Saltar ao contido

Godspeed You! Black Emperor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Godspeed You! Black Emperor
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Discografía
Datas
 Fundación / creación
1994 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1994 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF138331932 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000094033591 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/014xc9 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: Godspeed-You-Black-Emperor-8421198748 MySpace: gybeconstellation Youtube: UCDhKhucVT-9sNQExgHPcabg Bandcamp: godspeedyoublackemperor Spotify: 4svpOyfmQKuWpHLjgy4cdK Last fm: Godspeed+You!+Black+Emperor Musicbrainz: 3648db01-b29d-4ab9-835c-83f6a5068fe4 Songkick: 182957 Discogs: 280442 Allmusic: mn0000665945 Deezer: 517851 Genius: Godspeed-you-black-emperor Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Godspeed You! Black Emperor (anteriormente escrito como Godspeed You Black Emperor! e normalmente abreviado como GYBE, GY!BE ou Godspeed)[1][2] é unha banda canadense de post-rock procedente de Montreal, Quebec e formada en 1994. Foron o primeiro grupo en editar as súas gravacións a través de Constellation, un influente selo discográfico independente tamén localizado en Montreal.

O grupo publicou o seu álbum de estrea, F♯ A♯ ∞, en 1997 e xirou con regularidade dende 1998 ata 2002. O seu segundo traballo, Lift Your Skinny Fists Like Antennas to Heaven (2000), foi aclamado pola crítica e foi nomeado como un dos mellores álbums da década. Tras o lanzamento de Yanqui U.X.O. (2002), o grupo anunciou un hiato indefinido para que os seus membros se dedicasen a outros proxectos musicais.

Nese período falouse varias veces da separación definitiva de Godspeed You! Black Emperor,[3][4] pero volveu reunirse para unha xira que tivo lugar entre finais do 2010 e principios do 2011, tocando tamén no festival de Coachella do 2012. O seu primeiro álbum tras a reunión foi Allelujah! Don't Bend! Ascend! (2012) e gañou o Polaris Music Prize en 2013.[5] Este foi seguido por Asunder, Sweet and Other Distress (2015), Luciferian Towers (2017), G_d's Pee at State's End! (2021) e No Title as of 13 February 2024 28,340 Dead (2024).

Godspeed You! Black Emperor é considerada unha banda de culto e unha grande influencia no xénero do post-rock.[6][7][8][9] A súa música, principalmente de natureza instrumental, destaca polos seus contrastes entre paisaxes sonoras ambientais e crescendos caóticos; o uso de gravación de campo e monólogos de palabra falada; e céntrase ne temas distópicos, anárquicos e anti-bélicos. Os membros do grupo formaron varios proxectos paralelos, como Thee Silver Mt. Zion Memorial Orchestra & Tra-La-La Band, Fly Pan Am, HṚṢṬA, Esmerine, e Set Fire to Flames.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
All Lights Fucked on the Hairy Amp Drooling1994autoeditado
F♯ A♯ ∞1997Constellation/Kranky
Lift Your Skinny Fists Like Antennas to Heaven2000Constellation/Kranky
Yanqui U.X.O.2002Constellation
'Allelujah! Don't Bend! Ascend!2012Constellation
Asunder, Sweet and Other Distress2015Constellation
Luciferian Towers2017Constellation
G_d’s Pee AT STATE’S END! 2021 Constellation
No Title as of 13 February 2024 28,340 Dead 2024 Constellation

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Henderson, Stuart (2012-10-11). "Noted and Notable: New GY!BE and More » PopMatters". www.popmatters.com (en inglés). Consultado o 2025-10-13.
  2. "Godspeed You! Black Emperor". Constellation (en inglés). Consultado o 2025-10-13.
  3. "Godspeed You! Black Emperor quit over Iraq". NME (en inglés). 2008-02-09. Consultado o 2025-01-27.
  4. "Godspeed Still on Hiatus, Not Completely Broken Up". Pitchfork (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2008. Consultado o 2025-01-27.
  5. The Guardian (ed.). "Godspeed win top music prize, then say awards event is 'insane'". Consultado o 29 de decembro de 2017.
  6. The Key (ed.). "Just Announced: Post-rock cult faves Godspeed You! Black Emperor headlining Union Transfer". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2017. Consultado o 29 de decembro de 2017.
  7. Evening Standard (ed.). "Godspeed You! Black Emperor, O2 Academy Brixton - music review". Consultado o 29 de decembro de 2017.
  8. "Listen To The New Godspeed You! Black Emperor LP". web.archive.org. 2014-02-22. Archived from the original on 22 de febreiro de 2014. Consultado o 2025-01-27.
  9. "Review: Godspeed You! Black Emperor - Allelujah! Don't Bend! Ascend! [Album] - #AltSounds". web.archive.org. 2013-03-18. Archived from the original on 18 de marzo de 2013. Consultado o 2025-01-27.