Garage punk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Garage punk
Orixes do estilo: garage rock, punk rock, proto-punk
Orixes culturais: principios dos 80 nos Estados Unidos
Instrumentos típicos: guitarra, baixo, batería, teclados
Popularidade: principalmente underground, pero algunhas bandas acadaron o éxito entre o grande público
Derivados: garage rock revival, rock alternativo

Garage punk é unha fusión de garage rock e punk rock. Trátase dunha música lo-fi rápida caracterizada pola sucidade e por guitarras de son entrecortado interpretada normalmente por bandas que están en selos independentes ou sen contrato. Os grupos de garage punk adoitan a distanciarse do hardcore punk e das bandas de punk rock máis políticas.

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo a guía de Allmusic, "antes de que a revitalización do punk pop estadounidense dos 90 chegase ao gran público, unha variedade distinta de revivalismo punk estivera collendo forma na escena underground do indie rock. En xeral, o garage punk no era tan melódico como o punk pop; en cambio, o garage punk estaba inspirado principalmente nas bandas de proto-punk de Detroit The Stooges e MC5". Outros importantes precedentes son as bandas Death e The Modern Lovers.

O xénero orixinouse a partir de bandas de punk rock dos 70 e os 80, ademais de grupos de garage rock dos 60 que, influenciados polo son e a actitude de grupos británicos de rhythm and blues, crearon un son máis cru e directo. As primeiras bandas británicas de punk rock como The Clash adoitaban a caracterizarse como grupos de garage. Aínda que as súas orixes está no punk rock e o garage rock, ás veces tamén incorpora elementos do soul dos 60, da beat music, surf music, power pop, hardcore punk e psicodelia.