Jimmy Eat World é unha banda estadounidense de rock alternativo procedente de Mesa (Arizona), formada no ano 1993. O grupo está composto polo vocalista e guitarrista Jim Adkins, o guitarrista e corista Tom Linton, o baixista Rick Burch e o batería Zach Lind.
Jimmy Eat World levga editados sete álbums de estudio, os seus últimos coa súa formación actúa. Orixinalmente tiñan un son punk rock e editaron a súa primeira demo en 1993, seguida polo seu EP One, Two, Three, Four en 1994. O seu álbum de estrea, Jimmy Eat World foi lanzado tamén en 1994, co seu actual guitarrista, Tom Linton, cantando na meirande parte dos temas. Jimmy Eat World lanzou o seu segundo e terceiro traballo polo selo Capitol Records. O aclamado Clarity, aparecido en 1999, contén o sinxelo "Lucky Denver Mint", que apareceu na película Never Been Kissed.
O éxito comercial chegoulle coa edición de varios sinxelos do seu álbum Bleed American, que acadaron o top 20 da lista Hot Modern Rock Tracks, chegando "The Middle" ao número 1. O seguinte álbum de Jimmy Eat World foi Futures, que conseguiu outro número 1 na lista Modern Rock Tracks, "Pain". O seu sexto traballo, Chase This Light, converteuse no que máis alto subiu nas listas, conseguindo chegar ao porto 5 da Billboard 200. O seu último disco ata o momento, Invented, foi lanzado o 28 de setembro do 2010 polo selo Interscope Records.