DIY

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Do It Yourself (DIY) é unha expresión inglesa que significa Faino ti mesm@, refirida á práctica de fabricar ou reparar algo por conta propia en vez de comprar ou pagar por un traballo profesional.

Historia[editar | editar a fonte]

A finais da década dos 70 o principio do DIY tornouse profundamente asociado ao anarquismo e a outros movementos anticonsumistas. Como concepto ou principio ético, DIY cuestiona o suposto monopolio das técnicas por especialistas e estimula a capacidade das persoas para aprenderen a realizar cousas alén do que tradicionalmente se crían quen de facer.