Ned's Atomic Dustbin
Ned's Atomic Dustbin | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Stourbridge, ![]() |
Período | 1987 - 1995 2000 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, power pop, grebo, indie punk |
Selo(s) discográfico(s) | Furtive, Sony, Columbia, Spitfirepink |
Membros | Jonn Penney Alex Griffin Dan Worton Gareth "Rat" Pring Matt Cheslin |
Antigos membros | Andy King Martin Warlow Wiz |
Na rede | |
nedsatomicdustbin.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ned's Atomic Dustbin é unha banda inglesa de rock alternativo formada en Stourbridge, West Midlands, en novembro de 1987. A banda toma o seu nome dun episodio do programa cómico de radio The Goon Show.[1] A banda utiliza dous baixistas na súa formación: Alex Griffin toca liñas melódicas cun baixo, e Matt Cheslin toca as liñas de baixo co outro. Isto dálle á banda un grave son hardcore tenso con efectos de distorsión de guitarra e baterías enerxéticas.[1]
A banda formouse no sexto curso da escola e gravou o seu primeiro álbums cando algúns dos seus membros aínda eran adolescentes. Isto fixo que tivese unha gran base de seareiros adolescentes cunha reputación de gozar facendo crowd-surfing e moshing nos seus concertos. A banda tamén destacou (e de cando en vez era ridiculizada) pola súa estética inicial, que consistía en cabelo rizado uniformemente e unha predilección por pantalóns curtos deportivos e camisetas de bandas e skateboard. "The Neds" (como a banda é coñecida polos seus seguidores) eran ben coñecidos polas súas propias camisetas, chegando a producir 85 deseños diferentes en tan só tres anos (1987-1990). En 2009 Jonn Penney dixo, "aínda estamos engadindo deseños, os vellos hábitos tardan en morrer".[2]
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbums[editar | editar a fonte]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Bite | 1990 | Chapter 22 |
God Fodder | 1991 | Furtive |
And Besides... | 1992 | Furtive |
Are You Normal? | 1992 | Furtive |
0.522 | 1994 | Furtive |
Brainbloodvolume | 1995 | Furtive |
Intact - The Singles Collection | 1998 | Sony |
One More: No More | 2001 | Gig |
Terminally Groovy: The Best of Ned's Atomic Dustbin | 2003 | Castle |
Session | 2004 | Shakedown |
Some Furtive Years: A Ned's Anthology | 2007 | Camden |
Reunited: 21 Years 21 Songs | 2009 | Nyquest |
KYTV 25: Live at Koko | 2015 | Nyquest |
Ned's Acoustic Dustbin | 2019 | Good Deeds |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Information on Neds Atomic Dustbin". web.archive.org. 2009-01-07. Consultado o 2022-06-20.
- ↑ "Ned’s Atomic Dustbin interview". The Digital Fix. Consultado o 2022-06-21.