Saltar ao contido

Franz Ferdinand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Franz Ferdinand en concerto
OrixeGlasgow, Escocia
Período2002 - presente
Xénero(s)rock alternativo, indie rock, art rock
Selo(s) discográfico(s)Domino Records, Sony BMG/Epic
MembrosNick McCarthy
Paul Thomson
Robert Hardy
Alex Kapranos
Artistas relacionadosFFS, The Yummy Fur, Sparks, LCD Soundsystem, Andy Knowles
Na rede
franzferdinand.co.uk
IMDB: nm1661222 Facebook: officialfranzferdinand Twitter: Franz_Ferdinand Instagram: franz_ferdinand Tumblr: rightthoughtsrightwords MySpace: franzferdinand Youtube: UCrvJwuMaOeKg1Rb062glUJQ TikTok: officialfranzferdinand Souncloud: franzferdinand Spotify: 0XNa1vTidXlvJ2gHSsRi4A iTunes: 6596751 Last fm: Franz+Ferdinand Musicbrainz: aa7a2827-f74b-473c-bd79-03d065835cf7 Songkick: 323763 Discogs: 170994 Allmusic: mn0000172582 Deezer: 919 Editar o valor en Wikidata

Franz Ferdinand é unha banda escocesa de rock alternativo formada en Glasgow no ano 2002. O grupo está composto por Alex Kapranos (voces, guitarra e teclados), Bob Hardy (baixo), Nick McCarthy (guitarra, tecados e coros) e Paul Thomson (batería, percusión e coros). Ata a data leva publicados catro álbums de estudio: Franz Ferdinand (2004), You Could Have It So Much Better (2005), Tonight: Franz Ferdinand (2009) e Right Thoughts, Right Words, Right Action (2013) ademais de varios EPs, numerosos sinxelos, un álbum de remesturas e un DVD.

O seu nome inspirouse orixinalmente nun cabalo de carreiras chamado Archduke Ferdinand.[1] Despois de ver que o cabalo gañara a carreira Northumberland Plate en 2001 a banda comezou a barallar chamarse Archduke Franz Ferdinand debido á aliteración do nome e ás implicacións da morte do arquiduque (o seu asasinato foi un factor moi importante para o inicio da primeira guerra mundial).

Biografía

[editar | editar a fonte]

Os membros do grupo tocaron en distintas bandas ao longo dos nos 90, como The Karelia, Yummy Fur, 10p Invaders ou Embryo. A finais de 2001, o cantante e guitarrista Alex Kapranos e o baixista Robert Hardy comezaron a tocar xuntos en Glasgow. Despois de coñecer a Nicholas McCarthy nunha festa, eles comezaron a ensaiar xuntos na casa deste. McCarthy tiña unha formación clásica de piano e de contrabaixo, pero inicialmente ocupou o posto de batería da banda. O trío entón coñeceu a Paul Thomson, o cal tocara a batería en Yummy Fur. Thomson orixinalmete guitarrista, xa que quería probar con outro instrumento, pero, unha vez que Nicholas comezou a tocar a batería, déronse conta de que non sabía facelo, polo cal Thomson colleu as baquetas e Nicholas pasou a ser a guitarra solista.

A banda comezou a tocar nunha casa abandonada das aforas de Glasgow chamada The Château. Alí facían concertos mesturando música e arte, xa que Hardy estudaba pintura na Glasgow School of Art nesa época. Cando a policía lles prohibiu seguir facendo estes eventos eles atoparon unha casa vitoriana abandonada para seguir tocando.

A banda gravou un EP coa intención de editalo eles mesmos, pero a súa reputación estaba medrando rapidamente e Domino Records ofreceulles un contrato para editar o EP Darts of Pleasure a finais do 2003. A banda fixo medrar a súa reputación tocando con Hot Hot Heat e Interpol, así como gañando o premio "Phillip Hall Radar Award" da revista NME en 2004. Epic Records asinou un contrato coa banda en 2004 para os Estados Unidos, aínda que o selo principal para o resto do mundo é Domino.

O grupo trasladouse aos Gula Studios en Malmö, Suecia, co produtor de The Cardigans Tore Johansson para gravar o seu álbum de estrea. En xaneiro de 2004 o sinxelo "Take Me Out" acadou o número 3 nas listas británicas. O disco, Franz Ferdinand, publicouse a principios dese ano, estreándose no 3 da lista británica de álbums no mes de febreiro, e no 12 da lista australiana en abril. Nos Estados Unidos non tivo tanta repercusión na Billboard 200 a comezos de 2004, pero acadou o top 5 das listas de indie rock e da Heatseeker para artistas noveis. Despois dun par de xiras por Norteamérica e de que o vídeo de "Take Me Out" tivese unha alta rotación na MTV, o disco finalmente chegou ao número 32 da Billboard 200 posteriormente nese ano, vendendo ao redor dun millón de copias nos Estados Unidos. En xeral Franz Ferdinand tivo unha resposta moi positiva entre a crítica.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Franz Ferdinand 2004 Domino Records
You Could Have It So Much Better 2005 Domino Records
Tonight: Franz Ferdinand 2009 Domino Records
Right Thoughts, Right Words, Right Action 2013 Domino Records
Always Ascending 2018 Domino Records
  1. BBC Sport (ed.). "Archduke Ferdinand takes Plate honours". Consultado o 4 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]