Phil Spector
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Harvey Phillip Spector 26 de decembro de 1939 Bronx |
| Morte | 16 de xaneiro de 2021 Stockton |
| Causa da morte | COVID-19 |
| Educación | Fairfax High School |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Música |
| Ocupación | produtor musical |
| Período de actividade | 1958 |
| Xénero artístico | Música pop e música rock |
| Instrumento | Guitarra, piano e recording studio as an instrument (en) |
| Selo discográfico | Philles Records A&M Records Apple Records |
| Outro | |
| Cónxuxe | Ronnie Spector (1968–1972), divorcio |
| Condenado por | 1 second-degree murder (en) → (encarceramento) |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Phil Spector, Famed Music Producer and Convicted Murderer, Dies at 81 (en) |
| Sitio web | philspector.com |
Phillip Harvey "Phil" Spector, nado como Harvey Phillip Spector o 26 de decembro de 1939 no Bronx en Nova York[1] e finado o 16 de xaneiro de 2021,[2] foi un produtor e compositor estadounidense.
Creador da técnica de produción "Wall of Sound" (en galego, "muro de son") Spector foi o pioneiro no son dos grupos de rapazas dos anos 60 e produciu ao redor de 25 éxitos top 40 entre 1960 e 1965. Algúns dos seus grupos femininos máis famosos son The Ronettes e The Crystals. Despois do seu éxito inicial, Spector traballou con artistas como Ike e Tina Turner, John Lennon, George Harrison e Ramones con semellante aclamación. Produciu o álbum dos Beatles Let It Be, e o directo de George Harrison The Concert for Bangladesh. En 1989 Spector entrou no Rock and Roll Hall of Fame. A canción de 1965 "You've Lost That Lovin' Feelin'", producida e co-composta por Spector para The Righteous Brothers, está listada pola organización BMI como o tema máis emitido pola radio estadounidense no século XX. O derradeiro gran disco producido por el foi The End of Century de Ramones en 1979.[1]
No ano 2009 Spector foi declarado culpable de asasinato en segundo grao pola morte a tiros no 2003 da actriz Lana Clarkson na súa casa de Alhambra (California). Foi condenado a botar 19 anos no cárcere, pero uns meses antes de saír apañou a COVID-19 na prisión e faleceu unhas semanas máis tarde.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Gil, Pablo (17 de xaneiro de 2021). "Muere Phil Spector, productor gigante del pop, personaje siniestro". elmundo.es (en castelán). Consultado o 19 de xaneiro de 2021.
- ↑ "“Phil Spector morreu” : o produtor vítima de boatos de morte". Mediamass. Consultado o 16 de xaneiro de 2021.