Syd Barrett
Syd Barrett | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Roger Keith Barrett |
Data nacemento | 6 de xaneiro de 1946 |
Nado en | Cambridge ![]() |
Falecemento | 7 de xullo de 2006 |
Cambridge | |
Causa | cancro de páncreas e Diabetes mellitus |
Ocupación | guitarrista, vocalista, poeta e cantautor |
Instrumento(s) | guitarra, voz |
Relacionado con | Pink Floyd |
Pseudónimo | Syd Barrett |
Na rede | |
http://www.sydbarrett.com e https://www.sydbarrett.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Syd Barrett, nado Roger Keith Barrett, nado o 6 de xaneiro de 1946 en Cambridge e finado o 7 de xullo de 2006 no mesmo lugar, foi un guitarrista, cantante e compositor británico cofundador da banda Pink Floyd en 1964 na que permaneceu ata 1968 substituído por David Gilmour.
Biografía[editar | editar a fonte]
A primeira banda na que entrou Syd Barrett foi en 1961, na Geoff Mott and the Mottoes, despois estivo en The Hollering Blues en 1962 e en 1963 en Those Without, todas bandas do seu Cambridge natal, de curta vida e pouca transcendencia.
Os dous primeiros sinxelos de Pink Floyd, Arnold Layne e See Emily Play, así como o primeiro álbum The Piper at the Gates of Dawn (1967) fixéronse baixo a influencia de Barrett. Durante o seu tempo con Pink Floyd Syd Barrett comezou a experimentar coas drogas, especialmente o LSD, tensionando a relación cos outros membros da banda, pesando tamén a presión por manter o nivel despois dos primeiros éxitos comerciais do grupo, e despois dunha xira desastrosa polos Estados Unidos a banda decidiu integrar a David Gilmour, antigo compañeiro de instituto de Syd, como segundo guitarrista para cubrir a Syd pero a situación non durou moito, o último concerto cos cinco membros foi o 20 de xaneiro de 1968 en Hastings, a separación oficial de Syd e os Pink Floyd foi o 6 de abril de 1968.
Syd intentou realizar unha carreira en solitario pero fallou despois de só dous álbums polo aumento do consumo de drogas que o conduciron a un comportamento caótico e á letarxia, as súas últimas gravacións de estudio datan de novembro de 1974, Syd viviu desde entón completamente retirado na súa casa de Cambridge ata a súa morte, en 1998 detectáronlle diabetes mellitus tipo 2.
Músico e compositor[editar | editar a fonte]
Syd Barrett está na historia da música como un compositor xenial, Syd tiña a habilidade para compoñer cancións curtas e cativantes cunha melodía e harmonía infrecuente e con efectos electrónicos na onda do rock psicodélico. Ademais, Syd Barrett participou na innovadora conexión de música rock e efectos visuais. Baixo o seu liderado, Pink Floyd desenvolveu o primeiro espectáculo con efectos de luz. Syd Barrett escribiu case todas as cancións do primeiro álbum de Pink Floyd, a súa música recibiu diversas influencias, pezas como . As súas músicas son diversas influencia musicais xuntos. Pezas como "Matilda Mother" teñen a súa inspiración en antigas cancións infantís, "Here I Go" ten semellanzas coas cancións de Music Hall. A máis famosa peza de Barrett é "Astronomy Domine" usa un acorde infrecuente (E Eb G A), esta progresión xunto co uso dunha máquina de eco Binson para a guitarra deulle un moi distintivo carácter psicodélico.
Despois da separación de Pink Floyd Barrett continuou con dous álbums en solitario "The Madcap Laughs" e "Barrett", demostrando a súa forza como compositor, cancións como "Golden Hair" ou "Happy Together" están entre as súas mellores.
Discografía[editar | editar a fonte]
Con Pink Floyd[editar | editar a fonte]
- The Piper at the Gates of Dawn, 1967
- A Saucerful of Secrets, 1968
Álbums de estudio[editar | editar a fonte]
- The Madcap Laughs, 1970
- Barrett, 1970