Cabaret Voltaire (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabaret Voltaire
OrixeSheffield, Yorkshire (Inglaterra)
Período1973 - 1994
2009 - 2021
Xénero(s)Industrial, post-punk, dance alternativo, techno, house, rock experimental, ambient techno
Selo(s) discográfico(s)Industrial Records, Rough Trade, Some Bizarre/Virgin
MembrosRichard H. Kirk
Stephen Mallinder
Chris Watson
Artistas relacionadosAcid Horse, Electronic Eye, Hafler Trio, Sandoz, Sweet Exorcist
Na rede
http://brainwashed.com/cv/
IMDB: nm0127525 Facebook: CabaretVoltaireOfficial Twitter: CabsVoltaire MySpace: cabaretvoltaire Bandcamp: cabaretvoltaire Spotify: 2kS4yz85MaZlxp2VaS3BEe iTunes: 15784928 Last fm: Cabaret+Voltaire Musicbrainz: 439a29ad-f4ef-4857-a7cd-3d4a551056c8 Songkick: 135254 Discogs: 11202 Allmusic: mn0000635413 Deezer: 4271 Editar o valor em Wikidata

Cabaret Voltaire foi un grupo musical inglés.

Inicialmente formado por Stephen Mallinder, Richard H. Kirk e Chris Watson, o grupo tomou o seu nome do Cabaret Voltaire, un club de Zürich, Suíza, que foi o epicentro dos inicios do movemento dadaísta. As súas primeiras actuacións estiveron influenciadas polo dadaísmo, pero máis tarde Cabaret Voltaire converteuse nun dos grupos máis prolíficos e importantes que fusionaron o pop co dance, o techno, o house dub e a música experimental electrónica.

Historia[editar | editar a fonte]

O grupo formouse en Sheffield en 1973. Adicados á experimentación na creación e o procesamento de sons, parecían interesarse máis no son en si mesmo que nas propias cancións. Estes primeiros experimentos están documentados nunha edición de tres discos compactos chamada Methodology (Mute, 2002). Naquela época ofrecían algunhas actuacións en directo que adoitaban atraer a hostilidade das audiencias proletarias de Sheffield. Nun destes incidentes Mallinder foi hospitalizado con vértebra astillada logo de que o público lanzara obxectos contra a banda. Porén, a chegada do punk rock trouxo unha audiencia máis tolerante e aberta ó son electrónico e industrial que facían.

En 1978 Cabaret Voltaire asinou contrato coa discográfica Rough Trade Records. Con este selo editaron numerosos sinxelos musicalmente experimentais que foron moi aclamados, incluíndo "Extended Play", "Nag Nag Nag", "Three Mantras" e "3 Crepuscule Tracks", e álbums como The Voice Of America (1980) e o aclamado Red Mecca (1981).

Durante esta época fixeron xiras por Europa, Xapón e América sen o apoio dunha discográfica maioritaria, e editando un álbum en directo gravado no Xapón en 1982, chamado Hai!. En 1983, coincidindo co abandono de Watson (que formou o grupo The Haflter Trio xunto con Andrew M. McKenzie, antes de converterse en enxeñeiro de son para a BBC e, posteriormente, solista), Cabaret Voltaire decidiu conscientemente acarreirar o seu son cara a unha dirección máis comercial, co álbum The Crackdown (Virgin Records). Esta decisión foi recompensada, xa que o álbum acadou o posto 31º no Reino Unido (uns 60 postos máis alto que o seu anterior e única aparición nas listas do Reino Unido). En 1984 os sinxelos "Sensoria" e "James Brown", pertencentes ó disco Micro Phonies (Virgin Records), tiveron presenza nas listas de música independente e soaron con forza na escena underground da época.

En 1987 a banda lanzou o disco Code, seguido polo álbum Groovy, Laidback & Nasty, de grande influencia house, en 1990. Unha serie de traballos completamente instrumentais foron editados polo selo Instict Records baixo o nome de Cabaret Voltaire, en 1993 e 1994 pero, ó parecer, tratábase dunha produción exclusivamente realizada por Richard H. Kirk. Porén, Mallinder estivo involucrado nestas gravacións, aínda que a súa voz non estivese presente nas mesmas. O único álbum no que a participación de Mallinder é cuestionable é The Conversation (1994), no que Kirk aparece acreditado como o responsable da instrumentación, programación, arranxos e mesturas, e Mallinder aparece só como coautor das cancións. O último lanzamento de Cabaret Voltaire no que Mallinder pon a súa voz é o sinxelo ethno-techno "Colours", de 1990.

Desde os finais dos anos oitenta Kirk comezara unha carreira en solitario baixo distintos nomes, incluíndo Electronic Eye e Sandoz, mentres que Mallinder se mudara a Perth, Australia, gravando alí algúns traballos cun colaborador baixo o nome de Sassi & Loco, e máis recentemente, colaborando cos Kuling - Bros. Mallinder tamén se dedicou a impulsar a súa propia discográfica Offworld Sounds e contribuíu ó mando dos sintetizadores e a programación no disco en solitario de Shaun Ryder (cantante de The Happy Mondays), Amateur Night At The Big Top.

As esperanzas dunha reunión de Cabaret Voltaire acrecentáronse a finais dos noventa, cando Kirk fixo algún comentario ó respecto. O máis significativo é un comentario de Kirk na reedición de Radiation onde afirmaba estar traballando en novo material de Cabaret Voltaire que pronto sairía á luz. Porén, isto nunca ocorreu e a reunión do grupo parece improbable nun futuro próximo. Nunha edición especial de Q Magazine, titulada "Depeche Mode / History of Electro - Pop", Kirk declarou que aínda consideraba a resurrección do nome de Cabaret Voltaire, pero que nesta ocasión tiña pensado "involucrar xente moza no proxecto", suxerindo que o papel de Mallinder no grupo podería ter concluído.

Membros do grupo[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Sinxelos/EPs[editar | editar a fonte]

  • Extended Play EP (cancións: Talkover/Here She Comes Now/Do The Mussolini (Headkick)/The Set Up) (Xullo 1978)
  • Baader-Meinhof/Sex in Secret en A Factory Sample (xaneiro de 1979)
  • Nag Nag Nag (abril de 1979)
  • Silent Command/Chance Versus Causality (outubro de 1979) UK #10 Indie
  • Three Mantras (xaneiro de 1980) UK #10 Indie
  • Seconds Too Late (setembro de 1980) UK #8 Indie
  • Sluggin' For Jesus/Your Agent Man (marzo de 1981)
  • Eddie's Out/Walls of Jericho (xullo de 1981) UK #6 Indie (as primeiras copias incluían un sinxelo de 7" gratuíto coas cancións "Jazz the Glass"/"Burnt to the Ground")
  • Yashar
  • Crackdown/Just Fascination (Decembro 1982)
  • Just Fascination (xullo de 1983) #94 UK
  • The Dream Ticket (setembro de 1983)
  • Yashar (Remix) (outubro de 1983) UK #6 Indie
  • Sensoria (marzo de 1984) #96 UK
  • James Brown (outubro de 1984) #100 UK
  • Drinking Gasoline Virgin (Xaneiro 1985)
  • I Want You (xuño 1985) #91 UK
  • Shakedown (marzo de 1986)
  • The Drain Train (xullo de 1986) #5 UK Indie
  • Don't Argue (febreiro 1987) #69 UK
  • Here To Go (setembro 1987) US #16 Hot Dance Music/Club Play, UK #88
  • Hypnotised (decembro de 1989) #66 UK
  • Keep On (xuño de 1990) #55 UK
  • Easy Life (outubro de 1990) #61 UK
  • Colours (xaneiro de 1991)
  • What Is Real (abril de 1991)
  • Percussion Force (setembro de 1991)
  • I Want You/Kino '92 (febreiro de 1992)
  • Nag Nag Nag (outubro de 2002)

Aparicións en recompilatorios[editar | editar a fonte]

Proxectos relacionados[editar | editar a fonte]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

  • Na película Todo nun día, pódese ver un póster de Cabaret Voltaire na habitación de Ferri. É a portada do seu disco Micro - Phonies (1984).
  • Os samples de "Don´t Argue" proveñen dunha película propagandística americana de 1945 chamada "Your Job In Germany", dirixida por Frank Capra e con guión de Thedor Seuss Geisel (coñecido como "Dr. Seuss".
  • En 2002 o director Eve Wood realizou o documental "Made In Sheffield", sobre a historia da escena musical da zona, incluíndo a bandas como Cabaret Voltaire, Heaven 17, ABC, Clock DVA, Human League ou Pulp.
  • En 1987 a empresa de software Firebird lanzou un videoxogo para Commodore 64 e ZX Spectrum chamado "I-Ball". A versión para Commodore 64 incluía música escrita por Rob Hubbard, baseada nas cancións "Whip Blow" e "I Want You" de Cabaret Voltaire.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]