Kid A
| Kid A | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Radiohead | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
Kid A é o cuarto álbum de estudio da banda inglesa de rock alternativo Radiohead, editado o 2 de outubro do 2000. Foi un éxito comercial en todo o mundo, sendo platino na súa primeira semana no Reino Unido. A pesar de non contar con ningún sinxelo oficial ou vídeo musical parade promoverse, Kid A converteuse na primeira edición de Radiohead en estrearse no número 1 nos Estados Unidos. Este éxito atribúese a unha única campaña de promoción, a filtración do álbum en Internet.
Kid A foi gravado en París, Copenhaguen, Gloucestershire e Oxford co produtor Nigel Godrich. A composición e gravación foi experimental para Radiohead, ao ter un son menos roqueiro e máis electrónico. Influenciada polo Krautrock, o jazz e a música clásica do século XX, Radiohead abandonou as súas composicións con tres guitarras para incluír un rango de instrumentos máis amplo en Kid A, usando teclados, o Ondes Martenot, e, nalgunhas composicións, cordas e metais. Kid A tamén ten letras máis minimalistas e abstractas que o anterior disco da banda.
Kid A foi listada como unha das 50 gravacións máis importantes da década polo programa All Songs Considered da emisora estadounidense National Public Radio[1]. A páxina web Rockfeedback situouno no segundo posto da súa lista dos mellores álbums da década[2]. Foi tamén colocado no posto 67 da lista da olling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[3].
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Radiohead, agás onde se indique.
| N.º | Título | Escritor(es) | Duración |
|---|---|---|---|
| 1. | "Everything in Its Right Place" | 4:11 | |
| 2. | "Kid A" | 4:44 | |
| 3. | "The National Anthem" | 5:51 | |
| 4. | "How to Disappear Completely" | 5:56 | |
| 5. | "Treefingers" | 3:42 | |
| 6. | "Optimistic" | 5:15 | |
| 7. | "In Limbo" | 3:31 | |
| 8. | "Idioteque" | Radiohead, Paul Lansky | 5:09 |
| 9. | "Morning Bel" | 4:35 | |
| 10. | "Motion Picture Soundtrack" | 6:59 |