Saltar ao contido

The Olivia Tremor Control

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Olivia Tremor Control
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Características
 Xénero artístico
Implicados
 Selo discográfico
Datas
 Fundación / creación
1992 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1992 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF133910047 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000122881177 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02tgtt Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: TheOliviaTremorControl Spotify: 4a2nAPF15Gv8V65Ba3IJSB Apple Music: 2872017 Last fm: The+Olivia+Tremor+Control Musicbrainz: d62842be-03d8-414b-a8d6-36f4b3b563ed Songkick: 482242 Discogs: 252619 Allmusic: mn0000890559 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

The Olivia Tremor Control foi unha banda estadounidense de psicodelia procedente de Athens, Xeorxia que publicou dous álbums de estudio, un disco extra, unha colección de sinxelos e un álbum ao vivo entre 1996 e 2000. Os seus principais membros foron Will Cullen Hart, Bill Doss, Eric Harris, John Fernandes e Peter Erchick. Combinaron indie rock e neopsicodelia, tomando influencia de bandas de pop psicodélico da década de 1960, como os Beach Boys e os Beatles.

The Olivia Tremor Control orixinouse como unha banda chamada Cranberry Lifecycle, formada en Ruston, Louisiana a finais dos 80 por Hart e o seu amigo do instituto Jeff Mangum. Os dous mudáronse a Athens, e reelaboraron cancións de Cranberry Lifecycle como unha nova banda chamada Synthetic Flying Machine. Despos de que se unise Doss, Mangum deixou o grupo para traballar nun proxecto en solitario que posteriormente se convertería en Neutral Milk Hotel. Doss e Hart rebautizaron á banda The Olivia Tremor Control e recrutaron a Fernandes, Harris, e Erchick. Con esta formación, The Olivia Tremor Control publicou dous álbums: Dusk at Cubist Castle (1996) e Black Foliage (1999). Ambos álbums recibiron críticas positivas.

Tras o lanzamento de Black Foliage, s tensións creceron entre Hart e Doss, e a banda separouse no ano 2000. Hart foi hospitalizado con esclerose múltiple en 2005, e cando Doss foi visitalo, os dous reconciliáronse e reuniron a banda en 2009. A metade das sesións de gravación dun terceiro álbum, Doss morreu dun aneurisma en 2012.[1] Hart morreu en 2024.[2]

Discografía

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Music from the Unrealized Film Script: Dusk at Cubist Castle1996Flydaddy
Explanation II: Instrumental Themes and Dream Sequences1998Flydaddy
Black Foliage: Animation Music Volume One1999Flydaddy, Cloud Recordings
Singles and Beyond2000Emperor Norton
John Peel Session2000Chunklet Magazine
  1. Battan, Carrie (2012-07-31). "Bill Doss of Olivia Tremor Control Has Died". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-12-21.
  2. "Will Cullen Hart, Elephant 6 & Olivia Tremor Control Co-Founder, Dead At 53". Stereogum (en inglés). 2024-11-29. Consultado o 2024-12-21.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]