Wonderful Wonderful é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativoThe Killers, publicado o 22 de setembro de 2017 a través do selo Island Records.[1] Foi o seu primeiro disco de estudio en cinco anos, dende o Battle Born (2012), o seu quinto álbum de estudio consecutivo en chegar ao número 1 da lista de álbums do Reino Unido. Tamén é o seu primeiro traballo en chegar ao número 1 da Billboard 200 estadounidense, vendendo o equivalente a 118 000 unidades na súa primeira semana. Wonderful Wonderful é o álbum máis recente de The Killers que inclúe a formación principal da banda, co guitarrista principal Dave Keuning e o baixista Mark Stoermer ausentes en Imploding the Mirage (2020) e Pressure Machine (2021), respectivamente.