Art rock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Art rock
Orixes do estilo: rock, música de vangarda, rock experimental, baroque pop, rock psicodélico
Orixes culturais: principios dos 60 no Reino Unido
Instrumentos típicos: teclados, guitarra, baixo e batería
Popularidade: algunhas bandas acadaron a popularidade nos 70, e dende entón conserva unha pequena base de seguidores
Derivados: rock progresivo, glam rock, post-punk

Art Rock é un subxénero do rock and roll caracterizado por seus ambiciosos temas líricos e experimentacións melódicas, harmónicas ou rítmicas, frecuentemente saíndo das fronteiras pop e indo en dirección ao jazz, clásico, electrónico. A designación "art rock" é vaga, unha vez que poucos artistas actuais aspiran abertamente a este título.

Orixinouse no Reino Unido nos anos 60, con influencias da arte, avant-garde e música clásica. A primeira vez que foi usado o termo, segundo o Merriam-Webster Online Dictionary, foi en 1968. Influenciado polo traballo dos Beatles, principalmente polo seu álbum Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band, o art rock foi unha forma de música que quería "estender os límites do rock & roll", e optou por unha perspectiva da música máis experimental e conceptual.

O termo rock progresivo ás veces pode intercambiarse co de art rock. Mentres que o rock progresivo caracterízase por técnicas instrumentais máis tradicionais e texturas sinfónicas, o art rock é máis desafiante, ruidoso e menos convencional, enfatizando o experimental e vangardista.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.