Modest Mouse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Modest Mouse
Flickr - moses namkung - Modest Mouse 1.jpg
OrixeIssaquah, Washington, Flag of the United States.svg
Período1993 - presente
Xénero(s)rock alternativo, indie rock
Selo(s) discográfico(s)Epic, Up, K, Matador
MembrosIsaac Brock
Jeremiah Green
Joe Plummer
Tom Peloso
Jim Fairchild
Russell Higbee
Lisa Molinaro
Antigos membrosRobin Peringer
John Wickhart
Dann Gallucci
Benjamin Weikel
Johnny Marr
Eric Judy
Artistas relacionadosUgly Casanova, Seasick Steve, The Shins
Na rede
modestmousemusic.com
IMDB: nm1851133 Facebook: ModestMouse Twitter: modestmouseband Instagram: modestmouse MySpace: modestmouse Youtube: UCIJdJU2RCaOieKNh7vCxWCA Bandcamp: modestmouseSouncloud: modest-mouse-official Spotify: 1yAwtBaoHLEDWAnWR87hBT iTunes: 467112 Last fm: Modest+Mouse Musicbrainz: a96ac800-bfcb-412a-8a63-0a98df600700 Songkick: 535518 Discogs: 187919 Allmusic: mn0000480086 Deezer: 1237 Editar o valor em Wikidata

Modest Mouse é unha banda estadounidense de indie rock, formada en 1992 en Issaquah, Washington, aínda que no presente está baseada en Portland, Oregón. Os membros fundadores do grupo foron o vocalista e guitarrista Isaac Brock, o batería Jeremiah Green e o baixista Eric Judy. O grupo estaba fortemente influenciado por Pavement, Pixies, XTC, e Talking Heads, e ensaiou, arranxou e gravou demos durante case dous anos antes de fichar finalmente polo pequeno selo independente K Records e lanzar un feixe de sinxelos.

Dende o seu álbum de estrea en 1996, This Is a Long Drive for Someone with Nothing to Think About, a súa formación centrouse en Brock, Green e Judy, pasando por numerosos cambios. A banda conseguiu éxito no mainstream co seu cuarto álbum, Good News for People Who Love Bad News (2004), e os seus sinxelos "Float On" e "Ocean Breathes Salty". Judy participou en todos os discos do grupo ata a súa marcha en 2012. O guitarrista Johnny Marr (antigamente en The Smiths) uníuse ao grupo en maio do 2006, xunto co percusionista Joe Plummer (antes en The Black Heart Procession) e o multi-instrumentista Tom Peloso, para traballar no álbum We Were Dead Before the Ship Even Sank. O guitarrista Jim Fairchild uniríase en febreiro do 2009.[1] O sexto traballo da banda, Strangers to Ourselves, lanzouse o 17 de marzo de 2015. O sétimo e derradeiro ata a data, The Golden Casket, apareceu o 25 de xuño de 2021.

Historia[editar | editar a fonte]

Formación e primeiros anos[editar | editar a fonte]

Cando Isaac Brock era adolescente traballaba nunha tenda familiar de videos nas afóras de Seattle, e alí coñeceu ao baixista Eric Judy. Brock e Judy descubriron posteriormente ao batería Jeremiah Green,[2] que tamén residía preto de Seattle, nun concerto de heavy metal, e nese momento deciciron facer música xuntos. En 1994, nos Dub Narcotic Studios de Calvin Johnson, Modest Mouse gravou o seu primeiro EP, Blue Cadet-3, Do You Connect?, que sería publicado por K Records. O EP foi seguido polo sinxelo, "Broke", gravado por Steve Wold (coñecido como o bluesman Seasick Steve) baixo o selo Sub Pop nos Moon Studios de Olympia, Washington. Durante ese tempo Modest Mouse tamén gravou o que ía ser o seu primeiro álbum, Sad Sappy Sucker, pero constantes atrasos causaron que o traballo fose arquivado e esquecido. O disco non se editaría oficialmente ata o ano 2001. Antes de que a banda se abrise camiño no múndo da música pop en 2004, moitas das xiras de Modest Mouse incluían paradas en locais DIY/punk.

Tras fichar por Up Records, Modest Mouse lanzou dous álbums e outras gravacións como o LP de 1996 This Is a Long Drive for Someone with Nothing to Think About. Steve Wold tamén gravou e produciu este álbum (nesa época axudaba nas gravacións pero non era oficialmente parte da banda) xunto co seguinte traballo, Interstate 8. O álbum de 1997, The Lonesome Crowded West (tamén gravado at Moon Studios por Scott Swayze) foi o gran descubrimento da banda. The Lonesome Crowded West gañou para a banda un seguimento de culto, e no presente está considerado un dos discos que definiron o indie rock de mediados dos 90.[3] Durante esa época, Nick Kraft encargouse de refinar o son da banda. Antes do seu lanzamento, a banda gravara o EP The Fruit That Ate Itself. En 2000, Up Records lanzou unha colección de sinxelos e rarezas titulada Building Nothing Out of Something que incluían todo o Interstate 8 agás os temas "Edit the Sad Parts" e "Buttons to Push the Buttons".[4]

Éxito da crítica[editar | editar a fonte]

No ano 2000 Modest Mouse editou The Moon & Antarctica, o seu primeiro álbum con Epic Records. O disco, producido por Brian Deck de Califone durante cinco meses de sesións en Chicago,[5] foi aclamado pola crítica,[6] incluída unha puntuación de 9,8/10 da revista musical en liña Pitchfork Media,[7] a pesar das preocupacións sobre lanzar material a través dun gran selo. O álbum posteriormente recibiría máis aclamacións.[8]

A banda licenciou "Gravity Rides Everything" para un anuncio do monovolume Nissan Quest, un movemento que Brock recoñeceu como descaradamente comercial pero necesario para acadar estabilidade económica. Con respecto ao anuncio Brock dixo, "a xente que non ten que vivir da música pode queixarse dos meus principios mentres gasta os cartos dos seus pais ou lava pratos para algún estúpido".[9]

En 2001, Modest Mouse editou o EP Everywhere and His Nasty Parlour Tricks, unha colección de cancións non usadas das sesións de gravación de The Moon & Antarctica. En 2002 a banda uníuse a Cake, De La Soul, The Flaming Lips, The Hackensaw Boys e Kinky na xira Unlimited Sunshine Tour.[10]

Éxito mainstream, Johnny Marr únese á banda[editar | editar a fonte]

En marzo de 2003, Green deixou o grupo tras sufrir unha crise nerviosa;[11] os informes oficiais dixeron que marchara para traballar no seu proxecto paralelo, Vells. Ese mesmo ano Green e Judy aparecern no primeiro álbum en solitario de Adam Forkner, VVRSSNN. O batería Benjamin Weikel uníuse ao grupo substituíndo a Green, xunto co guitarrista de Murder City Devils Dann Gallucci, que xa tocara anteriormente con Modest Mouse. Antes deiniciar o proceso de composición do seu seguinte traballo, Brock quedou devastado pola perda de "dúas das persoas máis importantes na miña vida", dixo.[2] Tras eses eventos a banda publicou o seu cuarto álbum, Good News for People Who Love Bad News, o 6 de abril de, 2004. O seguinte agosto o disco foi certificado platino,[2] conseguindo dous éxitos cos temas "Float On" e "Ocean Breathes Salty" (ámbolos dous foron interpretados no programa de televisión Saturday Night Live o 13 de novembro de 2004).[12] O álbum foi nomeado ao premio Grammy a Mellor Álbum de Música Alternativa, e "Float On" foi nomeada ao premio de Mellor Canción Rock. Posteriormente nese ano, Green regresou ao grupo e Weikel volveu á súa banda The Helio Sequence.

O programa da radio pública Marketplace usou o tema "Float On" como música de transición, o que axudou a que a banda chegase a unha maior audiencia.

En 2006, Johnny Marr (anteriormente en The Smiths) uníuse á banda despois de que Gallucci marchase de xeito amigable. Modest Mouse publicou o seu novo álbum, We Were Dead Before the Ship Even Sank, o 20 de marzo de 2007, despois de que a data orixinal de lanzamento, 19 de decembro de 2006, fose atrasada. O álbum tamén incluía a canción extra e sinxelo "King Rat", que o actor australiano Heath Ledger coñecía dende antes de que fose lanzada; a banda foi formlmente presentada polo actor durante a súa xira do 2007 en Australia. Ledger propuxo unha idea ao grupo para un video musical, e, xunto co seu colectivo The Masses, comezou a traballar inmediatamente nel cando tivo a aprobación do grupo.[13] Tras morte de Ledger en xaneiro de 2008, o video quedou sen rematar.[14]

We Were Dead Before the Ship Even Sank foi o primeiro álbum de Modest Mouse e acadar número 1 na lista estadounidense Billboard 200, e tiña o exitoso sinxelo "Dashboard", ademais de "Missed the Boat" e "We've Got Everything". Modest Mouse publicou sinxelos de 7" para as cancións "Satellite Skin", "Autumn Beds" e "Perpetual Motion Machine" en edicións limitadas (4 000 copias de cada un), con portadas doe directores de arte e ilustradores Joshua Marc Levy, J. Alex Stamos, e Natasha Wheat.

Jim Fairchild substituíu a Marr como guitarrista oficial despois de que este último deixase o grupo para unirse a The Cribs. Fairchild iniciou a súa carreira con Modest Mouse na xira do disco No One's First and You're Next, que fora editado o 4 de agosto de 2009 e estaba formado por temas inéditos das sesións de gravación de Good News for People Who Love Bad News e We Were Dead Before the Ship Even Sank.[15]

Xiras, cambios na formación e reedicións[editar | editar a fonte]

No ano 2010 The Moon & Antarctica foi reeditado en vinilo como parte do Record Store Day.[16]

O 4 de xullo de 2010 a banda foi cabeza de cartel no segundo día do 80/35 Music Festival en Des Moines, Iowa,[17] e o 10 de setembro dese ano foi cabeza de cartel do primeiro día do End of the Road Festival en Dorset, Inglaterra.[18] A finais do mes de agosto Modest Mouse tocou no escenario principal dos festivais de Leeds e Reading.

O 29 de maio de 2011 Modest Mouse tocou dúas novas cancións durante o seu concerto como cabeza de cartel no festival Sasquatch. O temas titulábanse "Poison the Well" e "Lampshades on Fire".[19] Posteriormente contribuíron cunha versión da canción de Buddy Holly "That'll Be the Day" ao recompilatorio Rave On Buddy Holly, que foi publicado o 28 de xuño de 2011. Modest Mouse tocou no Splendour in the Grass en Woodford, Queensland o 29 de xullo de 2011,[20] e no The Warfield en San Francisco o 25 de xaneiro de 2012.

En 2012 Modest Mouse pasou por un significativo cambio na formación. O baixista e fundador do grupo Eric Judy e o percusionista Joe Plummer marcharon e foron substituídos por Russell Higbee (anteriormente en Man Man) e Davey Brozowski, respectovamente. A formación tamén incluíu as adicións da multiinstrumentista Lisa Molinaro, e o percusionista Ben Massarella, que xa tocara percusións en The Moon & Antarctica.

En xuño de 2012 Pitchfork.tv publicou un documental de 45 minutos sobre The Lonesome Crowded West, que incluía imaxes de arquivo tomadas durante actuacións ao vivo e as sesións de gravación e mestura do álbum.[21]

Durante os anos 2012 e 2014 Modest Mouse tocou en festivais como o Firefly Music Festival en Dover, Delaware,[22] o Good Vibes Festival en en Sepang, Malaisia,[23] o Coachella Valley Music and Arts Festival en Indio, California,[24] o Hangout Music Festival en Gulf Shores, Alabama,[25] o Shaky Knees de Atlanta, Xeorxia,[26] o Boston Calling en Massachusetts,[27] ou no Hudson Valley Music Project en Saugerties, Nova York.[28]

No outono de 2014 Modest Mouse reeditou os seus dous primeiros álbums, This Is a Long Drive for Someone with Nothing to Think About e The Lonesome Crowded West, en CD e vinilo a través de Glacial Pace, o selo de Isaac Brock.[29]

Strangers to Ourselves e The Golden Casket[editar | editar a fonte]

Oito anos despois do lanzamento de We Were Dead Before the Ship Even Sank, Modest Mouse publicou Strangers to Ourselves o 17 de marzo de 2015. O 13 de decembro de 2014 confirmárase o título e data de lanzamento e dous días despois a banda publicou o sinxelo principal do disco, "Lampshades on Fire", que se estreou na radio pública de Minneapolis-St. Paul 89.3 The Current. O 16 de decembro de 2014 Strangers to Ourselves estivo dispoñible para reservas en CD e vinilo a través da páxina web do selo Glacial Pace e da tenda de iTunes.

Modest Mouse publicou o seu sétimo álbum de estudio, The Golden Casket, o 25 de xuño de 2021.[30] O seu primeiro sinxelo, "We Are Between", apareceu o día 5 de maio, seguido o 24 dese mesmo mes polo segundo, “Leave a Light On”.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
This Is a Long Drive for Someone with Nothing to Think About 1996 Up Records
The Lonesome Crowded West 1997 Up Records
The Moon & Antarctica 2000 Epic Records
Good News for People Who Love Bad News 2004 Epic Records
We Were Dead Before the Ship Even Sank 2007 Epic Records
Strangers to Ourselves 2015 Epic Records[1]
The Golden Casket 2021 Epic Records

EPs[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Blue Cadet-3, Do You Connect? 1994 K Records
Interstate 8 1996 Up Records
The Fruit That Ate Itself 1997 K Records
Night on the Sun 1999 Up Records
Everywhere and His Nasty Parlour Tricks 2001 Epic Records
No One's First and You're Next 2009 Epic Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Modest Mouse: Strangers to Ourselves". Território da Música (en portugués). 23 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2017. Consultado o 18 de febreiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Carpenter, Susan (2004-03-18). "From Modest beginnings ...". Los Angeles Times (en inglés). Consultado o 2021-11-30. 
  3. Taking punk to the masses : from nowhere to Nevermind : a visual history from the permanent collection of Experience Music Project. Seattle, Wash.: Fantagraphics Books. 2011. ISBN 978-1-60699-433-7. OCLC 668194716. 
  4. "Building Nothing Out of Something, by Modest Mouse". Modest Mouse (en inglés). Consultado o 2021-11-30. 
  5. "Modest Mouse - Artisti". SENTIREASCOLTARE (en italiano). Consultado o 2021-11-30. 
  6. "The Moon & Antarctica by Modest Mouse" (en inglés). Consultado o 2021-11-30. 
  7. "Modest Mouse: The Moon & Antarctica". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2021-11-30. 
  8. "The Top 100 Albums of 2000-04". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2021-11-30. 
  9. "Modest Mouse - The A.V. Club". web.archive.org. 2005-12-10. Consultado o 2021-11-30. 
  10. Mirkin, Steven; Mirkin, Steven (2002-08-13). "Unlimited Sunshine Tour". Variety (en inglés). Consultado o 2021-11-30. 
  11. Scanlon, Tom (2007-04-13). "Modest Mouse band of mellow mice". The Seattle Times (en inglés). Consultado o 2021-11-30. 
  12. "SNL Archives - Episodes". snl.jt.org. Consultado o 2021-11-30. 
  13. Lisi, Brian. "A look at Heath Ledger's little-known work as a director on what would’ve been the star's 37th birthday". nydailynews.com. Consultado o 2021-11-30. 
  14. "Inside Heath Ledger’s Modest Mouse Video -". My Site (en inglés). 2009-09-26. Consultado o 2021-11-30. 
  15. Dombal, Ryan (2009-03-12). "Heath Ledger Directed a Modest Mouse Video". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2021-11-30. 
  16. "The Moon & Antarctica To Be Reissued on Vinyl For 10th Anniversary - Modest Mouse". web.archive.org. 2010-11-12. Consultado o 2021-11-30. 
  17. "Modest Mouse Headlining 80/35 Festival". glidemagazine.com. Consultado o 2021-12-01. 
  18. "Past Line Ups". End of the Road (en inglés). Consultado o 2021-12-01. 
  19. "Modest Mouse Debut Tunes At Sasquatch!". Stereogum (en inglés). 2011-05-31. Consultado o 2021-12-01. 
  20. "The Line Up - Splendour in the Grass 2011 - triple j". www.abc.net.au. 2011-07-30. Consultado o 2021-12-01. 
  21. "Pitchfork.tv Presents Documentary on Modest Mouse's The Lonesome Crowded West". Pitchfork (en inglés). 2012-06-18. Consultado o 2021-12-01. 
  22. "Firefly Festival - Past lineups". fireflyfestival.com. Consultado o 2021-12-02. 
  23. "Good Vibes Festival 2013 - Sensasi Selebriti". www.budiey.com (en inglés). 2013-06-12. Consultado o 2021-12-02. 
  24. "Coachella 2013 lineup revealed". Consequence (en inglés). 2013-01-25. Consultado o 2021-12-02. 
  25. "Hangout Music Festival reveals 2014 lineup: OutKast, The Black Keys, and The Killers". Consequence (en inglés). 2014-01-15. Consultado o 2021-12-02. 
  26. "Shaky Knees Festival 2014 lineup announced (The National, Modest Mouse, Conor Oberst, Iron & Wine, Spoon & more)". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2021-12-02. 
  27. "Boston Calling 2014 Lineup". Stereogum (en inglés). 2014-01-28. Consultado o 2021-12-02. 
  28. "The Hudson Project 2014 Announces Lineup". JamBase (en inglés). Consultado o 2021-12-02. 
  29. "Modest Mouse to reissue first two albums with unreleased music". Consequence (en inglés). 2014-09-03. Consultado o 2021-12-02. 
  30. Kreps, Daniel (2021-05-05). "Modest Mouse Announce New Album 'The Golden Casket,' Drop 'We Are Between'". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2021-12-02.