda onda foi a das bandas do Medio Oeste estadounidense da segunda metade da década., que incorporaron os tons de guitarra estridentes do primeiro indie rock e elementos do math rock para crear o distintivo estilo de grupos como American Football.[101] A popularidade do emo tamén permitiu que varias bandas "non-moi-indies-non-moi-emo" como Death Cab for Cutie, Modest Mouse e Karate gañaran unha atención significativa.

Neutral Milk Hotel foi unha das principais bandas do colectivo Elephant 6

O pouco definido colectivo Elephant 6, que incluía a The Apples in Stereo, Beulah, Circulatory System, Elf Power, The Minders, Neutral Milk Hotel, of Montreal e The Olivia Tremor Control, fusionou indie rock con pop psicodélico. O autor do libro Gimme Indie Rock Andrew Earles afirmou que o colectivo, concretamente Neutral Milk Hotel en On Avery Island (1996), "axudou a manter o xénero artísticamente relevante mentres outras bandas desertaban e outros estilos underground cobraban protagonismo".[103][104]

A electrónica indie ou indietrónica[105] abrangue artistas baseados no rock que comparten afinidade pola música electrónica, utilizando samplers, sintetizadores, caixas de ritmos e programas informáticos.[106] Sendo máis unha categorización que un estilo, describe unha tendencia dos primeiros anos 90 de artistas que seguían as tradicións da primeira música electrónica (compositores do BBC Radiophonic Workshop), krautrock e synth-pop.[106] Os proxenitores do xénero foron as bandas inglesas Disco Inferno, Stereolab e Space. A maioría dos músicos do xénero pódense atopar en selos independentes como Warp, Morr Music, Sub Pop ou Ghostly International.[106]

O space rock tomou o rock psicodélico, a influencia da música ambiental de Pink Floyd e Hawkwind e incorporounos a un contexto indie rock. O estilo comezou con Spacemen 3 nos anos 80, uníndose posteriormente grupos como Spiritualized, Flying Saucer Attack, Godspeed You! Black Emperor e Quickspace.[107]

A medida que o britpop decaía cara o final da década, o post-Britpop afianzouse na escena indie rock do Reino Unido.[108] Aproximadamente dende 1997, a medida que medraba a insatisfacción co concepto Cool Britannia e que o Britpop como movemento comezaba a disolverse, as bandas emerxentes comezaron a evitar a etiqueta Britpop aínda que producían música derivada dela.[109][110] Despois do declive do Britpop comezaron a gañar máis atención crítica e popular.[109] O álbum de The Verve Urban Hymns (1997) foi un éxito mundial e o seu traballo máis exitoso antes da súa separación en 1999, mentres que Radiohead, aínda que recibira un recoñecemento moderado con The Bends en 1995, alcanzou unha aclamación da crítica case universal co seu terceiro álbum experimental OK Computer (1997), e cos seus continuadores Kid A (2000) e Amnesiac (2001).[111] Stereophonics utilizaron elementos post-grunge e hardcore nos álbums que os fixeron famosos, Word Gets Around (1997) e Performance and Cocktails (1999), antes de pasar a un territorio máis melódico con Just Enough Education to Perform (2001) e os álbums posteriores.[112][113]

Feeder, que estaba inicialmente máis influenciada polo post-grunge estadounidense, facía un son hard rock que a levou ao seu primeiro sinxelo exitoso, "Buck Rogers", e ao seu primeiro álbum Echo Park (2001).[114] Tras a morte do seu batería Jon Lee, movéronse cara un modo máis reflectivo e introspectivo en Comfort in Sound (2002), o seu álbum máis vendido ata ese momento, do que saíron unha serie de exitosos sinxelos.[115]

A banda máis exitosa comercialmente no inicio do novo milenio foron Coldplay, cuxos dous primeiros álbums Parachutes (2000) e A Rush of Blood to the Head (2002) foron multiplatino, consolidándose como un dos artistasmáis populares do mundo no momento do seu terceiro álbum, X&Y (2005).[116]

Éxito entre o grande público

[editar | editar a fonte]

Post-punk e garage rock revival

[editar | editar a fonte]
The Strokes, a banda que revitalizou o indie rock nos anos 2000

A atención do gran público que gañou o indie rock na década de 2000 comezou co The Strokes e o seu álbum de estrea de 2001 Is This It. Tocando un estilo herdado de bandas dos 60 e 70 como The Velvet Underground e Ramones, a intención do grupo musicalmente era soar como "unha banda do pasado que fixo unha viaxe no tempo ao futuro para facer o seu disco".[117] O álbum chegou ao número 33 nos Estados Unidos, estando nas listas durante dous anos adicionais e e estreándose no número dous das listas de álbums do Reino Unido.[117][118] Cando The Strokes fixeron a súa estrea comercial, a percepción pública da "música rock" estaba baseada no post-grunge, o nu metal e o rap rock, contrastando enormemente o seu estilo retro de garage rock co mainstream. A influencia inmediata da banda permitiu que outros grupos neoiorquinos influenciados polo rock clásico como Yeah Yeah Yeahs, Interpol e TV on the Radio gañaran a atención do gran público.[119] The Strokes estiveron acompañados neste éxito comercial por The White Stripes, The Vines e The Hives. Estes grupos foron bautizados por parte dos medios como "As" bandas, e foron chamados "os salvadores do rock 'n' roll",[120] o que fixo que a revista Rolling Stone declarase na súa portada de setembro de 2002, "Rock is Back!" (o rock está de volta).[121]

O éxito de The Strokes revitalizou a escena post-britpop británica, que estaba morrendo, con grupos que se deixaron influenciar polos Strokes e experimentaron co seu son. A primeira onda de artistas británicos desta nova corrente incluía a artistas como Franz Ferdinand, Kasabian, Maxïmo Park, The Cribs, Bloc Party, Kaiser Chiefs e The Others.[122] Porén, The Libertines, formados en 1997, foi o contrapunto británico de The Strokes, sendo descritos por AllMusic como "un dos artistas máis influentes do século XXI do Reino Unido"[123] e co Independent afirmando que "The Libertines querían ser unha banda importante, pero non podían predicir o impacto que terían".[124] Influenciados por The Clash, The Kinks, The Smiths e The Jam, o estilo da banda, de partes de guitarra metálicas e agudas, ás veces acústicas, coroadas con letras de praceres parroquiais británicos cos auténticos acentos ingleses dos vocalistas foi amplamente imitado.[124] The Fratellis, The Kooks, e The View foron tres deses grupos que lograron un éxito comercial significativo, aínda que a banda post-Libertines máis destacada foi Arctic Monkeys de Sheffield. Un dos primeiros grupos que debeu o seu éxito inicial ao uso das redes sociais da internet,[125] os Arctic Monkeys tiveron dous sinxelos número 1, e o seu álbum Whatever People Say I Am, That's What I'm Not (2006) converteuse no álbum de estrea con vendas máis rápidas na historia das listas británicas.[126]

Con este éxito, bandas indie tradicionais pronto entraron no mainstream,[127] como Modest Mouse (cuxo álbum de 2004 Good News for People Who Love Bad News alcanzou o top 40 dos Estados Unidos e foi nomeado a un premio Grammy), Bright Eyes (que en 2004 tivo dous sinxelos na parte superior da lista da Billboard Hot 100 Single Sales),[128] e Death Cab for Cutie (cuxo álbum de 2005, Plans, debutou no número catro nos Estados Unidos, permanecendo nas listas da Billboard durante case un ano e conseguindo o estado de platino e unha nmeación aos Grammy).[129] Este novo éxito comercial e o uso xeneralizado do termo indie para outras formas de cultura popular levaron a varios comentaristas a suxerir que o indie rock deixara de ser un termo significativo.[130]

Adicionalmente, nos Estados Unidos xurdiu unha segunda onda de bandas que conseguiron o recoñecemento internacional como resultado do movemento. Entre estos grupos estaban The Black Keys, Kings of Leon, The Shins, The Bravery, Spoon, The Hold Steady, e The National.[102] A banda desta onda máis exitosa comercialmente foi The Killers. Formado en 2001, despois de escoitar Is This It o grupo descartou a maioría do seu material anterior para reescribilo baixo a influencia dos Strokes.[131] O seu sinxelo de estrea, "Mr. Brightside", pasou, ata decembro de 2024, 437 semanas non consecutivas na lista de sinxelos británica, máis que ningunha outra canción.[132]

Proliferación

[editar | editar a fonte]

O impacto de The Strokes, The Libertines e Bloc Party xerou un gran interese dos grandes selos polos artistas de indie rock, algo que se víu exacerbado polo éxito dos Arctic Monkeys. Nos anos seguintes a Whatever People Say I Am, That's What I'm Not houbo unha proliferación de bandas como Rifles, Pigeon Detectives e Milburn, que creou un derivado máis formal dos artistas anteriores.[133][122] A finais da década os críticos comezaron a referirse a esta onda de artistas como "landfill indie",[134][135][136] unha descrición cuñada por Andrew Harrison da revista Word.[137] Un artigo de 2020 de Vice citaba a Johnny Borrell, vocalista de Razorlight, como o "único home que definiu, encarnou e viviu o Landfill Indie" debido á súa formación dunha banda "espectacularmente convencional" a pesar da súa proximidade coa "enerxía cinética desesperada dos Libertines, a dinámica de amor-odio mitificada e a visión dunha Gran Bretaña en ruínas animada polo romance e os narcóticos".[133] Nun artigo de 2009 para The Guardian, o xornalista Peter Robinson citou o movemento landfill indie como morto, culpando a The Wombats, Scouting For Girls e Joe Lean & the Jing Jang Jong.[138]

De 2010 ao presente

[editar | editar a fonte]

Na década de 2010 o xénero seguiu tendo éxitos comerciais como The Suburbs (2010) de Arcade Fire, Turn Blue (2014) de The Black Keys, Walls (2016) de Kings of Leon, e Wonderful Wonderful (2017) de The Killers, chegando todos eles ao número 1 das listas da Billboard estadounidense e tamén das listas británicas (agás Turn Blue, que quedou no 2), co disco de Arcade Fire gañando o Grammy a álbum do ano en 2011.[139] Outros artistas indie como Florence and the Machine, The Decemberists e LCD Soundsystem conseguiron varios sinxelos número 1 nos Estados Unidos durante a década, con Vampire Weekend, Florence and the Machine, Arctic Monkeys, Bon Iver, The Killers e The Postal Service conseguindo tamén álbums de platino.[140]

O terceiro álbum de estudio de Vampire Weekend, Modern Vampires of the City (2013), gañou o Grammy ao mellor álbum de música alternativa en 2014, co escritor de Consequence Tyler Clark afirmando que en 2019 aínda era "un abanderado do indie rock no mundo máis amplo da música".[140] O quinto álbum de Arctic Monkeys, AM (2013), foi un dos maiores discos de indie rock da década, chegando ao 1 no Reino Unido tras vender 157 329 copias, converténdose así no segundo álbum máis vendido do ano.[141] Coa estrea de AM nas listas Arctic Monkeys tamén bateu un récord, converténdose na primeira banda dun selo independente en debutar no número un do Reino Unido cos seus cinco primeiros álbums.[142] Ata decembro de 2024 AM estivera 537 semanas no top 100 da lista británica de álbums.[143] O disco tamén foi número 1 en Australia, Bélxica, Croacia, Dinamarca, Eslovenia, Irlanda, Nova Zelandia, Países Baixos, e Portugal, e chegou ao top 10 en países máis. Nos Estados Unidos o álbum vendeu 42 000 copias na súa primeira semana, estreándose no número 6 da lista Billboard 200 e converténdose así no traballo da banda que máis alto chegou nese país.[144] En agosto de 2017 AM foi certificado platino pola RIAA por vendas combinadas e unidades equivalentes a álbums de máis dun millón de unidades nos Estados Unidos.[145] A partir do 14 de abril de 2023, todas as cancións do álbum foron certificadas prata ou superior polo BPI, sendo "Mad Sounds" a última en ser certificada.[146]

Cando a fusión de indie rock e pop mainstream de The 1975 comezou a gañar atracción comercial a principios da década de 2010, foi controvertida; recibiron o premio á "Peor banda" nos premios NME de 2014, pero en 2017 recibiuno á "Mellor banda en directo" na entrega de premios dese ano.[147] A escritora de Alternative Press Yasmine Summan afirmou que "Se puideses resumir 2013 e 2014 nun só álbum para os fans do indie e alternativo, sería o lanzamento homónimo de The 1975".[148] Nun artigo para The Guardian acreditando a The 1975 como a banda para "introducir o indie ao mainstream", o escritor Mark Beaumont comparou a influencia do vocalista Matty Healy no xénero coa do vocalista de The Libertines Pete Doherty,[149] e Pitchfork incluíunos como un dos artistas máis influentes da música dende 1995.[150] Na estela de The 1975, outros artistas indie pop gañaron popularidade. Algúns críticos denominaron este fenómeno "Healywave", no que destacaron Pale Waves, The Aces, Joan, Fickle Friends e No Rome.[151] Destes, Pale Waves foi particularmente prominente comercialmente, co seu álbum de estrea My Mind Makes Noises (2018) alcanzando o número oito na lista de álbums do Reino Unido, Who Am I? (2021) o número tres e Unwanted (2022) o número catro.[152] Na mesma época, Wolf Alice converteuse nunha banda destacada na escena, co seu segundo álbum Visions of a Life (2017) gañando o Mercury Prize en 2018 e co seu terceiro álbum Blue Weekend (2021) sendo nomeado ao premio.[153] O escritor Martin Young afirmou nun artigo de 2021 para a revista Dork que "É imposible afirmar verdadeiramente o importante que é Wolf Alice. Son o catalizador de case todas as bandas incribles das que liches en Dork nos últimos 5 anos".[154]

  1. "True Confessional?". Chicago Sun Times. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2011. Consultado o 2020-02-02. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Indie Rock Music Genre Overview". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-02-02. 
  3. 3,0 3,1 S. Brown and U. Volgsten, Music and Manipulation: on the Social Uses and Social Control of Music (Berghahn Books, 2006), ISBN 1-84545-098-1, p. 194
  4. Henry, Stephen; Novara, Vincent J (2009). "Sound Recording Review: A Guide to Essential American Indie Rock (1980-2005)". Notes: Quarterly Journal of the Music Library Association. 65 (4): 816-33
  5. S. T. Erlewine, "American Alternative Rock / Post Punk", en V. Bogdanov, C. Woodstra e S. T. Erlewine, All Music Guide to Rock: the Definitive Guide to Rock, Pop, and Soul (Milwaukee, WI: Backbeat Books, 3ª ed., 2002), ISBN 0-87930-653-X, pp. 1344-6
  6. Sisario, Ben (2009-12-31). "When Indie-Rock Genres Outnumber the Bands". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-02-02. 
  7. Pareles, Jon (2004-10-16). "Feeling Hyper, Indie Rock Casts Off Its Slacker Image". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-02-02. 
  8. J. Connell and C. Gibson, Sound Tracks: Popular Music, Identity, and Place (Abingdon: Routledge, 2003), ISBN 0-415-17028-1, pp. 101-3
  9. M. Leonard, Gender in the Music Industry: Rock, Discourse and Girl Power (Aldershot: Ashgate, 2007), ISBN 0-7546-3862-6, p. 2
  10. Harding, Cortney (13 de outubro de 2007). "UpFront: The Indies - Where the Girls Aren't: Why Aren't More Women Running Indie Labels". Billboard - The International Newsweekly of Music, Video and Home Entertainment.
  11. 11,0 11,1 11,2 "BBC Four - Music for Misfits: The Story of Indie - Episode guide". BBC (en inglés). Consultado o 2024-12-09. 
  12. Crépon, Pierre. "Wire Playlist: Musician-Owned Record Labels in Jazz in the 1940s–60s - The Wire". The Wire Magazine - Adventures In Modern Music (en inglés). Consultado o 2024-12-09. 
  13. "Five essential garage rock masterpiece albums". faroutmagazine.co.uk (en inglés). 2024-07-31. Consultado o 2024-12-09. 
  14. "Brain Records- Krautrock". www.furious.com. Consultado o 2024-12-09. 
  15. "BBC - Do It Yourself The Story of Rough Trade". 2022-09-07. Consultado o 2024-12-09. 
  16. 16,0 16,1 King, Richard (2012-03-22). "How indie labels changed the world". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-12-09. 
  17. Hagan, Joe. "Music; Ironic and Detached Long Before Fashion Caught Up". The New York Times. Consultado o 9 de decembro de 2024. 
  18. Pitchfork (2017-08-22). "The 200 Best Albums of the 1960s". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-12-09. 
  19. Gordon, Jeremy. "The Byrds: The Notorious Byrd Brothers". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-12-09. 
  20. Harris, John (2006-07-12). "Barrett's influence". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-12-09. 
  21. Costa, Maddy (2012-05-29). "Big Star Third – review". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-12-09. 
  22. Terry, Josh (2018-04-30). "Soccer Mommy Listens to Patti Smith's ‘Horses’ For The First Time". VICE (en inglés). Consultado o 2024-12-09. 
  23. "The Patti Smith song that "completely lifted" Michael Stipe". faroutmagazine.co.uk (en inglés). 2023-12-07. Consultado o 2024-12-09. 
  24. "#288 The Modern Lovers, 'The Modern Lovers' (1976)". Rolling Stone 500 Greatest Albums Of All Time (en inglés). Consultado o 2024-12-09. 
  25. "The Modern Lovers". Vinyl Me, Please (en inglés). Consultado o 2024-12-09. 
  26. "Sonic Youth deliver a fiery cover of The Stooges’ ‘I Wanna Be Your Dog’ from 1989 - Far Out Magazine". faroutmagazine.co.uk (en inglés). 2020-09-28. Consultado o 2024-12-09. 
  27. "From Patti Smith to The Beach Boys: Sonic Youth’s Thurston Moore shares his favourite songs of all time - Far Out Magazine". faroutmagazine.co.uk (en inglés). 2021-02-06. Consultado o 2024-12-09. 
  28. Soulsby, Nick (1 de febreiro de 2016). Cobain on Cobain Volume 9: Interviews and Encounters (Musicians in Their Own Words). Chicago Review Press
  29. Minsker, Evan (2012-12-02). "Watch: Dinosaur Jr. Perform with Johnny Marr, Kim Gordon, Lee Ranaldo, Frank Black, Kevin Drew, Tommy Stinson, Fred Armisen, More". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-12-09. 
  30. "Brian Eno is MORE DARK THAN SHARK". www.moredarkthanshark.org. Consultado o 2024-12-09. 
  31. "The Genius of… Marquee Moon by Television". Guitar.com (en inglés). Consultado o 2024-12-09. 
  32. "40 Years On: Pere Ubu’s The Modern Dance Revisited". The Quietus (en inglés). 2018-01-22. Consultado o 2024-12-09. 
  33. Hart, Ron (2018-06-21). "Wire Looks Back on Its Pioneering Art Punk Trilogy". Billboard (en inglés). Consultado o 2024-12-10. 
  34. O'Brien, David. "Q&A: Mike Mills of R.E.M., on his sweet life and hardcore sports fandom". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2024-12-10. 
  35. "The Embarrassment". Bar/None Records (en inglés). Consultado o 2024-12-10. 
  36. "BBC Radio 6 Music - Radcliffe and Maconie, Live from Manchester's Lesser Free Trade Hall - They Swear They Were There: Sex Pistols at the Lesser Free Trade Hall". BBC (en inglés). Consultado o 2024-12-11. 
  37. "The Monochrome Set Stay a Very Strange Course on ‘Maisieworld’, PopMatters". www.popmatters.com (en inglés). 2018-04-30. Consultado o 2024-12-11. 
  38. "Indie Rock’s Patron Saint Inspires a New Flock (Published 2007)" (en inglés). 2007-01-14. Consultado o 2024-12-11. 
  39. Abebe, Nitsuh (2005-10-24). "Twee as Fuck". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-12-11. 
  40. "Organised Chaos: Swell Maps Interviewed". The Quietus (en inglés). 2021-05-24. Consultado o 2024-12-11. 
  41. Lazell, Barry (1997). "Indie Hits 1980–1989", Cherry Red Books. ISBN 0-9517206-9-4
  42. Scott, Hayley (2016-06-08). "The Go-Betweens – 10 of the best". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-12-13. 
  43. Breznikar, Klemen (2022-04-19). "Alan Jenkins". It's Psychedelic Baby Magazine (en inglés). Consultado o 2024-12-13. 
  44. "Love Songs And Monster Songs: Jad Fair's Favourite Albums". The Quietus (en inglés). 2023-03-22. Consultado o 2024-12-13. 
  45. 45,0 45,1 "These Dunedin students want to revitalise the city's live music scene". Stuff. Consultado o 2024-12-13. 
  46. 46,0 46,1 "New Zealand Indie: Beyond Flying Nun and the “Dunedin Sound”". Bandcamp Daily. 2018-04-04. Consultado o 2024-12-13. 
  47. "Tall Dwarfs Songs, Albums, Reviews, Bio & More...". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-12-13. 
  48. "Popular music in New Zealand from 1900 to today". my.christchurchcitylibraries.com (en inglés). Consultado o 2024-12-13. 
  49. "Flying Nun History 1980-1995 - Articles at Undertheradar". www.undertheradar.co.nz. Consultado o 2024-12-13. 
  50. "Dunedin Sound - the sound of honesty?". AudioCulture (en inglés). Consultado o 2024-12-13. 
  51. "Dunedin Sound artists, music and albums". Chosic (en inglés). Consultado o 2024-12-13. 
  52. 52,0 52,1 Bannister, Matthew, ed. (2010). White boys, white noise: masculinities and 1980s indie guitar rock. Ashgate popular and folk music series. Aldershot, England Burlington, VT: Ashgate. p. 87. ISBN 978-1-4094-9374-7. 
  53. 53,0 53,1 "Explore: College Rock". AllMusic. 2010-12-29. Consultado o 2024-12-14. 
  54. Taylor, Steve (27 de setembro de 2006). The A to X of Alternative Music. Bloomsbury Academic. p. 129
  55. "The Rise and Fall of College Rock". The New Republic. ISSN 0028-6583. Consultado o 2024-12-14. 
  56. "How an NME cassette launched indie music". The Independent (en inglés). Consultado o 2024-12-14. 
  57. "C-86 Music Style Overview". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-12-14. 
  58. Tassell, Nige (2022-08-08). "Reel lives: how I tracked down the class of NME’s C86 album". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-12-14. 
  59. "The Genius Of… What Makes a Man Start Fires? by Minutemen". Guitar.com (en inglés). Consultado o 2024-12-14. 
  60. Masters, Marc. "Minutemen: Double Nickels on the Dime". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-12-14. 
  61. Azerrad, Michael (2002). Our band could be your life: scenes from the American Indie underground 1981 - 1991. Back Bay books (1. Back Bay paperback ed ed.). New York: Little, Brown and Company. ISBN 978-0-316-78753-6. 
  62. Moody, Mark. "Minutemen – Reflecting on the 40th Anniversary of “What Makes a Man Start Fires?”". Under the Radar Magazine (en inglés). Consultado o 2024-12-14. 
  63. Reft, Ryan (2013-01-10). "Economic Hardcore: Remembering the Minutemen Nearly 30 Years Later". Tropics of Meta (en inglés). Consultado o 2024-12-14. 
  64. Sacher, Andrew. "Dinosaur Jr's J. Mascis lists 10 albums that changed his life". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2024-12-14. 
  65. Sylvester, Nick (2012-01-16). "Wipers". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-12-14. 
  66. "Camper Van Beethoven and their recording odyssey". tapeop.com (en inglés). Consultado o 2024-12-14. 
  67. Jones, Kevin L. (2015-04-17). "Punk's Comedy Troupe The Dead Milkmen Discuss the Old Days". KQED (en inglés). Consultado o 2024-12-14. 
  68. Clarke, Patrick (2024-11-08). "Reissue of the Week: Violent Femmes’ Hallowed Ground". The Quietus (en inglés). Consultado o 2024-12-14. 
  69. 69,0 69,1 69,2 Aaron, Charles (outubro de 2005). "Notes from the Underground". Spin. 21 (10)
  70. "Explore: Shoegaze". AllMusic. 2011-02-24. Consultado o 2024-12-14. 
  71. Larkin, Colin, ed. (1992). The Guinness who's who of indie and new wave music. Guinness who's who of popular music series. Enfield, Middlesex: Guinness. ISBN 978-0-85112-579-4. 
  72. Barnett, David (2020-05-27). "Spike Island at 30: the Stone Roses gig was scary, shambolic – and pure bliss". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-12-15. 
  73. Lashua, Brett; Spracklen, Karl; Yavuz, M. Selim; Wagg, Stephen (24 de outubro de 2018). Sounds and the City Volume 2 · Volume 2. Springer Publishing. p. 305
  74. John Robb, The North Will Rise Again, Aurum Press, Londres, 2009, p 233
  75. "Music Capital City-introduction". web.archive.org. 2016-06-04. Consultado o 2024-12-15. 
  76. Muggs, Joe (2020-07-07). "Twisting my melon, man! The baggy, brilliant indie-rave summer of 1990". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-12-15. 
  77. Stanley, Bob (2015-05-27). "A cold night of chemical hair: the reality of the Stone Roses at Spike Island". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-12-15. 
  78. Sword, Harry (2018-03-29). "Wise up suckers! How grebo rivalled Britpop as the sound of 90s indie". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-12-15. 
  79. Quietus, The (2021-11-06). "“A Burst Of Dirty Thunder”: The Rise And Fall Of Grebo". The Quietus (en inglés). Consultado o 2024-12-15. 
  80. Trapp, Chad ChildersChad ChildersContributing Authors: Lauryn SchaffnerPhilip (2024-08-08). "Every Grunge 'Big 4' Album Ranked Worst to Best". Loudwire (en inglés). Consultado o 2024-12-15. 
  81. Shuker, Roy (27 de marzo de 2017). Popular Music: The Key Concepts. Taylor & Francis. p. 162
  82. "Explore: Indie Rock". AllMusic. 2011-01-05. Consultado o 2024-12-16. 
  83. Rogers 2008, p. 640
  84. Rosean, Samuel (2019-01-31). "The Beginner's Guide To: Slowcore". DrownedInSound (en inglés). Consultado o 2024-12-16. 
  85. Earles 2014, p. 124
  86. "Slowcore: A Brief Timeline". Bandcamp Daily. 2017-04-27. Consultado o 2024-12-16. 
  87. Harris, John (7 de xaneiro de 2010). Hail! Hail! Rock'n'Roll The Ultimate Guide to the Music, the Myths and the Madness. Little, Brown and Company.
  88. 88,0 88,1 Beaumont, Mark (2018-07-27). "Nine NME-invented scenes that shook the world (or didn't) from C86 to shroomadelica, fraggle and the NAM". NME (en inglés). Consultado o 2024-12-16. 
  89. "A Rough Guide To: Slacker Rock". Rough Trade. 2021-04-27. Consultado o 2024-12-16. 
  90. "500 Greatest Albums of All Time". Rolling Stone (en inglés). 2009-05-31. Consultado o 2024-12-16. 
  91. "Chapel Hill, N.C.: The new Seattle?". EW.com (en inglés). Consultado o 2024-12-17. 
  92. "They called Chapel Hill ‘The next Seattle.’ Here’s how this NC town leapt into spotlight". The News & Observer. Consultado o 17 de decembro de 2024. 
  93. "Merge Records and the Explosion of American Indie Rock". Columbia Magazine (en inglés). Consultado o 2024-12-17. 
  94. "Ten Early 90s Indie Songs That Say It All". HuffPost UK (en inglés). 2015-11-24. Consultado o 2024-12-17. 
  95. "Pulp are getting back together for gigs in 2023, Jarvis Cocker confirms". Sky News (en inglés). Consultado o 2024-12-17. 
  96. Huq, Rupa (24 de xaneiro de 2007). Beyond Subculture Pop, Youth and Identity in a Postcolonial World. Taylor & Francis. p. 142
  97. Huq, Rupa (15 de abril de 2016). Labouring the Point? The Politics of Britain in "New Britain". Taylor & Francis. p. 93
  98. The Last Party: Britpop, Blair and the Demise of English Rock; John Harris; Harper Perennial; 2003
  99. "British Alternative Rock". AllMusic. 2010-12-09. Consultado o 2024-12-18. 
  100. Cateforis, Theo (2013). The Rock History Reader. Routledge. p. 354
  101. 101,0 101,1 Connick, Tom (2018-04-30). "The beginner’s guide to the evolution of emo". NME (en inglés). Consultado o 2024-12-18. 
  102. 102,0 102,1 J. DeRogatis, Turn on your Mind: Four Decades of Great Psychedelic Rock (Milwaukee, WI: Hal Leonard Corporation, 2003), ISBN 0-634-05548-8, p 373.
  103. Earles, Andrew (15 September 2014). Gimme Indie Rock 500 Essential American Underground Rock Albums 1981-1996. Voyageur Press. p. 219
  104. "Interstellar Pop Underground: A History of the Elephant 6 Collective". Paste Magazine (en inglés). Consultado o 2024-12-19. 
  105. "Indie Electronic". www.wearetheguard.com. Consultado o 2024-12-19. 
  106. 106,0 106,1 106,2 "Indie Electronic Music Style Overview". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-12-19. 
  107. "Explore music: Space rock". Allmusic. 2011-02-14. Consultado o 2024-12-19. 
  108. Moore, Allan F; Martin, Remy (28 de setembro de 2018). Rock: The Primary Text Developing a Musicology of Rock. Taylor & Francis
  109. 109,0 109,1 J. Harris, Britpop!: Cool Britannia and the Spectacular Demise of English Rock (Da Capo Press, 2004), ISBN 0-306-81367-X, pp. 369-370
  110. S. Borthwick and R. Moy, Popular Music Genres: an Introduction (Edinburgh: Edinburgh University Press, 2004), ISBN 0-7486-1745-0, p. 188
  111. V. Bogdanov, C. Woodstra and S. T. Erlewine, All Music Guide to Rock: the Definitive Guide to Rock, Pop, and Soul (Milwaukee, WI: Backbeat Books, 3rd edn., 2002), ISBN 0-87930-653-X, pp. 911 e 1192
  112. V. Bogdanov, C. Woodstra and S. T. Erlewine, All Music Guide to Rock: the Definitive Guide to Rock, Pop, and Soul (Backbeat Books, 3rd edn., 2002), ISBN 0-87930-653-X, p. 1076
  113. "Stereophonics". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-12-19. 
  114. "Feeder". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-12-20. 
  115. "Comfort in Sound - Feeder". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-12-20. 
  116. "Coldplay". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-12-20. 
  117. 117,0 117,1 "Indie Anthology: The Strokes release their influential debut album 'Is This It'". CIND-FM. 19 de setembro de 2022
  118. Daly, Rhian (2021-07-30). "The Strokes’ world-changing ‘Is This It’ at 20: "They had a 'last gang in town' mentality"". NME (en inglés). Consultado o 2024-12-20. 
  119. "'Is This It' at 20: How The Strokes changed music forever". faroutmagazine.co.uk (en inglés). 2021-07-30. Consultado o 2024-12-20. 
  120. C. Smith, 101 Albums That Changed Popular Music (Oxford: Oxford University Press, 2009), ISBN 0-19-537371-5, p. 240
  121. "New bands race for rock stardom" (en inglés). 2002-10-22. Consultado o 2024-12-20. 
  122. 122,0 122,1 Beaumont, Mark (2020-09-01). "The term 'landfill indie' is pure snobbery from people who don't know how to have fun". NME (en inglés). Consultado o 2024-12-20. 
  123. "The Libertines Songs, Albums, Reviews, Bio & M...". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-12-20. 
  124. 124,0 124,1 "After The Libertines: What today's bands owe Carl and Pete - Features, Music - The Independent". web.archive.org. 2008-06-08. Consultado o 2024-12-20. 
  125. A. Goetchius, Career Building Through Social Networking (Rosen, 2007), ISBN 1-4042-1943-9, pp 21-22
  126. Kumi, Alex (2006-01-30). "Arctic Monkeys make UK chart history". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-12-20. 
  127. M. Spitz, "The 'New Rock Revolution' fizzles", May 2010, Spin, vol. 26, no. 4, ISSN 0886-3032, p. 95
  128. "Bright Eyes Sees Double : Soul Shine Magazine". web.archive.org. 2011-05-14. Consultado o 2024-12-20. 
  129. "Death Cab for Cutie Songs, Albums, Reviews, Bi...". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-12-20. 
  130. "Is Indie Dead?". Paste Magazine (en inglés). Consultado o 2024-12-20. 
  131. Britton, Luke Morgan (2017-05-15). "The Strokes on The Killers rivalry: 'Our songs are better than 'Mr Brightside', how come that's the one everyone is listening to?'". NME (en inglés). Consultado o 2024-12-20. 
  132. "MR BRIGHTSIDE". Official Charts (en inglés). 2004-06-05. Consultado o 2024-12-20. 
  133. 133,0 133,1 "The Top 50 Greatest Landfill Indie Songs of All Time". VICE (en inglés). 2020-08-27. Consultado o 2024-12-20. 
  134. "How landfill indie swallowed guitar music in the mid-Noughties". Independent. Consultado o 20 de decembro de 2024. 
  135. Beaumont, Mark (2020-05-04). "Mark, My Words: from Britpop to 'landfill indie', the lockdown is forcing us to face our musical pasts". NME (en inglés). Consultado o 2024-12-20. 
  136. "Does the world need another indie band? - Features, Music - The Independent". web.archive.org. 2010-03-04. Consultado o 2024-12-20. 
  137. Reynolds, Simon (2010-01-04). "Simon Reynolds's Notes on the noughties: Clearing up the indie landfill". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-12-20. 
  138. Robinson, Peter (2009-01-17). "All killer no landfiller". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-12-20. 
  139. "Nominees And Winners". GRAMMY.com. 2011-05-01. Consultado o 2024-12-21. 
  140. 140,0 140,1 "Did Vampire Weekend Win the Indie Rock Age?". Consequence (en inglés). 2019-05-07. Consultado o 2024-12-21. 
  141. O'Neill, Lauren (2018-05-09). "How Did Arctic Monkeys Become the Biggest Band in Britain?". VICE (en inglés). Consultado o 2024-12-21. 
  142. "Arctic Monkeys make Official Albums Chart history with AM". web.archive.org. 2013-09-29. Consultado o 2024-12-21. 
  143. "AM". Official Charts (en inglés). 2013-09-21. Consultado o 2024-12-22. 
  144. Renshaw, David (2013-09-19). "Arctic Monkeys return to US top ten for first time since 2007". NME (en inglés). Consultado o 2024-12-22. 
  145. "Gold & Platinum". RIAA (en inglés). Consultado o 2024-12-22. 
  146. "BRIT Certified". BPI (en inglés). Consultado o 2024-12-22. 
  147. "Music: The 1975". The National (en inglés). 2019-01-07. Consultado o 2024-12-22. 
  148. Summan, Yasmine. "10 incredible alternative albums that turn 10 in 2023". Alternative Press Magazine (en inglés). Consultado o 2024-12-22. 
  149. Beaumont, Mark (2016-03-06). "The 1975 review – rock rebels usher indie into the mainstream". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-12-22. 
  150. "The 200 Most Important Artists of the Last 25 Years". Pitchfork (en inglés). 2021-10-04. Consultado o 2024-12-22. 
  151. Connick, Tom (2018-09-21). "Get to know Healywave - the scene indebted to The 1975's signature sound". NME (en inglés). Consultado o 2024-12-22. 
  152. "Kasabian on track for sixth UK Number 1 album with The Alchemist’s Euphoria, out-selling rest of Top 5 combined". Official Charts (en inglés). 2022-08-15. Consultado o 2024-12-22. 
  153. Features, L. Kent Wolgamott, Last Word. "The accolades for U.K. rock band Wolf Alice are rolling in — but they’re not letting it get to their heads". Detroit Metro Times (en inglés). Consultado o 2024-12-22. 
  154. Young, Martyn (2021-02-14). "Martyn Young's Top 10s: The Best British Bands of the Last Decade". Dork (en inglés). Consultado o 2024-12-22. 

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Earles, Andrew (2014). Gimme Indie Rock: 500 Essential American Underground Rock Albums 1981-1996. Voyageur Press. ISBN 978-0-7603-4648-8. 


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]