Riot Grrrl (ou Riot Grrl) é un movemento musical feminista que tivo o seu esplendor na década dos 90 pero que continúa tendo unha significante influencia na música e cultura actual. O termo Riot Grrrl é tamén a designación dun xénero, referido á música punk rock feita polos membros iniciais do movemento. Tamén pode referirse aos individuos auto-proclamados Riot Grrrls, que continúan promovendo a subcultura punk feminista do "faino ti mesmo" creando bandas de mulleres, festivais de música centrados nas mulleres, reunións e publicacións independentes ou fancines.